Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Sen a presenza de BNG, NaBai, ERC, EA, PNV e CHA

O Congreso dos Deputados celebra o Día da constitución española

Conmemoran, como cada 6 de nadal, o vixésimo noveno aniversario da Carta Magna.

Redacción - 09:55 06/12/2007

O Congreso dos Deputados acolle esta quinta feira a recepción organizada con motivo do Día da constitución española. Á cita faltarán un outro ano máis os deputados do BNG, ERC, PNV, Eusko Alkartasuna (EA) e Nafarroa Bai (NaBai), segundo confirmaron fontes destas formacións.

Tampouco se espera que acuda o representante da Chunta Aragonesista (CHA), José Antonio Labordeta, mais é case segura a presenza de CIU.

Os presidentes do Congreso e do Senado, Manuel Marín e Javier Bermejo, respectivamente, serán os encargados de recibir a partir das 12.00 horas no Palacio da Carrera de San Jerónimo a todos os invitados, entre os que estarán o presidente do goberno español, José Luís Rodríguez Zapatero, e os seus ministros, así como o líder do Partido Popular, o galego Mariano Rajoy.

Os actos festivos comezaron xa ás 9.00 horas cunha homenaxe á bandeira española que ondea na Praza de Colón de Madrid.


5/5 (4 votos)


Comentarios (4)

mceleiro #1 6/Decembro/2007 mceleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pois que mal os do bloque! Se fossem algum igual apanhava alguma transferência autonómica dessas tão importantes que estão a conseguir....

Barcelos #2 6/Decembro/2007 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Esa constitución xa é moi antiga e xa vai sendo hora de cambiala. Ou que fagan o que queiran e nós aprobemos unha Constitución Galega.

A2b2 #3 7/Decembro/2007 A2b2
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Os do BNge debían ir e de paso mercarlle algunha competencia máis a ZP!

A2b2 #4 7/Decembro/2007 A2b2
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Os do BNge debían ir e de paso mercarlle algunha competencia máis a ZP!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete