Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
VENRES 7 NA SALA NASA DE COMPOSTELA

Concerto solidario con Ugio e Giana

No recital actuarán Ugia Pedreira, Marcos Payno, Som do Galpón e Ataque Escampe. García (Dios ke te Crew) e Leo i Arremecaghoná ofrecerán un insólito dueto

Redacción - 08:47 04/12/2007

O obxectivo do concerto organizado pola plataforma cidadá Que voltem a casa! na Sala Nasa de Compostela é concienciar á sociedade sobre a situación dos dous presos galegos, encarcerados en Ávila e Cádiz dende xullo de 2005. Así mesmo, a recadación (a entrada ten un prezo de seis euros) contribuirá a financiar as viaxes de visita.

Na festa, que comezará ás nove e media do venres e estará presentada por Clara Gayo e Chiqui Pereira, actuarán artistas recoñecidos como Ugia Pedreira ou Marcos Payno, e grupos novos como Som do Galpom, Ataque Escampe, e Os de Quistiláns. Ademais, García (Dios Ke Te Crew) e O Leo i Arremecághona van interpretar o seu espectáculo Labregos do Tempo dos Sputniks. Haberá máis sorpresas, como a subhasta de diferentes obxectos, entre eles algúns elaborados por Giana Rodrigues na cadea.O concerto súmase a outras iniciativas levadas a cabo pola plataforma nos últimos meses, como a redacción e distribución dun manifesto de apoio aos dous presos, asinado por máis de seiscentas persoas, ou a publicación dun libro de textos solidarios, nos que participaron ensaístas como Carlos Taibo, ou poetas como Daniel Salgado ou María do Cebreiro.


3.67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Cartaz do concerto solidario
Cartaz do concerto solidario
Libro de textos publicado o Día da Patria
Libro de textos publicado o Día da Patria