Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
As obras denominadas restuaración ecolóxica son un atentado medioambiental

ADEGA denuncia unha illa fluvial amurallada en Fornelos de Montes

ADEGA condena as obras no río Oitavén, en Fornelos de Montes, por consideralas un grave atentado contra o ecosistema fluvial e ripícola. Amurallouse unha illa no río á ribeira dereita, enchendoa con maretiais dragados do leito do río para nivelar o terreo co murallón, talándose grande parte da vexetación autóctona de ribeira, tanto arbórea como arbustiva.

ADEGA - 14:38 14/12/2007
Tags:

Con esta delirante obra impídese o paso natural de fauna ao río, modificando radicalmente a súa dinámica, ao alterar a súa morfoloxía con muros artificiais e eliminar sedimentos do seu leito, alén de danar o bosque de ribeira.

Estas obras, totalmente innecesarias, foron financiadas polo Concello de Fornelos de Montes, despilfarrando cartos públicos que poderían ser investidos noutras actuacións acaídas e beneficiosas para os cidadáns e para o medio.

Ademais as obras foron concibidas como unha “restauración ecolóxica” do lugar, cando en realidade non son máis que unha antropización e urbanización dun río, concepto completamente contrario ao obxectivo inicial, o que resulta claramente contradictorio e incoherente e demostra a falta de respeto e de criterio sobre o medioambiente.


4,6/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: