Os populares quéixanse de que as concellarías nacionalistas non publican folletos en castelán.
Os conservadores coruñeses anunciaron este martes que pedirán no vindeiro pleno “que se respecte o bilingüísmo” no consistorio. O PP herculino asegura que numerosos veciños se queixan porque algunhas concellarías que detentan os nacionalistas editan todos os folletos informativos en galego.
O grupo que lidera Carlos Negreira considera que o goberno municipal debe publicar todo o papeleo tamén en castelán. Por iso, pídenlle ao alcalde que chame á orde aos concelleiros do BNG.
Curiosa a preocupación que lles entra agora a algúns co bilingüísmo (seica supoñen votos detrás). Antes non protestaban porque o Concello da Coruña publicase só os folletos en castelán, ou que os museos coruñeses só estean rotulados en castelán e o galego sexa algo ritual e mínimo. Seica o bilingüísmo só hai que aplicárllelo aos intolerantes, perigosos, separatistas e maleducados galegofalantes.
Pásalles como a certa asociación bilingüe, que só ten páxina en castelán e só pide polos dereitos dos castelanfalantes. curioso
Para PP ser bilingüista é falar en castelán, porque falas castelán e entendes o galego. Falar en galego non é ser bilingüista, é ser un totalitario, nazi, separatista e esas cousas das que nos acusa o Gaviotero "mosca cojonera" destas páxinas.
Para ser bilingüista según PP habería que dicir: "Somos de La Coruña y nos gusta divertirnos e irnos de carallada" (Carallada= Gallego=Bilingüismo) Te das cuen?
De acordo: o PP, co seu concepto de bilingüismo, definiuse en continuador da política lingüística de Paco Vázquez.
BonKarallan, tamén somos bilingüistas con iso da mosca... dos collós!? Curioso que os apelativos desa índole tendamos a expresalos en castelán, non? Hai quen di que iso é unha estratexia de totalitarismo. Exactamente igual que cando un franquista diglósico insultaba en galego e falaba en castelán. Non insinúo nin afirmo nada. Só apelo a un exame sicolóxico do que falamos, para entender mellor as reaccións que provoquemos nos demáis. Moitas veces con formas franquistas herdadas, e outras simplemente á contra. A ver cando na miña cidade se deixa de torturar aos nenos cos prexuízos lingüísticos!
Impresionante!!!!
" A lingua administrativa de Galicia é o galego"
Que fan os coruñeses cando lle chega unha subvención da Xunta? Rexéitana porque non a entenden? Daquela o idioma galego reduce o déficit da admón. Pública, outro bo motivo para a defensa da lingua (...)
Bo Nadal!!! Para os que o entendan
O PP minte coma sempre. A lingua por defecto das administracións galegas (por lei) é o galego. Porén, se un cidadán quere que lle cheguen as comunicacións en castelán debe pedilo de xeito expreso. O Concello da Coruña vulneraba sistematicamente a Lei xa que non usaba o galego nas comunicacións xa que estaba obrigado a iso, sen exclusións de que publicase as comunicacións noutras linguas. É dicir, ó único obrigado é que estea todo en galego. Na outra lingua oficial, a petición de parte.
é moi lóxico, tendo en conta que a lingua discriminada en coruña o castelán de toda a vida, mesmo paco vázquez facía esforzos titánicos por defende-lo idioma propio da desaparición. Qué cachondos!, no fondo son simpáticos
Buah, neeeeno baia mubi! Achanta! Estos bloqueiros nos discriminam!!!!
Pois con estes do PP foi cos que quería pactar Paco Vázquez, dende o Vaticano, foi o que lle aconsellou a Losada...
Na Coruña hai unha diglosia total, i é curioso porque a meirande parte dos coruñeses viñeros de aldeas e pobos onde o galego era a única lingua (casos como o barrio do Agra do Orzán e Montealto...), o que pasa e que agora na Coruña se unha persoa nova fala en galego mírana mal, o castelán é norma, e case todos os mozos nados na Coruña falan castelán aínda uqe os seus pais falaran en galego e desen galego no instituto. Pasa en moitas cidades galegas.
Estes hominhos do pp eu som parvos ou estan chalados. Vaia tropa!!
Que vaian ó carallo eles e máis a plataforma Gbilingue.
Pois se estes PPapanatas keren biliguismo q comecen por eles mesmos: a sua tv PPopular, os seus xornais como El sub-Mundo, as asociacións q presiden mano-militari (Cruz Vermella, AVT, etc, etc), Opus Dei, todas en bilingue!
istos do pp de E que non do pp de G, sempre ca mesma cancion, miran a palla no ollo aleo e non miran o tronco de arbore de eucalipto que elee reprobaron no noso pais.
SEMPRE EN GALIZA