Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN

Unha universidade catalá organiza a primeira feira virtual do emprego

A Universitat Politècnica de Catalunya monta na web un punto de encontro entre os profesionais e as empresas.

Redacción - 11:00 26/11/2007

A Associació d'Amics de la Universitat Politècnica de Catalunya (AAUPC) organiza dende este luns 26 e até o 3 de decembro a primeira feira virtual do emprego, centrada no sector das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC). Durante unha semana, a rede será o punto de encontro entre as empresas e os profesionais en Directe a la feina: Professionals TIC (directo ao traballo: profesionais TIC).

O evento virtual, segundo informa Vilaweb, conta coa colaboración dalgunhas das empresas máis importantes do sector, e para participar nela é preciso inscribirse na web da feira. A AAUPC creouna en 1991 o Consello Social da UPC para facilitar o desenvolvemento profesional dos titulados saídos da universidade.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: