Vieiros

As linguas suman
Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Acordo internacional

O Galeuscat deportivo, a prol da oficialidade das seleccións

Os gobernos vasco, catalán e galego asinan este sábado en Bilbo, antes do partido Euskal Herria-Cataluña, un manifesto pola proxección mundial do seu deporte.

Redacción - 11:45 27/12/2007

Unhas horas antes de que este sábado as seleccións de fútbol de Euskal Herria e de Cataluña se enfronten no estadio de San Mamés (Bilbo, Euskadi), os gobernos catalán, vasco e galego asinarán o primeiro documento conxunto a prol da oficialidade das súas seleccións para a proxección internacional do seu deporte .

O acto oficial contará coa presenza do vicepresidente do goberno catalán, Josep Lluís Carod-Rovira e da titular de Cultura do goberno vasco, Miren Azkarate, así como tamén, en representación de Galiza, a conselleira Ánxela Bugallo.

O manifesto, segundo informa o diario catalán Avui, salienta no seu punto número 4 as arelas das tres nacións para o seu recoñecemento deportivo pleno: "No marco da competencia exclusiva de promoción do Deporte van promover (Cataluña, Euskadi e Galiza) a participación dos clubs e federacións de seu ao máis alto nivel de competición e, se procede, a plena implicación das federacións propias nas federacións internacionais respectivas".

A colaboración entre as tres nacións tamén abrangue a cooperación para o fomento do deporte feminino, a promoción dos intercambios entre deportistas, clubs e federacións, o estabelecemento de futuros marcos competitivos entre os tres países, a mellora da formación deportiva, a promoción dos deportes tradicionais e a loita contra a dopaxe a todos os niveis.

Tres primeiras medidas
O Galeuscat deportivo, que se vai reunir dúas veces ao ano, ten previstas xa tres medidas concretas: Cataluña acepta a invitación de Euskadi para os Xogos Náuticos do Atlántico 2008, do que xa forma parte o noso país; Cataluña convida a Galiza á Rede de Países Deportivos, na que xa está integrada Euskadi; e as tres administracións fan público o seu interese por participar na segunda conferencia de Países Deportivos que se terá lugar en Cataluña en 2008.


4,69/5 (13 votos)


Comentarios (6)

Gaviotero #1 27/Decembro/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pues lo tienen claro...¿estos de Cataluña no son los que iban a jugar en octubre con Estados Unidos? ¡Jajaja! ¿Y Euskal Herria? ¿Qué coño es eso?

Breixo #2 27/Decembro/2007 Breixo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

"La ignoracia por bandera"
Euskal Herria significa "Pueblo Vasco". Unha cousa é non saber e outra ben distinta é non querer. Olla o seu Estatuto denantes de falar. Non se pode criticar sen ter unha base, e faltar por faltar, ou falar por falar, non serve coma base. Síntocho ben, pero con iste comentario quedaches moi mal.
A min de pequerrecho dicíanme que pensara denantes de falar. Eu dígocho agora.

ranciadas #3 28/Decembro/2007 ranciadas
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

BANEO XA DE VIEIROS DESTA GAIVOTA!!

luvas #4 28/Decembro/2007 luvas
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Hai que crear dunha vez por todas un torneo anual (a semellanza do "5 nacións" de rugby) e darlle continuidade no tempo. Se os clubes non ceden aos xogadores non pasa nada, hai outros, o caso e manter a tradición.
E nunca, nunca, debemos xogar contra combinados rexionais, sempre contra seleccións nacionais (con ou sen Estado).

Vaffanculo #5 28/Decembro/2007 Vaffanculo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Estes TROLLS...

dumiense #6 28/Decembro/2007 dumiense
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Temos que seguir loitando, estamos no bo camiño. O que era un soño xa non o é tanto.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: