O novo voceiro de NÓS-UP falou con Vieiros dos puntos tratados na súa última asemblea e das mudanzas que se fixeron estes dous anos.
O pasado sábado un hotel da comarca de Compostela acolleu a IV Asemblea Nacional de NÓS-Unidade Popular, que serviu para reafirmar a liña tomada na asemblea anterior (desenvolvida hai dous anos en Ferrol), para facer un chisco de autocrítica e para reafirmarse nos prognósticos feitos en 2005 sobre o novo Goberno, e sobre "as poucas mudanzas experimentadas" nas súas políticas en relación ás do anterior executivo fraguista.
A organización parabenizouse polo traballo feito no tecido social do país, como vía para a expansión do independentismo, mais laiouse dos poucos progresos feitos polas forzas galegas da esquerda soberanista, que só se mostran unidas en momentos puntuais, en espazos como a entidade Causa Galiza.
Segundo lle contou a Vieiros Maurício Castro, o voceiro da nova dirección nacional do organismo, na asemblea analizáronse os dous últimos anos desta lexislatura, salientando "que a esquerda independentista galega foi dende o comezo crítica co Goberno de coalición BNG-PSdeG, ao que lle viamos poucas expectativas", dixo Castro, "non a viamos como unha alternativa boa ao PPdeG, e confirmárono con esa política de continuísmo no terreo económico (políticas privatizadoras na industria, cos estaleiros e mesmo na cultura con entes como a Cidade da Cultura ou a continuidade de Reganosa), político e social". Son "políticas clonadas das do PPdeG", salientou Castro.
Tamén houbo un momento para a autocrítica
"Avaliamos o feito até o de agora e falamos de que non chega con ter razón ou facer autocrítica. É preciso mudar as cousas, sobre todo en canto á necesidade de chegar ao exercicio definitivo da autodeterminación, que o BNG ten esquecido", dixo Castro lembrando que debido á "fragmentación que presenta o movemento soberanista de esquerdas de Galiza" é imprescindíbel chegar a unha "confluencia".
Neste sentido, dende NÓS-UP avalían positivamente espazos como o soberanista de Causa Galiza, mais pensan que son "insuficientes": "Non chega con facer propostas tácticas e puntuais e xuntarse en datas sinaladas ou rituais como o Día da Patria ou o 6 de decembro; debemos camiñar cara a confluencia do movemento en todos os ámbitos, como o sindicalismo", dixo Castro, poñendo como exemplo o traballo de crítica e oposición ao goberno feita por algúns grupos da CIG. "Nós imos seguir participando en Causa Galiza, en todas as súas convocatorias, pero Galiza necesita que se vaia máis alá".
"Unha cuarta forza política é necesaria no país"
"Hai que facer autocrítica, mais todas as entidades soberanistas da esquerda galega deberan facela", comentou Maurício Castro, e seguiu salientando que outras entidades traballan sobre todo na autoafirmación, e convértense en "particularismos separados". Pola contra, Castro salientou que NÓS-UP continúa aberta á colaboración. "Facemos un traballo político serio que está dando os seus froitos, e estamos saíndo fortalecidos, mais é necesaria unha mudanza de actitudes para que poidamos chegar a acordos comúns, no propio interese e no interese de Galiza", dixo Castro, volvendo salientar que "non chega traballar en datas referenciais ou en días rituais como o da Patria, no que aparecer unidos. Ten que haber unha unión máis profunda no día a día. Nós non excluímos a ninguén, pero necesitamos que haxa unha unidade nos movementos da esquerda soberanista... pero se non existe vontade é moi complicado, e non todos os grupos demostran interese nin sinceridade para traballar sobre a unidade".
"É difícil camiñar sós", dixo o novo voceiro do organismo independentista, "o que precisamos é unha maior relevancia social, electoral... unha cuarta forza política é necesaria en Galiza. Debemos poñernos de acordo en máis cousas que en convocar manifestacións".
Reforzando os principios da organización
Nesta asemblea nacional, os militantes tamén botaron un tempo falando do reforzo experimentado nos principios da organización. "Os nosos militantes están a traballar en movementos sociais moi importantes no país, no ámbito veciñal, cultural, sindical, de solidariedade feminista e internacional" e isto demostrouse, segundo Castro, "no número de delegacións de entidades sociais convidadas á asemblea", o maior dos últimos anos (este ano participaron delegacións da AGAL, AGIR, BRIGA, a Plataforma Cidadá Cultura sim, Mausoleu nom, e asociacións ca federación "Aturujo" e os Siareir@s Galeg@s, entre outras; alén de representantes de varios centros sociais galegos. Tamén enviaron adhesións outras asociacións como o colectivo ecoloxista Verdegaia, a Asociación Galiza por Palestina, e a Comissom pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña e de Pontevedra; entidades nacionais como do PCPG, de Corrente Vermelha, o Movimento pola Base (MpB) ou Primeira Linha; e forzas políticas independentistas vascas, coma Batasuna, e catalás, coma Endavant e MDT; ademais do colectivo portugués Política Operária).
Se o independentismo non ten máis saída que confluír con iste grupo, entón apágalle as luces a moto. Falan de Causagz tan libremente que algún día debería algunha organización poñer ó aire os problemas que provocaron esta xentiña. Curioso que pidades confluencia e non invitedes a AMI, FPG, Ceivar,CUT ou outros grupos desta onda á vosa AN. En fin, adoraciós ó Morais e pouco máis.
Vaia dous comentaristas...
Qual é o problema com Batasuna? Ah! Que som uns terroristas e tal e qual... Levas razom, que guais!
E o pobrinho do Espasende... nom vou duvidar da tua boa vontade. Mas, coitado; AMI, FPG e todos os "grupos desta onda" fôrom convidados a participar na AN nas mesmas condiçons que os que si assistírom... o que se passa é que nem participárom nem mandárom qualquer tipo de saúdo porque nom lhes saiu do Conselho Nacional.
A estas alturas do conto já haveria que fazer muitos malabarismos para confundirmos quem aposta e quem nom pola "confluência".
Vaia dous comentaristas...
Qual é o problema com Batasuna? Ah! Que som uns terroristas e tal e qual... Levas razom, que guais!
E o pobrinho do Espasende... nom vou duvidar da tua boa vontade. Mas, coitado; AMI, FPG e todos os "grupos desta onda" fôrom convidados a participar na AN nas mesmas condiçons que os que si assistírom... o que se passa é que nem participárom nem mandárom qualquer tipo de saúdo porque nom lhes saiu do Conselho Nacional.
A estas alturas do conto já haveria que fazer muitos malabarismos para confundirmos quem aposta e quem nom pola "confluência".
NOTA PARA LA REDACCIÓN DE VIEIROS
---------------------------------
Batasuna es parte integrante de la banda terrorista ETA según la Justicia española y la propia Unión Europea. Hace tiempo que dejó de ser una "fuerza política".
Salvo que ustedes consideren el tiro en la nuca como una nueva forma de masaje facial, que también podría ser.
Y ya en relación a la noticia, no hay más que ver las fotos de los simpatizantes de Nos-UP, gente joven, muchos de ellos mantenidos por papá y mamá para estudiar o, mejor dicho, pasar los años en Santiago divirtiéndose y jugando a alternativos radicales que desafían el mismo estado de derecho que les mantiene viviendo de p... madre.
Enquanto os nacionalismos galegos (tendencialmente independentistas como deveria ser todo o nacionalismo...) e, com eles, os independentismos não se definam perante as realidades (negadas pelo nacionalismo espaÑol: este, sim, bastante unido, desde a extrema direita até à extrema esquerda!) elementares da nação, pelo menos, perante a LÍNGUA NACIONAL e o TERRITÓRIO NACIONAL, será impossível qualquer confluência, não digo partidarista, mas sobretudo a fundamental exigível na construção ou vertebração da nação.
E, lamento-o, dizê-lo: Não parece ter nada claro nenhum dos nacionalismos e, com eles, os independentismos qual é a LÍNGUA NACIONAL e qual o TERRITÓRIO DA GALIZA.
Gaviotero:
Si el reino de espaÑa fuese mínimamente serio, al ilegalizar Batasuna procedería en consecuencia: No existe. Por tanto, al no existir, no es sujeto de nada.
Ahora, si Vd., como buen nacionalista espaÑol, confunde churras con merinas (ou churros con meninas, vaya Vd. a saber), entonces irá más allá inclusive del Tribunal de Orden Público franquista, que hoy recibe el nombre "constitucional" de Audiencia Nacional: Aún no se sabe ni la condena ni los delitos por los que se condena a los de la batasuna inexistente. Si es colaboración con banda armada (delito no probado en la mayoría de los casos), no es disparo en la nuca... Aprenda algo del Código penal de su reino de espaÑa, por favor.
Por otro lado, procediendo como proceden Vdes. y sus partidos nacionalistas espaÑoles, van a acabar metiendo en la cárcel, sin pruebas, porque sí, a todo el que les critique razonablemente.
En fin: Poco se puede esperar de un reino presidido por un Borbón... Había esperanza (lejana) de que el descendiente de Fernando VII actuase de manera diferente a la de su antecesor, pero vamos caminos de reinstaurar el absolutismo... La "inquisición" ya está constitucionalizada en la Audiencia Nacional.
Gaviotero está de atar, como o seu pai espiritual Jimenez Losantos
http://gaviotero.blogspot.com/...
putativo non?
O que sí está demostrado, pesie a quen diga o contrario, é que ninguén de batasuna empuña armas ou todos estarían no cárcere.
Mais de seguir así, vai haber tanta xentiña no cárcere que vai ser millor, xa tendo por forza que separar o gran d lixo, e en honra da proporcionalidade, que os purí$$imo$$ €$pañoli$ta$ vaian para dentro da cadea (ocupan a menor extensión proporcional) e os criminalizados (vascos, antifascistas, comunistas, okupas, anarquistas, antiglobalización, xitanos, extranxeiros pobres, republicanos, socialistas non pesoístas, nacionalistas soberanistas, traballadores, etc.) fiquen fora.
ecoe (#8) esqueceram-che os "lusistas" ou reintegracionistas, "inimigos" do "galego oficialista espaÑol"...
Verdegaia quere facer constar a inexactitude da nova e o seu rexeitamento ao emprego do seu nome. Esta sociación ecoloxista non enviou adhesión nengunha a esta asemblea, tan só unha educado correo rexeitando o convite á participar no acto de clausura. Na súa liña de absoluta independencias dos partidos políticos, esta asociación ten por norma non asistir nin presencial nin testimonialmente a este tipo de actos, entendendo que os foros nos que as entidades socias deben tratar coas forzas políticas, sexan do signo que sexan, son outros.
Moi ben os de verdegaia!
Son todos fillos de papá,castelánfalantes que estudan portugués, ou hai algún obreiro?
A lingua nacional e o territorio.....e mellor non rifar por cousas pequenas como a xustiza social. Ai,a pequena burguesía!
NOS-UP é unha forza antigalega e antisocial.
Verdegaia fai moi ben evitando falsas misturas.
Nota para aquellos que por su escaso nivel intelectual son incapaces de comprender obviedades: Batasuna es una formación ilegalizada por la Justicia, lo cual no quiere decir que no exista. Si sus dirigentes quieren organizar reuniones, actos, etc. pueden hacerlo pero siempre desde la ilegalidad, de forma que cuando lo hagan serán detenidos y, si procede, encarcelados.
Por otro lado, pues claro que hay gente de Batasuna que ha empuñado el arma. Pero si el mismísimo portavoz (me refiero al cabr... de Otegui, claro está) es un secuestador que fue condenado a 6 años de cárcel...
Do mesmo xeito as túas soflamas de extrema dereita do teu blogue son constitutivas de delicto e debería ILEGALIZARSE o blogue e contigo os teus pais putativos da COPE: Jiménez Losantos, César Vidal, Cristina, etc. Todos incitan á crispación e á violencia contra todos nós e eses fillos de p*** están tan ceibes coma ti, para que poidas expoñer as túas ideas fascistas. Ás veces un micrófono de radio é un arma máis perigosa ca unha pistola.
A deriva centrista do BNG precisa dunha forza independentista de esquerda. NOS-UP non abonda, necesitamos unha unión de todas as forzas galegas de esquerda. Pensemos nun obxectivo común, as maneiras e as formas de acadalo é un problema para cando teñamos poder.
Para qué imos perder-lo tempo pensando en chegar a isto, discutindo se facelo así ou asó se non poderemos levalo a cabo namentres non teñamos unha situación favorable en canto a votos????
Unídevos proletarios de todos os pobos e vilas de Galiza!!!
é precisa a unidade da esquerda independentista.
totalmente de acordo, máis que fan os grupos independentistas deste país a prol de dita unidade? NADA.
ata que deixedes de lado a vosa forma de entender a política como algo grupuscular no que cada quen está debaixo dun paraugas, e vos comezedes a mollar todos, non acadaredes algo que incluso moitos nacionalistas que non estamos de acordo cos vosos postulados, vemos como moi necesario.
dunha vez por todas debedes deixar de lado pequenas cuestións tácticas para loitar xuntos pola nosa patria.
o mellor xeito de construir nazón é con forzas políticas própias e o independentismo ten un papel importantísimo que xogar no panorama político nacional.
deséxovos que sexades capaces de artellar un xeito diferente ó actual de participar na política galega, a vosa presenza ten que serv para amosara incapacidade das forzas estatais españolas para solucionar os problemas da nosa patria e ademáis ten que server coma acicate ó bng para non perder o norte.