Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tempos Novos

Xestionado por Tempos Novos
RSS de Tempos Novos
TODO É PEIXE

E non habías calar, ho?

A cousa real anda nerviosa. A proverbial aquiescencia e equidade, o natural campechano e a discreción por antonomasia non atravesan o seu mellor momento. Un artigo de Leo F. Campos ilustrado por X. C. Hidalgo.

TEMPOS Novos - 11:10 26/12/2007

A cousa real anda nerviosa. A proverbial aquiescencia e equidade, o natural campechano e a discreción por antonomasia non atravesan o seu mellor momento. Que se "filipe" con caricaturas apenas uns meses despois de condenarmos moralmente aos árabes polo mesmo... Non che é igual cagarse en dios ca cagarse en diola. Tampouco cagarse na coronilla che é igual ca cagarse na corona.

A causa real é unha e a causa común é outra. Chaves para gobernar: os votos, escolleitos polo pobo. Democraticamente. Un coche perdido en inglés -one car lost- non foi escolleito polos seus dotes diplomáticos, non foi escolleito polos seus dotes políticos, non foi escolleito por... Franco? Directo, libre? Así quería eu este artigo. Non pode ser. Cando os símbolos importan nun estado máis ca os cartos, o capitalismo dá un perigoso paso cara a tras e á dereita. O lobo arregaña os dentes. Abaixo a dentadura. Perdón polas grallas, que son minúsculas.

Artigo publicado na edición impresa de TEMPOS Novos (nº 127, decembro de 2007)


4,9/5 (10 votos)


Comentarios (2)

BonKarallan #1 28/Decembro/2007 BonKarallan

Este rei é tan basto e ademais tan cabalo de "idem" que foi o primeiro en cantar as corenta no tute da baralla española.

COUTOVEN #2 31/Decembro/2007 COUTOVEN

Definitivamente o anacronismo da casa real é unha realidade ineludible e o peso da súa vacilante legalidade terminase por acabar coa mesma.

Por suposto, nalgunhas oportunidades tense que aceptar que o devandito que reza "Non hai mal que por ben non veña" ten certo grao de xustificación.

¿Por que no te callas? Nunca estiveron máis acertadas as palabras de Don Juan Carlos, xa que son as mesmas que millóns de venezolanos no anonimato dos seus fogares repiten con algunhas malas palabras incluídas. Cando o Comediante en Xefe Hugo Rafael Chávez Frías encadea a todas as televisoras e radios de Venezuela para as súas quilométricas alocucións semanais( poden ser varias a semana) onde se pode ver e escoitar de todo. Pero case sempre o mesmo. Non faltan os insultos a Bush e os seus maquiavélicas accións imperialistas. Loas, biquiños e carantoñas para Fidel. Un que outro conto da tenra infancia de Chávez en Sabaneta. Ofertas de tal ou cal misión ou algunhas das proféticas revelacións de onde saca cousas como os galiñeiros verticais ou os xardíns organoponicos. Non pensen que só Hugo fala, sempre hai algún intelectual invitado (se é estranxeiro mellor) que se desfaga en eloxios sobre as proféticas disertacións do novo libertador continental.

O problema é que Chávez cre que polo feito que en Venezuela poida pasarse horas de interminables ladaíñas sen que a ninguén se lle ocorra interromperlle. Pensa que pode facer o mesmo a canto país chega. Resulta que algunhas persoas non poden soportar uns poucos minutos da verborrea escatológica Chavista e aparentemente Juan Carlos ten pouca paciencia diplomática e non aguanto. E mando a calar ao pallaso máis grande e genocida que Venezuela teña na súa historia. Foi tan acertada a intervención de Juan Carlos. Que ninguén dixo nada. Chávez di que “NON ESCOITO” pero calo a boca.

De face ao acontecido vemos que as vellas monarquías ven o seu fin como produto do seu anacronismo e os aspirantes a monarcas tropicais morren como o peixe. Pola boca.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: