Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Cambio climático

Propoñen o traslado dos osos polares do Ártico á Antártida

O quecemento global está a provocar a desaparición de amplas masas de xeo no Ártico, ante esta situación, son moitos os especialistas que avogan por reubicar estes animais no Polo Sur.

Redacción - 11:45 26/11/2007

Entre o 20% e 30% das especies animais están en perigo de extinción debido ao aumento das temperaturas globais na Terra. O incremento entre 1,5 e 2,5 graos provocará, segundo indica un estudio publicado pola revista Nature, que arredor do ano 2050 dous terzos dos animais e plantas teñan que mudar de hábitat para sobrevivir.

Ante esta situación, son moitos os ecoloxistas que se mostran partidarios de meter man na natureza e mover os animais do seu hábitat natural. Nesta situación se atopan os osos polares, que actualmente viven no Ártico.

O aumento das temperaturas está a provocar a desaparición de amplas masas de xeo, polo que nos últimos meses moitos dos osos apareceron flotando en grandes anacos de xeo. A opción dos biólogos: trasladar estes animais á Antártida, onde aínda queda xeo de abondo.

Malia isto, os estudos reflicten que sete de cada doce poboacións de osos estudadas se mantiñan estábeis, ou mesmo chegaban a crecer, polo que a solución dos biólogos non está plenamente xustificada. O debate queda aberto, trasladar os animais ou agardar que a natureza faga o propio, permitindo que os osos polares poidan adaptarse a vivir en terra prescindindo do xeo.


Ligazóns

3/5 (3 votos)


Comentarios (4)

signatus #1 26/Novembro/2007 signatus

Ecologistas? Que ecologistas? O debate para o que se liga semelha dar-se entre biólogos, nom entre ecologistas. Polo demais, esta discussom seria própria de conservacionistas ou ambientalistas, nom de ecologistas.

Jatopardo #2 26/Novembro/2007 Jatopardo

¿E ninguén pensou no impacto que para ás especies da Antártida tería a introdución dun depredador descoñecido para a fauna local?, ¿xa ningúen se lembra do impacto dos raposos en Australia?, ¿ou dos gatos en Mangere?, ¿ou do gato do farero na illa de Stephen?

Pobre pingüín emperador, o que lle espera!!!

O que temos que facer dunha puñetera vez é por as medidas necesarias para frear o cambio no clima, non facer de aprendices de bruxo.

ecoe #3 26/Novembro/2007 ecoe

Non, non, de ningunha maneira. Que trasladen todo, Ártico incluído, para amosar o que é o conservacionismo internacional solidario!

Na GZ non hai noticias? Ésto é información?

BonKarallan #4 26/Novembro/2007 BonKarallan

Eu creo que mellor que os deixen no deserto do Sahara, para que se vaian afacendo ao cambio climático.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: