Nos trece anos do Bravú, un artigo de Leo F. Campos ilustrado por X.C. Hidalgo e C. Silva.
Fanse 13 anos do Bravú. Unha efeméride curiosa? Para min, a mellor. Na terra das supersticións, onde xoga o único equipo, o Celta, cun himno derrotista, o da Roda, "-Se gañamos este ano, fágote socio de Río. -E chega outro ano e pasa tamén...". Coa Negra Sombra que nos saca da casa coa roupa interior limpa por se nos colle un coche. Aquí a 13ª é a máis simbólica das efemérides.
Hai dous anos Cabreiroá regaloume unha pulseira azul que puña "Galicia, Sitio Distinto". Nas tendas de recordos da rúa do Franco inzan as rosalías-pop e as bandeiras de Nunca Máis. O Gadis anímame a vivir como galego.
Co Bravú, pasamos do chiste ao conto, e amais de nos faceren graza as nosas cousas, empezamos a orgullarnos delas. Usamos a gheada e o seseo para algo máis ca para facer rir. Dende o Rock Parrulo da Nasa, pasando pola cobertura mediática da etiqueta do Cumio ata variedade e o senso colectivo da efervescencia actual.
Parabéns para nós, nesta data simbólica, moitas felicidades, mil primaveras máis.
Artigo publicado na edición impresa de TEMPOS Novos (nº 126, novembro de 2007)
Chantada capital mundial do bravú.Aínda que desde o atraso de Lugo dicían que estaba morto, na noite do día 2 estabamos dousmil zombis berrando.Ró em galego e para galegos.