O goberno estatal mantén o compromiso de introducir distintivos autonómicos na identificación dos coches pero non marca datas.
O ministro do Interior, Alfredo Pérez Rubalcaba, asegurou este mércores que o seu departamento segue a traballar para conseguir un acordo que introduza distintivos autonómicos nas matrículas dos automóbiles. Segundo Rubalcaba, a tarefa é lenta porque se precisa o consenso das comunidades e dos representantes do sector da automoción.
O ministro que deu explicacións no Senado, a petición de CiU, negou que haxa un problema de “vontade política” e reiterou que se debía a unha falta de consenso. Neste punto sinalou que, ademais do consenso entre as comunidades e o sector automobilístico, hai que buscar fórmulas para que non haxa máis carga de traballo en Tráfico e que á vez o cambio de matrículas non signifique un custe maior para os compradores.
Pois os que estean a esperar polo GZ-auto poden seguir a esperar porque en todo caso sería GAL-auto(ese non creo que o aprobe o psoe), GL-auto, GA-auto ou algo polo estilo...
emigrado,
se son distintivos de dúas letras, non é posíbel usaren GL (Grenlandia) ou GA (Gabón), pero si GZ (GC era Gran Canaria nas matrículas con distintivo provincial).
Outra cousa é que se decidan a empregar distintivos de tres letras, nos que calquera combinación é posíbel. GAL, GLZ, GLC, GLA...