Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PISCIFACTORÍAS NO LITORAL

Pesca aponlle as críticas que ten o plan de acuicultura á súa “gran difusión”

Carme Gallego di que a oposición dos ecoloxistas non ten fundamento e sinala que se van crear dous mil empregos en “zonas deprimidas”

Redacción/ EP - 14:35 23/12/2007

Nunha entrevista en RNE, a conselleira de Pesca, Carme Gallego, asegurou que o plan de acuicultura que leva adiante o seu departamento está a ser moi criticado pola “gran difusión que se lle está a dar”. Gallego contrapuxo esta “transparencia” á do anterior plan, aprobado pola anterior Xunta en funcións. A conselleira volveu defender os proxectos acuícolas que tanta resposta social están a xerar: “Non hai ningún grupo ecoloxista que se preze que poida dicir que é irrespetuoso co medio ambiente”.

A titular de Pesca reiterou que o plan “garántalles aos propietarios un prezo mínimo por metro cadrado de 5 euros”. Gallego estima que o plan vai crear dous mil postos de traballo en “zonas moi deprimidas” do litoral


5/5 (1 votos)

Comentarios (3)

ecoe #1 23/Decembro/2007 ecoe

Sí, sí: han querer pagar tanto (!) 5€/m2. como pagaron no 1973 o mato a 9 pts/m2. A proporción ven sendo a mesma, e o mesmo fai o AVE do mal agoiro.

A terra regálase cando se trata de expropiacións das xentes e cóbrase a precio de uranio (!) para vender pisos. Namentres o eucalipto segue ó mesmo precio que cando montaron as ENCE o monopolio do €$tado. Namentres os salarios andan tirados desde aquela data, e van para máis de 30 anos, sempre insuficientes e sempre na escaseza: hoxe duas personas traballan para pagar o mesmo que antes pagaba unha só co seu traballo.

Vivan os números ben feitos! e o crime organizado, mesmo desde o propio €$tado: có panchito lópes de medio ambente (ben certo que xa a palabra ben claro o di), agora ENCE-ELNOSA ten outros TRES ANOS MÁIS para cada día por en peligro a vida de máis de 100.000 persoas na contorna por posible escape de gas letal, ou a seguir a contaminar tal como veu facendo ata hoxe e foi xulgado e condenado (e recoñecido mesmo nos informes oficiais das consellerías da Xunta do Fraga).

Qué máis se lle pode pedir á nada?

mceleiro #2 23/Decembro/2007 mceleiro

Carme Gallego dixit!

Como pode ser irrespetuosa uma piscifactoria em plena Rede Natura? Ou uma canteira? Ou um parque eólico?

Acaso seria irrespetuoso com o património um Carrefour na Praça do Obradoiro? Também daria uns quantos precários postos de trabalho.

A explicação de que gente assim nos (des)governe é que os galegos somos putas. Putas baratas. Por 5€ igual não, mas por 6...

O fraguismo deixavam fazer. Estes, eles mesmos levão a iniciativa.

http://www.adega.info/index...

Tonio #3 24/Decembro/2007 Tonio

"Zonas moi deprimidas" 8-O Claro, porque Corrubedo e Merexo não som Marbella já são zonas deprimidas? Estamos condenados à desfeita, o terceiro mundo não pode protestar.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: