O ex alcalde coruñés e agora embaixador no Vaticano considera que o PSOE "debería pedir perdón pola persecución á Igrexa durante a Guerra Civil".
Francisco Vázquez
O xornal madrileño 'La Razón' abre a súa edición do domingo cunha entrevista ao ex alcalde herculino Francisco Vázquez. O embaixador español no Vaticano fai unha encendida defensa do papel da Igrexa no Estado ao asegurar que "as familias españolas saben que a fe católica é un dos grandes alicerces do noso concepto de nación. España é froito da fe da lingua, estes elementos singularizáronnos como nación. Os dous están plasmados na que quizais é a páxina máis gloriosa da nosa historia: a evanxelización de Hispanoamérica".
Na mesma entrevista, Francisco Vázquez considera que o seu partido, o PSOE, débelle pedir perdón ás autoridades relixiosas pola Guerra Civil.
Poden ler aquí a entrevista íntegra.
Pois menos mal que é do PSOE, non quero nin imaxinar as súas verbas se militara no outro "gran partido". Este fala demasiado cos curas e moi pouco con Deus.
Iste do PSOE?? Jajajaja É un facha de moito coidado. Gallardón é un pipiolo ó seu carón.
Eche moi relixioso...para o que lle convén. Cos pelotazos que meteu e aínda lle foron dar a embaixada dos curas. Ó sdo PSOE estívolles moi ben, en vez de metelo no cárcere polos desmáns que fixo...agora que lle aguanten as súas veleidades.
DAME NOXO.
Lo que singulariza a la "nación española" son los COJONES. Paco tú sabes mucho de eso.
Este como siga así vai rematar cambiando o seu nome polo de Francisco Franco ao que se vai a achegando cada vez máis. Por agora acaba de alcanzar a Jiménez Losantos.
O PSOE debe pedir perdón ás autoridades relixiosas pola guerra civil?
Pero foi o PSOE o que deu o golpe de estado?
Ou debe pedir perdón por oporse ao golpe de estado?
Paquiño, perdiches a memoria, a histórica e a outra.
Cheiras a "santidade" que fedes.
Cala a boquinha, papão, a ver se perdes a imunidade diplomática e es julgado pelas trapalhadas de tantos anos de alcalde.
Sobre o teu signo político, o teu republicanismo, o teu laicismo e a tua empanada mental já há muito tempo que é de todos conhecida.
O teu problema é anacronismo "crónico". Terias de ter nascido antes para ser "Ministro del Caudillo", "Evangelizador de Indias y Virrey de las Españas" ou lambecús de Torquemada. No tempo no que tens que viver não passas dum corrupto que desvia a atenção dos seus negócios dizendo e fazendo barbaridades.
Ben, que Paco Vázquez é máis de dereitas que Fraga e máis españolista que José Antonio Primo de Rivera non é algo novo. Item máis, que o seu catolicismo é do estilo máis rancio que se pode atopar na igrexa española -que é moito dicir-, tampouco é ningunha novidade.
Aquí simplemente da unha volta máis e debulla un pouquiño máis o seu pensamento, e resulta que a súa ideoloxía é propia do Antigo Rexime. Esa identificación entre relixión e nación semella máis propia dos reis católicos que dun político deste tempo. O gabarse da evanxelización de América como a mellor obra da "súa" España vai na mesma liña. Respecto da lingua o mesmo, esquece que a introdución do castelán en galiza é o resultado de séculos de imposición, imposición que se empregou tamén para "evanxelizar" -que palabra máis perversa- America e os reinos de Austrias primeiro e de Borbóns despois.
Paco Vázquez vai máis aló do que foi o fascismo hispano nos seus orixes, o mentado antes Primo de Rivera tiña un discurso máis laico e non identificaba a "súa" España coa relixión católica. Quizais este discurso de Paco Vázquez é máis propio dun facismo "ñoño" pasado por corenta anos de franquismo como o de aquel Blas Piñar.
Nom penso que seja necessário comentar "as cousas de Paco". Nom som nada surpreendentes nestes tempos. O que seria bom lembrar, sobretudo para a gente mais nova, som aqueles tempos em que o mesmo sujeito se apresentava para presidente da nossa comunidade autónoma, quando falava em galego e reivindicava o direito da autodeterminaçom para a naçom galega.
Todos e todas sabemos como é Paco Vázquez, contan que hai anos mesmo falaba en galego, foi o home que quixo que na Coruña se fixera o pacto de goberno co PP. Pensou que A Coruña era súa, é un home ridículo coa súa teima de falar castelán, pero ese Dios que ten tan cerca agora no Vaticano castigouno cun acento galego que non se lle vai por moitos rosarios que rece.
Paco Jones, os teus.
Coidadiño Benedito que che quitan o posto.
Se o que singulariza á "nación española" é a lingua (castelá supoño), pois haberá que concluir que, polo menos na nosa terra, esta "nación española" só existe dende hai ben pouco tempo, xa que dúas ou tres xeracións atrás, o castelán era prácticamente inexistente por aquí.
Toda está xente vive entre contradiccións e mitos, aínda que acusen aos demais disto mesmo.