O procedemento acabará coa incomodidade e inseguridade das prescricións en papel antes do remate de 2008.
As 1.226 farmacias do país poderán empregar antes do remate de 2008 a receita electrónica. Isto será posíbel grazas a un acordo asinado entre os catro colexios provinciais de Farmacéuticos e o operador de comunicacións por fibra óptica R. O sistema fará que desapareza a tradicional receita en papel para a dispensación de medicamentos.
Os pacientes que acudan a unha consulta tan só terán que lle deixar ao médico a súa tarxeta sanitaria para que lles rexistre os seus datos e os medicamentos receitados nun sistema informático. As farmacias, dotadas de banda larga e interconectadas mediante unha rede colexial de telecomunicacións, poderán acceder á información de xeito seguro e inviolábel cando o usuario acuda a mercar a menciña.
As vantaxes do sistema de receita electrónica son evitar a falsificación ou manipulación dos datos da receita, controlar mellor a subministración de medicamentos xenéricos e evitar os apuros ocasionais de ter que descifrar a escritura do facultativo. O acordo entre R e os Colexios de Farmacéuticos ten unha vixencia de 3 anos e un orzamento de 4 millóns de euros. O operador dispón dun centro de datos de última xeración onde se aloxarán as aplicacións do sistema conectado ao Servizo Galego de Saúde, e habilitará un servizo de atención para resolver as posíbeis continxencias.
Para cando a liberalización das farmacias?. Sería bo rematar cunha estirpe de pijos privilexiados coma os donos das oficinas e os farmacéuticos no paro agradeceríano.
a liberalización das farmacias favorecería ós farmaceuticos en paro maís perxudicaría os cidadans que non vivisen nos cerca dos centros de saúde ou grandes nucleos urbans pois sería donde se concentrarían as farmacias, o que habería que eliminar e a herdanza das licencias para evitar estes privilexios
Mais privilexiados: Os taxistas, as funerarias, os loteros, os estanqueiros...
A liberalización das boticas é perigosa porque pode ocorrer o que di Sanquera, é dicir, onde non haxa negocio non poño botica. As farmacias son un servizo público e creo que debe seguir igual. O que hai que mudar son os ENORMES beneficios que teñen, pero o sector ten que estar regulado.
¿alguen se preguntou porque as multinacionais do medicamento tentan por todolos medios acadar a "liberalizacion" das farmacias? ¿por altruismo? ¿por beneficiar ós licenciados sen farmacia?... ¿alguen coñece como funcionan os modelos "liberados" en outros paises euopeos? ¿cantos licenciados en farmacia estan traballando por habitante? ¿por que no estado español temos un dos ratios de farmacias por habitante maior de europa?.. é moi doado seguir cos topicos de farmaceutico=pijo rico, farmaceutico=forrado.. ¿canto pensades que é o marxen de ganancias despois de impostos e "cesións voluntarias" ó sistema de saude?.. eu como titular dunha botica no rural de Lalín debo ser un pouco parvo porque doume con un canto nos dentes se consigo un marxen neto do 14%.. (ooohhh voume forrrraaar)
¡Claro que todo sector ten que ter e ten unha regulamentación! !claro que as boticas (concesion administrativa que da o estado a un licenciado para que realice un servicio) non deben ser transmisibles!... pero andar a falar de un tema so por visceralidade o unico que fai e dar forza ós argumentos que usan as multinacionais farmaceuticas para vir a facerse co control absoluto.. e se non o creedes, dadevos algunha voltiña por inglaterra por exemplo..
pd: penso que tamen deberiamos loitar polos dereitos dos licenciados en xeografia e historia (por exemplo) xa que deberian ter dereito a unha plaza de funcionarios do ministerio de educación e ciencia, porque para iso estudaron unha carreira..