ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
UN NADAL MÁIS PROPIO

Fuxe Santa Claus que aí vén o noso Apalpador!

A asociación A Gentalha do Pichel recupera unha figura autóctona propia do Nadal que representa un vello xigante que lle trae castañas á rapazada.

Redacción - 11:50 24/12/2007

Moito antes de que o Papá Noel ou Santa Claus viñese importado dende outras latitudes, en Galiza tamén había unha figura mítica propia do Nadal: O Apalpador. Mais nestes tempos de présa e consumo, o persoeiro autóctono ficou no esquecemento. Este ano dende a asociación A Gentalha do Pichel (Compostela) están a difundir a súa figura.

O Apalpador é un vello xigante, de oficio carboeiro, que vive nas devesa das altas montañas. Na noite de Nadal baixaba ás aldeas para achegarse aos nenos e ás nenas que durmían. Caladiñamente, apalpáballes as barrigas para ver se os pícaros estaban ben alimentados. Logo de desexarlle que no ano vindeiro non pasasen máis fame, marchaba deixándolles unha boa presada de castañas quentes.

A tradición, recollida por José André Lôpez Goncález nas comarcas do Courel e do Cebreiro, reflicte a conexión desta figura con outras semellantes como o Olentzero, o Pai Inverno ou o propio Papá Noel. Algín cren que se trata dun costume de orixe pre-cristián que no seu momento debeu estar espallado por todo o país e que foi desaparecendo progresivamente.

Dende A Gentalha do Pichel animan a que se reintroduza esta figura para popularizala entre os máis pícaros.


4,82/5 (61 votos)


Comentarios (18)

cdrc #1 24/Decembro/2007 cdrc
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ola.

Intervenho de novo em Vieiros trás um longo lapso para comentar esta informaçom, da qual lera antes algo na página de chuza.org e na de agal-gz.org, onde está o artigo de Lôpez Gonçález:
http://www.agal-gz.org/modules....

Penso que é umha iniciativa correcta, positiva, que fomenta o autoctone frente ao imposto, e que nom se teria que circunscrever só à zona dos Ancares e Courel, senom ao resto da Galiza.

Mais Apalpador e menos Papá Noel!!!

CDRC

Garrano #2 24/Decembro/2007 Garrano
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ben pola Gentalha mais, non deberia levar monteira en lugar de pucha o Apalpador? Digoo, porque a parte da monteira non ter case que ningunha presenza nas manifestacións de cultura actuais,o personaxe lembra moito o Olentzero vasco, sobre todo se leva pucha. Se queremos que colla pulo a recuperación dunha nosa tradición, como moitas outras satanizadas polo fundamentalismo nacional-católico español (tizón do nadal, alumear o salgueiro, as malvas de San Xoan para a noite de Nadal...) debemos procurar uns rasgos iconograficos máis propios, mais identificabeis, que logo un neno non vaia tomar por Apalpador a calquera que vexa pola rua con pucha. Traballemos a idea en función das referencias da tradición oral e considerando que indumentarias coma a da pucha chegaron a GZ ainda en tempos relativamente recentes.

LuaNeghra #3 24/Decembro/2007 LuaNeghra
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Moi boa iniciativa, si. Hai tantas tradicións preciosas que perdemos neste Nadal cada vez máis American way. O feito de que a máxima preocupación fose que os cativos estivesen ben alimentados dá que pensar nesta era de caprichos, agasallos materiais e consumismo tolo.

axouxere #4 24/Decembro/2007 axouxere
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Que bonita iniciativa! Galicia está chea de historias e personaxes que non debemos deixar que caian no esquecemento. Paréceme unha bonita idea tratar de rescatar esta historia. Fora Papá Noel!

xviluba #5 24/Decembro/2007 xviluba
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

apalpador , apalpador, iste ano fun moi bo , a ver se medeixas as brosas e coitelos afiados que che pedín!!

adiante co apalpador!!

anacleto #6 26/Decembro/2007 anacleto
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pero ho! Onde imos cun vello que se mete nos dormitorios dos nenos e lles mete man polas noites (disque os "apalpa" para saber si están gordos ou fracos...)! Hai que reinventar outro que non sexa tan políticamente incorrecto.E o nome non vende nada, recoñezámolo!

galeguzo #7 26/Decembro/2007 galeguzo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#6 Pois anda que um velho obeso que se mete polas noites nas casas através da chaminé carregando num saco... Altamente suspeitoso, para lá de um mau modelo de saúde ;p

OBSERVADOR #8 26/Decembro/2007 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pois chama-lhe Pai Natal.

Há que ver como as tradições nossas são reduzidas a simples "contos politicamente incorrectos". Mas esse facto agacha razões não tão simples: as tradições são incorrectas desde que existe outra CORREÇÃO ou critério de correção.

O Apalpador, longe de querer qualquer mal, é o nosso Pai Natal porque vigia o futuro das famílias: o bem-estar das crianças, primeiras vítimas da fome nos tempos de carestia.

Alguns precisavam de um apalpador de mentes, por ver se enfraqueceram tanto com o Estado Politicamente Correcto EspaÑol, que avisos dão bastantes...

charino #9 26/Decembro/2007 charino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A iniciativa é moi bonita e a gentalha do pichel merece os nosos parabéns pero..: ¿que pasa se non temos un Papá Noel en Galicia?. nosa condición e ser consumdiores e con Gadis xa podemos consumir como galegos ¿Non chega con isto ou tamén temos que consumir (productos galegos por suposto)polo Samaín, e agora polo Apalpador. Ademáis a min ese nome cheirame a cura pederasta

charino #10 26/Decembro/2007 charino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Se un analiza a modo esta nova "figura da tradición" encontrase con certos elementos indiscutibles: a) as fontes sitúanse en O Courel, espazo montañoso, illado, e ideal para conservar as esencias precristiáns da nosa cultura, sen contaminación b)a súa reintroducción faise a través de Lisboa, o cal lle aporta unha plusvalía cultural inefable para todos aqueles que queren aproximarse ó País Irmao. Sen embargo, estes elementos aparecen desvirtuados polo debuxo: non pode levar boina, pois esta non se introduciu en Galicia ata ben avanzado o século XIX e menos levar zapatillas e fumar en pipa. Tampouco podería levar pantalóns nin chaqueta. O que se pintou foi un probe de pedir polos camiños. O debuxante debe esforzarse para facer unha figura mais esencial, prescindindo dos "elementos históricos". E todos debemos traballar arreo na creación dos novos mitos nacionais

xacataca #11 26/Decembro/2007 xacataca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Adiante Apalpador, a darlles no cu ao Papá Noel de Coca Cola e acólitos!

xacataca #12 26/Decembro/2007 xacataca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Por certo, charino. Menos criticar e máis traballar. Se non é polos da Gentalha non terías nen debuxo do que falar...

charino #13 26/Decembro/2007 charino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Xacataca, neso levo algúns anos pero sempre chamáronme folklorista.

BonKarallan #14 26/Decembro/2007 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pois anda que uns Reyes que atravesan as paredes e regálanche carbóns por ser republicano...

e ouro, incenso e mirra, pero para que carallo serve a mirra?
E o incenso?

Deixade o ouro e levádevos a outra merda.

OBSERVADOR #15 26/Decembro/2007 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Charino, estão a te dizer que o temos: é o Apalpador. E não é um obsesso sexual (o ladrão pensa que todos são ladrões...) senão um senhor que se preocupa pelos demais. Neste tempo de Natal deverias entendê-lo...

charino #16 26/Decembro/2007 charino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Di Roland Barthes que para que un mito funcione ten que ser como un cristal perfectamente limpo, que se vexa a través del sen que un déase conta de que o hai. Non é o caso do Apalpador. Soamente o coñecen dous vellos de O Courel e a gentalha do prixel.

furabolos #17 27/Decembro/2007 furabolos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#16
charino, hai dez anos sabías ti algo do Samaín?

charino #18 27/Decembro/2007 charino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Furabolos, Con ese nome non, pero na aldea de miña nai, cerca de Ourense, ata os anos setenta era costume valeirar as cabazas e poñelas polos camiños por defuntos. O do apalpador, parece ser mais unha tradición local, que xeralizada, con moitas incongruencias xuntas. E por suposto, a iconografía débese revisar completamente.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: