Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MOVEMENTOS NO PANORAMA MEDIÁTICO

A Nosa Terra estrea novo proxecto ao cumprir cen anos

O semanario reforza a súa edición en papel, á vez que crea un portal, mentres que o grupo El Progreso pon a andar Galiciae.com.

Redacción - 13:35 04/12/2007

O semanario A Nosa Terra está de mudanzas no seu centenario. Esta semana concrétanse os cambios coa reforma da publicación en papel que pasa a ter 56 páxinas e que contará con novas seccións. O novo director do medio, Manuel Veiga, subliña este luns nunha entrevista concedida a Galicia Hoxe que o semanario busca converterse nun medio “máis áxil, máis diversificado, máis plural e menos doutrinario”. O proxecto en papel tamén está acompañado dun portal dixital de actualización diaria.

O até o de agora director, Afonso Eiré, pasa a desenvolver tarefas de conselleiro delegado no grupo de comunicación que presidirá Miguel Barros. Os cambios prodúcense logo de que a construtora San José se convertera hai poucos meses no principal accionista de Promocións Culturais Galegas, editora d'A Nosa Terra, logo dunha importante operación económica. No consello de administración da empresa estarán, entre outros, o popular Victorino Núñez, o deputado socialista Ceferino Díaz ou a nacionalista Ana Miranda.

Galiciae, outra aposta na rede
O portal Galiciae.com, que en principio, aposta polo castelán toma o relevo do xornal dixital Xeración. O grupo El Progreso concreta así a súa aposta por internet. Como explican dende a mesma empresa o portal ten unha vocación de ser “unha rede de medios na que ademais da 'semente' de Xeración se irán integrando pouco a pouco os diferentes medios dixitais do grupo”


4,33/5 (12 votos)


Comentarios (12)

galeguzo #1 4/Decembro/2007 galeguzo

"O até o de agora director, Afonso Eiré, pasa a desenvolver tarefas de conselleiro delegado no grupo de comunicación que presidirá Manuel Barros".

Acho que é MIGUEL Barros, o ex vereador viguês.

ghalisia #2 4/Decembro/2007 ghalisia

"Menos doutrinario": excusatio non petita, acusatio manifesta. A ver se a partir de agora ANT é algo menos partidista, menos sectaria e máis aberta... Agardemos a ver o primeiro número.

diegosm_gz #3 4/Decembro/2007 diegosm_gz

descanse em paz...

Agora nom é "ANT", já nom é o periódico do nacionalismo como foi desde a sua criaçom, agora é "interclassista", dando voz à "burguesia comprometida com o país"(?) e "galeguista"... E o que nom acredite, que leia (ademais de manipular e mentir sobre o carácter da AN-PG, claro):

O obxectivo é abranguer todo o espectro galeguista

na sociedade capitalista é necesario o capital para levar a cabo proxectos de certa dimensión, e Galiza necesita este proxecto

http://www.gznacion.com/web/no...

Espasende #4 4/Decembro/2007 Espasende

POis polo formato, esquema e liñas, dame e min que a manobra de ANT en edición dixital e competir con esta web, Vieiros. Sónchevos cagadiñas. Agora ben, que constructoras San José ten máis peso "económico" non o dubida ninguén, que vaia a ser un xornal máis plural tamén pero, cara onde?
E que,non pensa a San josé mercar Vieiros? Así, todo a disposición deles. Dan noxo.
Clodio.

Xos #5 4/Decembro/2007 Xos

Hai que felicitarse porque ANT abra novas portas, é necesario que a comunicación en galego acade os maiores ámbitos posibles. Por riba da militancia está o galego e a amplitude de ideas. É bo para o nacionalismo, e sobre todo para a lingua, que non se pode convertir (en parte xa o é) nunha lingua de militantes. Por outra banda, non creo que compita con Vieiros, porque o bo de Internet é ter acceso a todos os medios que queiras, e podes mirar os dous portais (chamémoslles así), non é como no kiosko, que só compras un xornal

anacleto #6 4/Decembro/2007 anacleto

O formato, esquema, etc, de todos os xornais dixitais hoxe en día son moi semellantes, baséanse na mesma plantilla con poucas variantes.Así que non sei por qué vedes a web de ANT como unha copia.E o de que dan noxo, a verdade e que o dades algúns que tedes a bile presta a ser lanzada contra calquera cousa que non vos cadre no miope guión polo que vos guiades.
Non hai que ser estreitos de miras, por qué lle vai quitar lectores a Vieiros e non á Voz ou ao Faro?, non concebides a posibilidade de espansión para o galego nos medios, en troques de pelexar por un óso xa roído? Alá cada quén!

Xos #7 4/Decembro/2007 Xos

Criticar aos que dan máis pasos alá, e abren novas posibilidades, ou aos que triunfan (está por ver aínda), en realidade é moi español...

carlosroca #8 4/Decembro/2007 carlosroca

Ala, xa estamos xulgando e machacando antes de comezaren... desde logo non aprendemos....

Parabéns a ANT, que siga a facer País, desde o seu proxecto, o mesmo que Vieiros, GzNación, etc.

Non sobra ninguén ;-)

charino #9 4/Decembro/2007 charino

Efectivamente non sobra ninguén, excepto San José ou ¿San Xosé? porque a partir de agora haberá que chamarlle O Noso Ladrillo ou o Noso Cemento. Como nunha sociedade capitalista necesítase capital, non sorprende que aqueles marxistas leninistas doctrinarios que estaban en A Nosa Terra , agora se vendan a él. Vivir para Ver. Viva Galiza Ceibe

A2b2 #10 4/Decembro/2007 A2b2

A Nosa Terra, un gran xornal. De momento, non podes opinar (non vaia ser que lle des kaña ao BNge)

basteira #11 4/Decembro/2007 basteira

Pois só esperar o que sería bo e necesario, termos dunha vez un xornal que chegue ó maior número de xente posibel, que integre cada vez a máis xente e que sexa diario, e non semanal. Nunca entendín a afición de algúns de facer todo o que fora menester para non ser eficaces nin pragmáticos, nin sequera sabendo que o único camiño posibel é o camiño de cambiar as cousas dende a primeira liña. A pregunta é: ¿Qué paga máis a pena, tentar cambiar as cousas nos sitios onde se cambian, ou ser os máis puros e listos pero perder calquera posibilidade de construir un país? Supoño que para algúns nunha tertulia a día de hoxe será o segundo, pero... que pasaría na tertulia do 2050 sen quedamos sen nada? sen idioma, sen pais, e sen futuro?

xoselado #12 5/Decembro/2007 xoselado

Parabéns A Nosa Terra!.A ampliación do capital supoño que foi acordada en Asamblea Xeral e polo tanto de forma democrática.Empeza unha nova andaina e só se lles pode desexar ánimo. Cantos proxectos deste tipo serían necesarios para que este país funcionase?Agora ben, tamén hai que ver como responden ou condicionan estes grandes novos accionistas a liña editorial nesta nova etapa.Sorte!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: