Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
En debate a "ineficacia" da ministra

Álvarez evita a reprobación no Congreso mentres Fomento adía a 2020 o AVE a Galiza

O BNG votou en favor da ministra a cambio de que o goberno español desbloquee as transferencias pendentes.

Redacción - 09:00 28/11/2007

A ministra de Fomento, Magdalena Álvarez, saíu do paso este martes no Congreso polo pelo dun carneiro: 170 votos a prol da reprobación e 173 en contra. Era a sexta vez nesta lexislatura que se producía unha votación similar, pero foi a ocasión onde máis preto estivo de saír adiante a pública censura a un ministro do goberno español. A votación coincidía ademais coa publicación dun mapa de previsión de infraestruturas de alta velocidade a nivel estatal, onde Fomento sinala as liñas Madrid-Galiza como obras para o "horizonte 2020".

A "arrogancia" e "ineficacia" da actuación do Ministerio de Fomento nos últimos momentos, especialmente no que lle toca ao caos ferroviario en Cataluña, eran os motivos argumentados por IU-ICV para a proposta á que se uniron os votos de PP, CiU e ERC. Co Congreso practicamente cheo, en favor da ministra votaron todos os deputados do PSOE, incluídos os de PSC e PSdeG. Nos corredores da Cámara baixa os socialistas negociaron tamén o apoio dos sete deputados do PNV, dos deputados Román Rodríguez, de Nueva Canarias, e Joaquín Calomarde, ex-PP, e dos dous deputados do BNG.

A cambio do apoio do Bloque: recuperación do proceso de transferencias a Galiza
Os votos dos deputados nacionalistas galegos foron en favor da ministra de Fomento, segundo explicaba este martes Francisco Rodríguez, despois de lograr o compromiso do goberno español de desbloquear a negociación das transferencias pendentes a Galiza a través dunha Comisión Mixta e nun prazo non superior a tres meses.

O voceiro do BNG no Congreso tamén avanzou que haberá unha reunión entre o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, e o presidente do goberno español, José Luis Rodríguez Zapatero, antes do vindeiro 15 de decembro "para analizar a situación deste ámbito de autogoberno".

Rodríguez explicou que o BNG opúxose exclusivamente ao noveno punto da moción de IU-ICV, o referido á reprobación da ministra de Fomento, por considerar ademais que se enmarcaba "nunha loita electoral partidista". Pola contra, o Bloque apoia os outros oito puntos, que falan da necesidade de melloras e medidas a adoptar para mellorar os servizos ferroviarios en Cataluña. "Comprendemos a crítica social e a situación de malestar en Cataluña polos problemas ferroviarios", expuxo na súa intervención, ao tempo que esixiu da ministra de Fomento unha actitude "menos prepotente" e "máis positiva".


3/5 (4 votos)


Comentarios (9)

Gaviotero #1 28/Novembro/2007 Gaviotero

¡Qué vergüenza la del BNG! Convertido en una alfombrilla, un pañuelo de usar y tirar por los socialistas españoles...

Lo único que ha logrado Quintana es la promesa de los socialistas de hacerse una foto en Moncloa con Zapatero en diciembre. Acuerdos, NINGUNO.

Así es como defiende el BNG los intereses de Galicia, manteniendo a la Ministra del "Plan Galicia de mier..."

Francisco Rodríguez, después de esto, ya puede irse a limpiar el váter de Zapatero, porque más bajo no puede caer.

Y por favor, que no vengan diciéndonos ya más los nacionalistas que ellos defienden los intereses de Galicia porque ya no nos lo creemos.

baltar69 #2 28/Novembro/2007 baltar69

andan políticos e constructoras a voltas co tema ave para ver como encherse os petos mentras a cidadanía vive de rimas e rapsodias de políticos e medios de desinformación , pero aínda non escoitei nin lín en ningún lado as ventaxas que tamaña inversión vai achegar o común dos galegos ( tampouco na miña abotargada intelixencia son capaz de razoar o futuro explendoroso que nos espera cas obras do gaias ). sopoño que todo esto é o peaxe que hai que devolver ás multinacionais xermano-francesas polos fondos de cohesión, pois para a vertebración territorial o tren de alta velocidade non servirá absolutamente para nada. nin para eso nin para disminuir o tráfico nas carreteras e moito menos para achegar ós traballadores os centros de producción. doctores tiene la iglesia, pero eu xa non creo en dios e xa dudo moito tamén da medicina... anque agradecería que algún piadoso colaborador iluminase este meu sendeiro con algo máis que a palabrería de que galicia non pode quedar á marxe dunha infraestructura tan importante e bla bla bla. qué se esconde realmente detrás de todo esto? con toda esa pasta non poderían instalarse infraestructuras que sí tivesen en conta a tipoloxía e as necesidades actuais do país? acaso os tres aeroportos non cumplen de sobra ( perdendo clientes con respecto a oporto pola voracidade de aena ) co traslado rápido de cidadáns? ...
xa digo, preciso que alguén me axude, porque a sensación que teño é que o tema ave é algo así coma o plan galicia de aznar en plena era touriño. un conto, un bulo, unha manobra de prestidixitador para manter a atención do espectador e alonxalo do que realmente lle interesa, pero cuns custes que entendo insoportables. a saber...

angarati #3 28/Novembro/2007 angarati

O problema non son os votos do BNG, que polo menos conseguiron que vaian servir dalgo e poida haber compromisos concretos cas trnasferencias. O problema son os votos dos deputados galegos do PSOE, ou noutros casos, dos deputados galegos do PP.

condedecotobade #4 28/Novembro/2007 condedecotobade

baltar69
O AVE en primeiro lugar serve para poder desplazarte de A Corunha, Santiago, Vigo ou Ourense a Madrid en menos de 3 horas sen depender da incertidume que suponhen os aeroportos (néboa, colapsos en Madrid,desplazarte da cidade até o aeroporto...) Entendo que non lle vexas a utilidade a isto se non precisas ir con frecuencia a Madrid pero hai calquera infraestrutra de comunicación que reduza o tempo de viaxe entre dúas áreas serve para promover o intercambio económico entre esas dúas áreas. Co cal, Galiza non é que precise dun AVE a Madrid é que precisa 3 (outro a Porto-Lisboa, e un máis cara a Euskadi, Francia e Catalunya). Ademáis a nova infraestrutura de AVE a Madrid serviu para que dunha vez se mellorase o Eixo Atlántico e que podas ir de A Corunha a Vigo nunha hora e media (aínda espero que o baixen máis). O que eu non comprendo é ao que te refires co de infraestrutura acorde coa tipoloxía e necesidades do país, porque ao meu entender o que precisa Galiza a nivel de transporte son autoestradas e boas linhas ferroviarias e unha profunda reforma do tráfico urbán (pero ese é outro tema). Con respecto á cidade da cultura, completamente dacordo contigo.

Tino #5 28/Novembro/2007 Tino

Para o 2020 ave para galiza?
Non se ekivocarian e kixeron dicir 2200?

ecoe #6 28/Novembro/2007 ecoe

Por fin xa aprendemos -a ver si nos queda grabado no disco duro- as ventaxes comparativas do AVE DO MAL AGOIRO: nos centos de miles de desprazamentos que os galegos realizamos cada día, o tal paxaro nos reduce nunha cuantía a ter en conta, sinaladamente na PROPORCIÓN DE POBLACIÓN AFECTADA (non sei se chegará ó 1% diario).

A ver se aprendemos a lección. Que non sexa por falta de repetición do catecismo dos adiantos dos paxaros carroñeiros!("una barbaridá" dicía Castelao).

carlosroca #7 28/Novembro/2007 carlosroca

Pois estupenda critica en español e procedente do PP, é a sinal de que foi unha decisión acertadísima.
Un voto que non era vinculante, a cambio de algo concreto, o avanzo en trasferencia de competencias, e algo simbólico e moi importante para o País, a demostración de que Galiza conta, é decisiva grazas ao nacionalismo.

outrolector #8 28/Novembro/2007 outrolector

O BNG está arriscando moitísimo cun partido e dous gobernos con falsos e sectarios abondos. Oxalá que teña varias redes preparadas se a estratexia non resulta; certos apoios e apostas pintan mal, e preocúpame o futuro do nacionalismo galego se saen mal. O BNG ten e terá moito que explicar e xustificar.

baltar69 #9 28/Novembro/2007 baltar69

" O que eu non comprendo é ao que te refires co de infraestrutura acorde coa tipoloxía e necesidades do país", preguntábame o conde.
" nos centos de miles de desprazamentos que os galegos realizamos cada día, o tal paxaro nos reduce nunha cuantía a ter en conta, sinaladamente na PROPORCIÓN DE POBLACIÓN AFECTADA (non sei se chegará ó 1% diario)", puntualizaba ecoe, un pouco en sintonía co que eu preguntaba .
sopoño que hai moita xente que vai a madrí a diario; e a bruxelas tamén, como non vai ser! executivos, políticos, funcionarios, etc, etc. coño, eu non estou en contra de que vaian, pero teñen tres aeroportos!!!! e sí, xa sei que logo hai que coller media hora de metro para chegar os novos ministerios... pero creo que o peixe terá que seguir marchando en camións cara os mercados os prezos que mande repsol e o superavit fiscal de zapatero( moito se queixan os camioneiros da autovía que pasa por ourense; tanto é así que moitos tiran por santiago/curtis/teixeiro para collela a6, pero eso é outro tema que non teñen por que ter en conta os que viaxan en a8 ). entón o ave, a infraestructura máis importante que se vai acometer nos próximos tres lustros e que nos vai costar ( a nos, que non a vai pagar touriño, que xa logo parece o seu peto o de fraga ) unha barbaridade, será gozada por queles co poder adquisitivo alto pero non por estudantes que teñan que ir de monforte a ourense ou a santiago ou traballadores que vaian de chantada a lugo, por poñer dous exemplos distintos: nun dos casos xa hai vía férrea, pero a viaxe de monforte a santiago, vía ourense, é algo así como facelo moscú-vladivostok do transiberiano. por qué non se pode artellar un sistema en toda galicia similar o feve transcantábrico e se deixa en man de autovías e carreteras os desplazamentos intercomunidade autónoma? a meirande parte dos cidadáns non trafega entre capitais de provincia, non van de vigo a coruña ou de galicia a madrid: a meirande parte fai traxectos intra provincias ou de vilas a capitais.
dame a sensación, anque non o podo asegurar xa que soio son un cidadán que conta ca información que os medios dan ( e co quepodedes achegar algún de vos ) que todo esto do ave é algo artellado dende madrí, por madrí e para madrí. dudo moito que galiza, euskadi e outras comunidades puderan manobrar nestes asuntos e os nosos líderes súbense o carro do que lles botan. pero insisto, creo que o debate é interesante e eu estou disposto a recoñecer a razón de quen sepa expoñelo ben, non me cerro co meu criterio. soio é eso, que temo que andemos a matar moscas a cañonazos.
anque soio sexa por ecoloxía, por pensar no aforro enerxético en combustibles fósiles que suporía artellar unha galicia comunicada por ferrocarril eléctrico, creo que o debate xa é interesante. por que o ave non vai a suprimir nin as colas de camións, esas serpes multicolores que pasan a diario por benavente con comida cara madrí e volven cargados de impostos ( bueno, xa sei que non é así totalmente, soio é unha chanza!!! ) nin o uso do automóvil privado.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: