Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
“TERRORISMO RACISTA”

Pobo Xitano anuncia protestas polo veto ao realoxamento dos veciños do Vao

A entidade tomará medidas contra as administracións, mentres os colectivos veciñais negan que a súa actitude fose racista.

Redacción - 18:50 26/11/2007

A Asociación do Pobo Xitano vai iniciar unha campaña de mobilizacións para protestar pola situación que están a pasar os afectados polo derrubamento das súas vivendas no poboado do Vao, en Poio. As protestas, que terán como lema “mans brancas”, servirán para denunciar o “terrorismo racista” que lles está a afectar a esas familias.

Os veciños tiveron que volver ao poboado despois de que fosen obrigados a abandonar o cámping de Baltar-Portonovo onde foran realoxados provisionalmente. Alí viven resgardados por estruturas precarias e plástico e cartón, nas parcelas das casas derrubadas. Dende alí, responsabilizaron “a sociedade no seu conxunto por crear un problema para o que non teñen unha solución de antemán”.

O presidente da asociación Sinaí Jiménez, anunciou a posta en marcha de medidas contra as administracións implicadas no conflito, aínda que non concretou un calendario de actuacións.

Pola súa banda, os colectivos veciñais que se opoñen á recolocación das familias do Vao nas súas parroquias negan que sexa unha postura racista. Segundo eles, a súa actitude é preventiva porque non queren ter preto familias procedentes do que denominan “supermercado da droga”.

Unha destas asociacións é Río Lérez, de Pontevedra, que acaba de solidarizarse publicamente con todas as parroquias en alerta. A súa voceira, Pilar Lavia, di que se trata de realoxar as familias xitanas con garantías, para evitar os mesmos erros que fixeron que O Vao se consolidase como punto de venda de drogas.


3/5 (2 votos)


Comentarios (7)

lavesedo #1 26/Novembro/2007 lavesedo

cal é a postura de lores neste tema?? porque non se lle escoitou nada, e o seu concello está afectado nos realoxos.
Mobilizámonos contra unha maré negra e non facemos nada por 20 xitanos que quedan sen fogar, a vivir entre cartóns...dá ghusto, cada vez somos máis europeos!!

Freixo #2 27/Novembro/2007 Freixo

O que está a pasar con esta xente é unha vergoña.
É o silencio da esquerda galega, dende os partidos políticos a movementos sociais, aínda o é máis.

trapalleiro #3 27/Novembro/2007 trapalleiro

O Vao pertence o concello de Poio. E o problema non so ten que ver cunhas familias de xitanos que viven de xeito ilegal, senón cun tráfico de drogas de todos coñecido que move moitos moitisimos cartos, por iso non me dan moita magoa nin creo que estén na rua. Promovelo como algo racista é desviar o tema, o realoxo tense que facer canto antes e o grupo xitano ten que poñer da sua parte, se queren vivir en sociedade e nun respeto mutuo. Tamén hai realoxos de outras etnias que non son a xitana e non se din que son actitudes racistas.

Morcego #4 27/Novembro/2007 Morcego

Às vezes lê-se comentários verdadeiramente nojentos!

1º - São os Ciganos galegos de 2ª?

2º - Todos os ciganos são traficantes de droga, crianças inclusive?

Existe um problema social complexo, que exige também uma resposta complexa. O afrontamento não é, nem nunca foi a solução. Compete às autoridades darem uma resposta a este problema, que aliás já deveria ter sido dada a muito.

ecoe #5 27/Novembro/2007 ecoe

É complicada unha solución, mais medios hai para un realoxo selectivo, sin facer grupo grande (evitar repetir trapicheo) e deixando as (+ ou -) 11 familias por exemplo en tres grupos de asentamentos dignos.

Mais ás vivendas tamén teñn dereito os demais pontevedreses en igualdade de condicións económicas, e non me parece que BNG fixera, e van xa tres lexislaturas, precisamente vivendas sociais.

çO que tiñan non eran vivendas, senón chabolas.

lostrego #6 28/Novembro/2007 lostrego

O pobo máis racista do Estado Español é o pobo xitano.
Esta xente vivia sobre un terreo de seu ou ocupaban esas leiras? se a ocupación non está respaldada por un título de propiedade, esa xente ten tanto dereito a unha vivenda coma calquer cidadán.
A min o Estado non me realoxaria se por desgracia non puidera pagar a miña hipoteca, pero ós xitanos si. Por qué?
Esta asociación deberia de ser autocrítica e decatarse de que os prexuizos contra os xitanos nacen de realidades que vinculan a unha grande parte das persoas pertencentes a esta etnia coa delincuencia en proporción con outros grupos humanos. A realidade é que está máis integrado un rapaz senegalés que veu en patera vai 5 anos, que moitos xitanos que levan 500 anos no pais.
Apoio a actitude e actuación da veciñanza.

Tarelo #7 9/Decembro/2007 Tarelo

Un rapaz senegalés o mellor está máis integrado porque a un rapza senegalés é ma´si facil que lle den traballo que a un xitano. Está moi ben pedirlle un colectivo que sexa autocrítico e culpalo da súa situación, sen qeu nos fagamos o mesmo, Non si? Xitanos ou pallos, camellos ou adictos, caen na droga pola marxinación, pola falta de espectativas. A formación, educación, o emprego son fundamentais para evitar que calquera persoa, da raza que sexa caia no mundo da droga. Non me amoledes! Se se estudan as caracteristicas sociais de calquera poboado chavolista xitano non atoparemos apenas diferencias con outros poboados chavolistas de pallos. Non hai diferencia, a diferencia está na nosa cachola e chamase racismo.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: