Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ENCONTRO BILATERAL

Quintana esprémelle nove competencias a Zapatero no último tramo da lexislatura

O goberno español comprométese a asinar o traspaso antes de que remate o mes de xaneiro.

Redacción - 16:42 12/12/2007

O agardado encontro entre o presidente do goberno español, José Luís Rodríguez Zapatero, e o vicepresidente galego, Anxo Quintana, rematou este mércores con nove novas competencias que serán transferidas antes de que remate a lexislatura.

Zapatero comprometeuse a traspasarlle á Xunta a titularidade do Museo de Belas Artes da Coruña; o Museo do Castro de Viladonga; o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense; o Museo de Artes e Costumes Populares “Casa Martín Vázquez (Ourense); e o Museo das Peregrinacións de Santiago.

Tamén serán transferidos ao Goberno galego o Arquivo do Reino de Galiza (A Coruña) os arquivos históricos provinciais de Lugo, Ourense e Pontevedra: por último, a Xunta tamén xestionará as bibliotecas públicas que o Estado ten na Coruña, Santiago, Lugo, Ourense e Pontevedra. Así mesmo, danse os primeiros pasos para a cesión de uso do Castelo de Monterrei.

Mais a xuntanza tamén serviu para avanzar decididamente no traspaso das competencias en xestión e bolsas e axudas ao estudo; a expedición de titulos académicos non universitarios; a declaración de utilidade pública de asociacións; o traspaso da titularidade do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas ou na titularidade do Hospital Básico da Defensa de Ferrol.

Como xa se adiantara, Zapatero tamén se comprometeu a facer efectivos os 51 millóns de euros en concepto de débeda histórica en servizos sociais antes do 15 de xaneiro e a concesión do número telefónico 065 para o servizo de transporte adaptado.

"Cooperación intelixente"
Logo da reunión, que se prolongou durante máis de hora e media, Quintana mostrouse moi satisfeito cos avances logrados. Asegurou que “para Galiza non é boa a confrontación nin a submisión ao Estado, é boa a cooperación esixente e intelixente”. No encontro, os dous dirixentes abordaron as relacións entre socialistas e nacionalistas tanto no Goberno galego coma no Congreso.

En canto ás competencias, o vicepresidente sinalou que “nun mesmo acto é o paquete de competencias máis importante que Galiza vai recibir e sobre o que ademais existen prazos establecidos e fixados”. Así adiantou que antes do 22 de decembro se vai reunir a comsión bilateral Xunta-Estado e que agardan que as competencias estean asinadas antes de que remate xaneiro.


4,6/5 (35 votos)


Comentarios (25)

maleiro #1 12/Decembro/2007 maleiro

E tráfico, qué??
Para cando volvan facer falta un par de votos. Coido que todo eso tan importante non deixa de ser "cascarilla".
O que realmente importa é tráfico policía nosa etc.
Estou decepcionado.

mceleiro #2 12/Decembro/2007 mceleiro

hahahahahaha competências?

Isso é "reduzir gasto público do estado espanhol". Transferências de gastos.

TRANSFERÊNCIAS são as estruturais e infraestruturais do funcionamento dum pais (Galiza), não estas merdadinhas.

Visto que o ZP nem farto de vinho cederia as competências em educação, caminhos de ferro (isso sim, privatizando os miles de metros quadrados propriedade de renfe a uma mafia chamada Adif), portos, finanças, sanidade (também os ingressos, não só os gastos), legislativas, etc, etc, etc,.....Só há que ver as que estão a conseguir os catalãos e bascos, e a merda que dos "cedem". Um insulto, coma sempre. E o BNG, melhor nem falar. Se Castelão levantasse a cabeça....

Postos a ceder museinhos, por qué não os "Paradores Nacionales"?

Os de vieiros estais a "vender-nos" a incompetência dos galeguinhos por Madrid com um eleitoralismo muito evidente.

Maiakovsky #3 12/Decembro/2007 Maiakovsky

Bravo, mceleiro! Totalmente certo!

precisando #4 12/Decembro/2007 precisando

Aparte de concordar con mceleiro, e pola información que teño, cando menos os museus de belas artes da coruña e o das peregrinacións de compostela xa a dia de hoxe están xestionados pola Consellaria de Cultura. De feito, e se pode comprobar, é esta Consellaria quen licita as contratas de limpeza e seguridade destes museus. O que quero dicir é que me da a sensación de que nos están a vender fume, e a maioria das "conquistas" realmente non o son porque xa estaban. Se foran de competéncia estatal seria o estao o encargado de licitar as contratas, como acontece con Correos ou Adif.

Inxel #5 13/Decembro/2007 Inxel

Outra vaca no millo! Que decepción! E para iso votastes a favor dunha incompetente e un lercha? Inxenuos! Non sabedes que os canóns de Cisneros aínda están apuntando? Pfu! Inxel

verdecanal #6 13/Decembro/2007 verdecanal

E o parque Nacional, xa estaba cedido. Si que colleu competencias.

Parvadas

Josinho #7 13/Decembro/2007 Josinho

Que listinho me és, mceleiro! Vês cousas que ninguém mais as dá visto! Como se rim por ai de nós, poucos e autodestrutivos.

Olha, a Xunta está a cobrar impostos espanhóis assi que nom diminuem qualquer despesa (o Estado). Mesmo as infraestruturas que reclamas seriam pagas com os fundos do Estado. Isso, do BNG melhor nem falar, já estaremos melhor quando fique extraparlamentário. Ainda melhor, que se autodissolva, por incompetente.

Poucas trasnferências, mas até hoje nom chegaram. Fica claro que sendo tu líder do BNG, com esses 2 deputados em Cortes ias tirar um sistema de Cupo como o Basco e talvez a independência da Galiza.

Se Castelão levantar a cabeça, daria com ela na lousa, como Franco, Lenine ou qualquer outro morto.

Tamém estariamos melhor sem Vieiros, escrevendo em La Coz de Gilicia. Que é pro-BNG como é bem sabido. O do eleitoralismo si que foi engraçado, ho...

fervenza #8 13/Decembro/2007 fervenza

E tanta cousa pra esta merda de transferencias?, chamádeme inculta, pero eu pensaba que algunhas coma o Arquivo do Reino de Galiza xa os xestionaba a Xunta, que desilusión, Quintaniña!

Gaviotero #9 13/Decembro/2007 Gaviotero

Me encantan estos bloqueiros de hoy en día...les das la gestión de 4 museos, 5 archivos y varias competencias menores de tipo cultural y lo convierten en el acuerdo "más importante en años" (Quintana dixit).

Ay que ver en lo que se ha quedado aquel nacionalismo reivindicativo de la época de Beiras, en una alfombrilla para ser pisoteada por el socialismo español.

Todo sea por el placer orgasmático que le debió producir a Quintana entrar en la Moncloa y hacerse la foto con ZP. Al fin y al cabo, eso y no otra cosa era lo que se acordó a cambio de que apoyaran a Maleni, la ministra nefasta para Galicia pero que el BNG apoya.

condedecotobade #10 13/Decembro/2007 condedecotobade

Orgasmático sería que lle deixasen correrse sobre a bandeira da Moncloa, non a foto en si. Como dixo Josinho cando se transfire unha competencia tamén se transfire o orzamento preciso para asumila, non a asume a nova administración. Se pensas que Galiza (ou calquera outra autonomía) vai asumir a curto prazo competencias como portos, aeroportos ou camiños de ferro dame a sensación de que andas un pouco desnortado mceleiro. O que se conseguiron foron transferencias menores, por suposto, pero ademais do desbloqueo de transferencias en tráfico e salvamento marítimo que iso si será moi gordo o día que se produzan. O que lles gustaría aos españolitos é que o BNG seguise a ser un partido antisistema sen ningunha incidencia real, pero polo visto iso rematou. A mellor proba é o jodidos que andan Touriño e Feijoo con todo este asunto.

Pedrel #11 13/Decembro/2007 Pedrel

Quin: profundar na autodeterminación, preparar axeitadamente á mocidade con seminarios sobre nacionalismo, discutir nas comarcas a liña ideolóxica do BNG, contar coas opinións de expertos militantes, ter máis achegamento á xente do común e non esperar o voto para ir a Madrid.

Xabi1 #12 13/Decembro/2007 Xabi1

Imos ver, Gaviotero, Semella que non comprendes, disculpa, o difícil que é construir unha Nazón, sen estatuto, pero Nazón. Desde que Paco descubriu que indo a modo e autonómicamente falando o País medraba en autoconfianza e cosas así, o BNG non para de amosar-se como un partido de goberno, con todo o que iso implica. Construir Nazón significa construir algo para ti mesmo: dispor de pasta para invertir e colocar amigos e amigas usando, iso sí, as mesmas modalidades de contratación que usaba o teu querido Partido Popular; ter aceso aos medios de comunicación malia a facilidade con se gañaba inimigos o bo de Antonio Losada; controlar chan urbanizabel e entrar en tratos cos constructores...
En fin, Gaviotero, o que che amola é que sexan agora os do BNG os que controlan os resortes do Poder e dos orzamentos.

verdecanal #13 13/Decembro/2007 verdecanal

Pero alguén cree, pepeiro, bloqueiros ou psoeiros, que cos políticos que temos a capacidade de asumir máis competencias, ou de autogobernarnos. Deixemos as utopías.

moutras #14 13/Decembro/2007 moutras

Sí, sí ata coincidides con gaviotero.. e vos sodes o paradigma nacionalista..? Como di algún con moito tino: ninhada de ratos

Xabi1 #15 13/Decembro/2007 Xabi1

Coidado: o que dí "ninhada de ratos" é Carlosroca, non confundir con Gavioteiro.
Estou super mega ledo tras saber que Quim apañou a competencia sobre a expedición de títulos non académicos, entre eles, calculo, os títulos nobiliarios...

fillotolo #16 13/Decembro/2007 fillotolo

Non se consegiu todo o que un bo galego desexaría pero ninguén pode negar que é máis do que había. Eso non quita de seguir na teima dun maior autogoberno, pero o que está claro e que se están a dar pasos cara adiante que xa non se poderán desfacer. Eu son do BNG e moi crítico con moitas das súas políticas, é máis, se cadra se algún dos que aquí criticades tanto a esta forza tiverades a valentía precisa de organizarse axeitadamente, eu sería o primeiro en pensar o meu voto.
Pero a día de hoxe ¿Dentro do nacionalismo que hai fora do BNG? Refírome a unha proposta seria. Non fai falla tanta discusión dos intelectuais de café, todo o mundo con dous dedos de fronte (até os que o negan) saben que Galiza é unha nación. O que fai falla son cartos, cartos que moitos galegos con rescursos recelan aportar para facer país, pero que despois non dubidan en dar excelentes conferencias do que é Galiza (xa o sabemos oh¡¡)e de mil teorías que chegan sempre aos catro gatos para os que falan.
Criticade ao BNG, perfecto, eu o primeiro (privatización na Xunta, enchufismo, propagandismo, etc) pero cando o fagades dádeme unha opción e que sexa seria por deus. Estiven mirando as webs das alternativas e ben parecen estar feitas por catro rapaciños recén saidos dun módulo de informática. Todo o que rodea a esos partidos amosa unha falla grandísima de profesionalidade, e aínda que estou dacordo con todo o que reivindica a FPG por exemplo, non me aportan a seguridade suficiente para darlle o meu voto, e non porque o tire ao non chegar ao mínimo, senón pola súa falla de profesionalidade.
Das que hai, me quedo co Bloque, pois polo menos defende a nosa cultura e os nosos interes, malia que non o faga como eu desexaría dunha forma minimamente profesional e decente. Ogallá nas vindeiras eleccións me teña que replantexar a quen lle voto, pois será o mellor que lle pode suceder a Galiza e ao BNG (para que se reciclen)

condedecotobade #17 13/Decembro/2007 condedecotobade

Coño!!!! Pois a ver se me fai Conde de Cotobade de verdade. Que para iso pago a cota todos os meses :-)

carlosroca #18 13/Decembro/2007 carlosroca

Sintome acosado e agora difamado... Son o único que ten o seu nome verdadeiro e polo tanto dono das miñas palabras e dos meus silenzos... e teño que aguantar determinadas cousas...
Pido amparo ao administrador e esixo rectificación!!
:-(

xacataca #19 13/Decembro/2007 xacataca

Certo é. O que di "Ninhada de ratos!!!" é o Teixugo (e eu tamén, cando o Gaviotero se pon parvito)

xacataca #20 13/Decembro/2007 xacataca

Xabi1 debe estar confuso, porque é dos críticos e non lle tocou pisar moqueta.

xacataca #21 13/Decembro/2007 xacataca

Por #18 e por #15.

mceleiro #22 13/Decembro/2007 mceleiro

#7

O BNG não se tem que autodissolver, meu, tem que fazer política e deixar-se de caralhadas. Nesta legislatura no parlamentinho de Madrid ZP não tem maioria. Polas boas não vá ceder nada, mas esses dous deputados não têm a importância que deveriam, porque o partido, bloco, ou formação a que pertencem não têm PROGRAMA.

Menos ainda OBJETIVOS CONCRETOS. Simplesmente estão a "estabilizar-se" nos seus escanos e apanhar algo se há oportunidade. Isso chama-se actitude PASSIVA fronte a actitude ACTIVA.

Outra limitação que têm, é que são incapaces de fazer força conjunta com outras formações como ERC (Lembrar que nesta legislatura é o que verdadeiramente têm a chave em muitas questões, malia ao silêncio ao respecto na prensa), eles apostarom pola direita de CiU e PNV.

O BLOQUE NASCEU COMO "NACIONALISTA". AGORA É "REGIONALISTA".

Então é melhor não criticar, melhor merda que nada?. Pais de ananos!!!


#10

Visto o visto evidentemente não creio que Galiza vaia a coseguir nada, a parte de ser mais e mais dependente de Espanha, mas com uma série de concesões simbólicas que distorsionem essa realidade.

Moitos igual quereis seguir no imobilismo e a choromicar eternamente.

Sabes como é a gestão dos "Ferrocarrils de la Generalitat"? De quem é a titularidade das estações, os terreos das linhas, as máquinas, etc? De Catalunha poderia falar-se muito. De Euskadi não digamos. Como se fináncia Euskadi? Como nos "não" financiamos nós?

Sabes as competências que têm a Escócia ou Gales, num estado centralista como o inglês, e que acham insuficientes?

Nos aqui a mirar o embigo e a depender do que se passa por Madrid.

O BNG nem faz política em Galiza, nem no estado espanhol, nem em Europa. Segue o jogo do bipartidismo.


PD: Por certo, há que lembrar que a aqueles que SIM tinham programa de governo, aqueles que SIM tinham conhecimentos de economia, aqueles que SIM tinham estratégias, FORAM APARTADOS DO BNG, PARA SENTAR NAS SUAS CADEIRAS O CU A CAMARILHA QUE ACTUALMENTE DESGOVERNA E DIRIGE SEM RUMBO O BNG, E DE PASSO HIPOTECA O NOSSO FUTURO.

Josinho #23 13/Decembro/2007 Josinho

O BNG já fai política, outra cousa e se se gostar ou nom dela. Na vida todo o mundo fai o que pode, nom o que quiger. ZP tem margem avondo para jogar como quer, e os 2 deputados do BNG e ser subsidiário na Xunta e na quase totalidade dos principais Concelhos da Galiza nom deixa tampouco muita margem. Nom é o caso nem de ERC, nem de CiU, nem do EAJ-PNV. Nom podem fazer força conjunta para nada, cada partido representa os seus interesses, apenas coincidirám em questões de princípios e nom muito mais. Mas tu achas que por evitar umha reprobaçom dumha ministra merdosa iam tirar muito mais? Isso é nom ter a mais puta da ideia de como vam as cousas.

O resto dos juízos que fam som teus, interpretações e análises gratuítas. De facto, essa conachada de que agora o BNG é de praxe regionalista é umha imbecilidade integral, nos programas eleitorais que podes ver desde 1991 e antes nom há relamente qualquer mudança nom já para afirmar semelhante cousa, é que nem sequer há muita diferença. Outra cousa é que tenha mudado a linguagem pública, mas para ladrar e nom fazer nada já há muita penha por ai.

Claro que é bom criticar. Melhor se for construtiva que destrutiva. Agora, deitar pedras contra o próprio telhado, nom cho sei... E cumpre ter umha visom mais realista das cousas e baixar um pouco das nuvens.

mceleiro #24 15/Decembro/2007 mceleiro

Bom, Josinho deixo então as críticas gratuitas e destrutivas. Só que o discurso (e o programa) dos teus coerentes políticos do BNG não se correspondem com os seus factos.

Sendo realista, é real que o BNG está a ganhar votos à direita e a os perder à esquerda. A parte de trancar qualquer outra alternativa de esquerda. Viva o centrismo (neoliberalismo) realista.

Josinho #25 19/Decembro/2007 Josinho

Bom, mceleiro, continua nas suposições gratuitas (os meus / os teus) e continua nas construtividades destrutivas, a coêrencia e a perfeiçom perfeita.

Sendo realista, o BNG está a perder votos que vam para o PSOE, todos todinhos, partido que é muito mais esquerdoso, com efeito, mas claro, é que o trabalho é trancar qualquer outra alternativa de esquerda, suponho que falas de IU, porque eu a Vida de Brian já a tenho no disco rígido. O centrismo-neoliberalismo é o que tem. Mas nom preocupes, ho, que o BNG votos do PP tampouco ranha um, vam mesminho para o PSOE também.

Alé, venha, menires contra o telhado. A ver se damos chegado à perfeiçom perfeita final.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: