Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Avance cara á colaboración das tres nacións

Cataluña, Euskadi e Galiza como eixos do Estado pluricultural

Os responsábeis das respectivas consellarías de Cultura asinan un acordo histórico este luns.

Redacción - 09:00 10/12/2007

Será en primeiro lugar unha chamada ao respecto á diversidade cultural que existe no Estado. Ese é un dos obxectivos do acto convocado para este luns no Centro Galego de Arte Contemporánea e que reunirá os responsábeis de Cultura de Euskadi, Cataluña e Galiza. Nese sentido, a declaración institucional diríxese á sociedade en xeral e tamén de xeito específico ao Ministerio de Cultura, solicitándolle sensibilidade nesa arela a prol da diversidade.

Pero existirá ademais un compromiso máis amplo. Así, e se ben xa se fixeran achegas á colaboración no marco cultural aínda que de xeito bilateral, Euskadi, Cataluña e Galiza comprométense agora a avanzar nunha proposta multilateral máis ambiciosa. Joan Manuel Treserras, conseller catalán, Miren Azkárate, conselleira vasca, e Ánxela Bugallo, conselleira galega, expoñerán as bases de onde partirá unha estratexia conxunta que pretende ir máis aló dunha simple declaración de intereses e na que se leva traballando arredor dun ano.


5/5 (6 votos)


Comentarios (3)

Gaviotero #1 10/Decembro/2007 Gaviotero

Pues si estos totalitarios son los que tienen que garantizar una pluralidad que niegan dentro de sus propias comunidades autónomas, apaga y vámonos...

trapalleiro #2 10/Decembro/2007 trapalleiro

Ate que o pp non condene o franquismo os seus seguidores non teñen autoridade moral para xuzgar a ninguén.

papuxa70 #3 10/Decembro/2007 papuxa70

A primeira zafanhada xa a levaron os de Tan Gallego... agora só falta os Gabis

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: