Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EN L'HOSPITALET DE LLOBREGAT

Crean unha 'gardaría' para maridos nun centro comercial

A idea xurdiu dun concurso convocado na páxina web da área de compras.

Redacción - 09:40 23/11/2007

Un centro comercial da cidade barcelonesa de L'Hospitalet de Llobregat acaba de poñer en marcha un servizo para as mulleres que non saben que facer cos seus homes cando van de compras. O xa chamado 'Aparca 2' ofrécelles aos clientes de sexo masculino áreas de entretemento especialmente pensadas para eles.

A iniciativa do centro Gran Via 2 xurdiu dun concurso de ideas que convocou na súa web. Un cliente pensou que estaría ben crear unha gardaría de balde para os homes que se aburren mentres as mulleres fan a compra. A área de lecer dispón polo momento de sofás, televisores e prensa, aínda que se irán incorporando novos servizos.


4,33/5 (3 votos)


Comentarios (5)

Xistral #1 23/Novembro/2007 Xistral
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Paréceme unha idea xenial. Para min resulta dun aburrimento tremendo ir de compras coa "socia". Iso sí, supoño que non lle gustaría moito deixarme na gardería tampouco.

Mafalda #2 23/Novembro/2007 Mafalda
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Os tópicos que non falten, por favor; que sería de nós sen eles? Mágoa que queden tantos interrogantes abertos, por exemplo: pódena utilizar os que non son maridos, homes pertencentes a parellas de feito, simples noivos, mulleres de parellas heterosexuais, etc.? Nos televisores emitirán sempre fútbol ou pelis porno, non? Polo seu uso acumúlanse puntos para que ela os poda utilizar na súa merca??? En fin, igualdade, onde estás?

maruxaina #3 23/Novembro/2007 maruxaina
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Estupendo! Defendámo-lo dereito dos homes a rascala mentres nós traballamos para eles! Co que nos gusta mercar cebolas e pementos e co molestos que son os maridos termando do carro!
Non abonda con terlle-lo xantar feito e quentiño cando chegan, tamén hai que procurarlles entretemento mentres traballamos para eles? E falamos de tópicos....
Por outra parte: Qué mellor gardería para maridos ca os bares? Onde se van sentir mellor? (Hai que dicir todo: hai tamén estupendos compañeiros de compras e de vida)

mceleiro #4 23/Novembro/2007 mceleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Caralho para as feministas do século XXI!

E se fosse uma gaiola coma essas dos nenos, mas cheia desses tópicos sobre as mulheres?

Achais lógico "aparcar" a uma pessoa (independente do sexo) para que não amole à sua parelha?

Não somos livres para fazer o que queiramos sem que ninguém nos "aparque"?

Esta iniciativa não é um insulto aos homens, é um insulto à inteligencia.

Nada, mulherinhas, vós aparcai ao "macho" e dade-lhe lume ao cartão de crédito. Consumidoras paranoicas e escravas das modas. Esse é o rol que vos está adjudicado. Vós choromicai, entrai em absurdas discusões sobre guerra dos sexos e continuai a alienar-vos mais e mais. Assim se combate o machismo.

BonKarallan #5 23/Novembro/2007 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Por máis que miro a páxina non vexo a gardería masculina por ningunha parte.

En todo caso unha gran bobada. Ninguén vai obrigado onde non quere. Se se quere independencia, con ir cada un polo seu lado e quedar nun sitio a unha hora xa está.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: