Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Novo disco

'Na flor dos meus anos'

Música tradicional e lembranzas co novo álbum en solitario da Señora Carme.

Redacción - 11:30 21/12/2007
Durante a gravación do disco

Durante a gravación do disco

Con 82 anos e en mellor forma que nunca. A Señora Carme vén de sacar ao mercado musical un novo traballo conformado por 12 cancións nas que conta coa colaboración de grandes da música portuguesa e galega, como Dulce Pontes, Uxía, Xosé Manuel Budiño ou Rodrigo Romaní, entre outros.

A enerxía desta muller queda recollida tamén nun DVD, onde a Señora Carme amosa o seu lado máis humano, recordando os seus inicios na música cando de moza, despois dunha dura xornada de traballo no campo, achegábase até o muíño para entoar as melodías que a acompañarían durante toda a súa vida. As lembranzas daquela época, unha Galiza completamente diferente da actual, xorden dos 12 temas de Na flor dos meus anos. O disco inclúe tamén varios videoclips e un “como se fixo”.

Para completar este lanzamento musical, o escritor Fran Alonso preparou un libro no que nos amosa o lado máis humano desta muller traballadora. A Señora Carme xa traballou noutros proxectos musicais, forma parte do grupo Malvela, dirixido pola cantante Uxía, que conta con tres discos no mercado e máis de 10.000 copias vendidas.


Aquí a temos en imaxes no seu primeiro videoclip:


4.67/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



A Señora Carme
A Señora Carme
goza dunha envexábel vitalidade
goza dunha envexábel vitalidade
O grupo Malvela
O grupo Malvela