Manuela López Besteiro, ex conselleira de Educación e deputada do PPdeG, ve agora unha presunta "politización" nos contidos dos libros de texto dos escolares do país.
Opina a deputada luguesa do PP que existe unha "estratexia" que presuntamente perseguiría "enxalzar as diferenzas entre comunidades autónomas e tratar de eliminar a xeografía e a historia comúns". Por este motivo, Manuel López Besteiro rexistrou no Parlamento unha solicitude á conselleira de Ecucación para que se explique na Cámara o que na súa opinión é a "crecente politización dos contidos dos libros de texto".
Di López Besteiro que existe unha situación creada pola "indefinición intencionada de porcentaxes mínimas do currículo" froito da Lei Orgánica da Educación aprobada polo goberno español do PSOE. Segundo Besteiro, a anterior lei promovida polo PP "fixaba contidos mínimos comúns de obrigado cumprimento" en todo o Estado. Denuncia a deputada popular que o goberno español promoveu a "deixadez" neste ámbito na procura da "aceptación dos grupos nacionalistas a cambio de intentos de manipulación da historia e da xeografía".
A denuncia do PPdeG chega ao fío das informacións publicadas nas últimas semanas polo diario madrileño El Mundo, desde onde interpretan que as editoriais "mudan os libros escolares ao gusto dos nacionalistas". Nunha información onde se aproveita para criticar especialmente á editora de libros de texto que pertence ao grupo de comunicación rival, o xornal fai a súa propia interpretación sobre cando e como se deben ensinar determinados contidos e considera por exemplo que nos textos escolares non se fala abondo da Constitución ou dos crimes da ETA. Mostra das distorsións utilizadas é a exemplificación con Galiza, onde o xornal critica que "un neno da Coruña lerá no seu manual de Lingua que en Cáceres o galego non goza de protección", malia non contextualizar nin explicarlle aos lectores a presenza da nosa lingua no Val das Ellas.
A nossa língua no Vale das Elhas chama-se PORTUGUÊS. Não entendo esta teima em reivindicar como galego o falado num território que nunca teve a ver com a Galiza mais alô do que as Alpujarras granadinas ou Sevilha, e negar os laços como as terras entre Douro e Minho, território com língua e cultura comuns, com períodos de união política e literária, frequente relacionamento transfronteiriço...
Talvez, se fossem racionais, denunciariam o excesso de "politización" e falta de politização, o excesso de espaÑolismo e a falta de Galeguidade... Mas dificilmente os nacionalistas espaÑoles irão por aí...
Bien por el PPdeG, ese es el camino que la mayoría de los gallegos, representados por el PPdeG, le pedimos a este partido que debe encaminar sus acciones hacia la defensa de la libertad frente a la tiranía totalitaria nacionalista.
Quen diga que o ppde ja-ja-ja representa á maioría dos galegos me parece que non se enterou das últimas eleccións, non ten capacidade para entendelo ou é un metiroso.
A única tiranía que existiu en españa levouna a cabo a dereita centralista e uniformadora ca connivencia dos obispos. Ó pp molñestalle todo o que non sexa unifirmizar os territorios para que se diluan os signos de identidade propios. Ainda dirán que iso non é contrario á "libertad"
Por certo, que me esquecia, sobre o Vale do Xalma: http://agal-gz.org/modules...
GAVIOTERO: lembro-che que os conteúdos que actualmente se impartem na Galiza são substancialmente os mesmos que se impartiam quando a senhora Besteiro era a conselheira de educação. Pode-lo comprovar comparando livros editados em 2007 e os editados em 2004.
o pp e os centralistas/centristas/liberales/neocon/, é dicir os fachas de toda a vida, ainda que pretendan enganar á xente con tantos -ismos, parten da vella idea da pretendida superioridade da lingua e cultura castelás sobor de tódalas culturas peninsulares, e polo tanto cren que é o modelo a imitar e a impoñer. A min parécenme hrdeios dunha cultura decadente ademáis dunha pandilla de prepotentes e ignorantes que son capaces de reinventa-la historia con tal de que se adecue ós seus intereses e nega-lo carácter plurinacional de españa. pero moitos galegos non nos deixamos enganar, non somos tan parvos coma vós
para o PPdG, pois empezade coa liberdade de cátedra e deixade de protestar por parvadas que ainda descoñecedes como a asinatura da cidadanía..
O modelo ideal da dereita española e o mesmo que na dictadura, a España centralista que decide por todos, unha soa lingua, relixion e moitos touros, flamenco e futbol. Outra cousa e que lle deixen, na democracia non o poden impoñer.
Sempre asocian mas identidade diferente da españolista, mais independentistas. E decir que España se rompe pq se ensine o galego, catalan e euskera, e a historia destas nazons.
No lugar de facer autocritica pola crispacion, a imposicion da España uniforme, ou a non condea do franquismo que mataba nacinoalistas e bombardeaba indiscriminadamente cidades coma Guernica.
Dinche que tes que ser español e ademais cal ten que ser o modelo de estado e o que podes ou non estudar. Pois vaia democracia!.
Unha democracia na cal os pobos non teñen dereito a decidir o seu futuro, se queren ser independentes, vivir nunha republica,etc.
Un escritor marxista, maldito entre os stalinistas, e odiado polos burgueses, como foi Wilhem Reich, escribeu un libro moi importante: sicoloxia de masas do fascismo. Nel, o escritos mantiña a tese de que o fascismo ten dous bases, unha, economica e politica -é a excrecencia da sociedade, que aupada polo capital financiero serve os seus interese, escondiendo a súa mensaxe en supostas defensas da patria (España, "unidade de destino no universal) ou a raza (Raza, chamabase o filme escrito por esa lumbrera das letras que foi Franco)-, e outra, unha represion sexual brutal de maneira que toda a enerxia concetrada por ela expresabase nunha violencia salvaxe contra todo o que non fora da súa corda.
E unhas destas dúas cousas lle ten que pasar a Gaviotero: ou e unha excrencia social -lumpen proletariado, en termo marxistas- que non ten outra cousa que facer que provocar e insultar. Ou ten unha represion sexual especialmente grave que lle provoca serios disfuncionamentos mentais: paranoias cos nacionalismos que non sexa o nacionalismo español (por defenición, nacionalista é aquel que defende unha nacion, sexa a qu sexa), dupla personalidade (é un apoloxista dos dictadores como Franco ou Aznarin e a vez din defender as liberdades), ou un violencia verbal só comparable a violencia das SA, SS, Falange Española (Jose Antonio era un admirador de Mussollini), Democracia Nacional, Camisas Negras italianas, Le Pen, Pinochet, etc. etc.
Gaviotero, como a todos os fachas -non é necesario falar de liberdade para non ser facha, Hitler prometía a nacionalizacion da banca e non por eso era comunista, e Falange Española falaba da "republica nacional sindicalista" e iso no lle convertía en anarquista- MULTIPLICATE POR CERO.
Que o caracter real do fascismo -non as súas palabras, que as utilizan para logo asesenarlas- esta moi visto dende fai anos.
"Aunque la mona se vista de seda, mona se queda". O digo en castelán por si non o entendes.
Manolita tira a cana a ver si tamén pesca.
REAL-MENTE POLITIZADOS sí que están os libros de texto, pero politizados desde sempre, desde o Pos-Franquismo e os seus valores sustanciais plasmados polo Dictador na (con P) Constitución.
Manolita, que non politizaron os textos agora, que xa ven de vello: sempre o estiveron (pero évos favorable, por eso calabades, mais agora, un chisco de ruído a ver si... (si algúns tragan o sapo).
O que os amolan é que saben que nós xa escribimos día a día a historia de nós. Xa saben que comezou a súa derrota, porque de vagar, estamos deitamos máis xa espertos e daremos en camiñar. Saben que chegou a nosa hora e por iso berran, saloucan e denuncian. Non lles queda outra. A protesta do ilóxico no choque contra a realidade.
A primeira resposta é a do típico reintegracionista que só vai ao seu, neste caso a escandalizarse porque lle chamen galego ao que el considera portugués.Qué peniña! qué autonoxo! E sí, vaite enterando ti do que falan por alí, a fala, a ver de donde veu...
Ah sí, remite este auto-noxento a un artigo do ayatollah lingüístico Eduardo Maragoto, quen entre outras lindezas dí esta: "O português diluído no ‘acento’ espanhol costuma dar um resultado semelhante ao nosso galego", que xa o di todo sobre o desprezo contino que deitan sobre o noso idioma.Meus acomplexadiños!
Pode-se ser eintegracionista e chamar-lhe (como debera ser) a lingua dos Tres Vales GALEGO, ja que a lingua e originaria da Galiza (Lucense e Bracarense)...Que a Galiza Sul ou Bracarense (Condado Portucalense) se expandisse cara o Sul nom tira do feito que ate os eculo XV se seguiu chamando galego...Foi o esvaemento historico de Galiza (Norte)e a consolidazom da Galiza Sul expansionada cara terras luso-estremeiras e algarvias polo que o nome "portugues" calhou...Ja que logo respectando aos que lhe chamem assim eu prefiro, por razons de senso comum e fidelidade historica chamar-lhe polo nome da sua Nazom: GALEGO....Mais nom ha que enfrontar-se por isso...Deus quixer que esse for o unico problema da nossa lingua...
Anacleto (aforrarei a rima), se fores minimamente crítico observarias e lerias com maior atenção que que se diz nesse artigo e as motivações dos meus comentários.
Resulta ABSURDO pretender reivindicar como galego umas falas (três dialectos, concretamente) que divergem mais do galego actual do que o falado no norte de Portugal. Isso é assim, incontestável e comprovável com a experiência, tanto do ponto de vista morfológico quanto do léxico.
Reconhecer a contaminação castelhanizante no galego não é falar de auto-ódio. Pensa na expansão a pronúncia 'ceceante' na Galiza, porque de todas as línguas latinas a única que o tem é o castelhano de Castela, seguida polo aragonês (em contacto com o castelhano), o asturiano (idem) e o galego centro-oriental (idem de idem).
Pensa também na prática total desaparição vernácula de formas galegas como "adeus", "graça" ou "espaço" (*adiós, *gracia, *espacio). É ou não é castelhanização? Como podes chamar a isto auto-ódio?
E o asseverado por Eduardo Maragoto pode comprová-lo qualquer pessoa que, como ele, tenha percorrido os territórios espanhóis na fronteira com Portugal e de língua vernácula galego-portuguesa, tipo Valença de Alcântara (*Valencia de Alcántara), Olivença (* Olivenza), Alamedilha (*Alamedilla) ou Calabor. Em todos eles dão-se fenómenos de castelhanização equivalentes a outros registados no nosso país.
Claro que, Anacleto, se o que defendes é a lengua do pueblo, sin castellanizar, e tal, e que esto é o galego-verdá, pois nada, todo teu, eh? Oi, que tampouco seña cousa de reconocer que se a RAG: "esto é un españolismo", aquí non pasa nada, pero se o di un lusista "este é un ayatollah".
O teu chámase, en galego-verdá, hipocresía e españolismo encuberto, pra que o saibas e por muito que che doa reconocelo.
Sí home sí.Españolista a túa curmá.O voso desprezo polo galego é evidente, ídeo mirar a un analista (lusista).O da "língua do pueblo" o de decir "jueves" e tal e cual son tópicos xa algo resesos no voso argumentario, tiñades que ir mudando os exemplos.Eu respeto a língua que fale a xente, uns con máis españolismos, outros con moitos menos.O penoso é quen tenta falar nun portugués hibridado, que non resposta a ningunha fala recoñecible, e do que se rin os propios portugueses.Aquí deixo este asunto.