Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ELECCIÓNS XERAIS

O BNG aposta polos rexedores para reforzar as candidaturas ao Congreso

A Executiva Nacional considera que a súa "experiencia" é a mellor arma para lograr un bo resultado en marzo.

Redacción - 11:09 28/12/2007
Tags: BNG Congreso

A Executiva Nacional do BNG aprobou este xoves as listas completas ao Congreso español, aínda que agora terán que referendalas as asembleas comarcais e o Consello Nacional, algo que se dá por feito. O máis resaltábel é a aposta do Bloque para que os cargos locais reforcen as listas electorais. A número dous pola circunscrición coruñesa vai ser a concelleira santiaguesa Elvira Cienfuegos; en Pontevedra este posto recae en Anxos Riveiro, voceira dos nacionalistas na cidade do Lérez; en Lugo a segunda praza defenderáa o alcalde de Monforte, Severino Rodríguez; e en Ourense será a actual vicepresidenta do Parlamento, Tareixa Paz.

Dende a executiva nacionalista sinalan que se tivo en conta a “experiencia” de moitos dos elixidos, o que explicaría a elección de tantos militantes con responsabilidades municipais.


Documentos

3,86/5 (7 votos)


Comentarios (3)

Gaviotero #1 28/Decembro/2007 Gaviotero

Tras una legislatura haciendo de alfombrilla del socialismo español, con la negativa a reprobar hasta en 3 ocasiones a la Ministra de Fomento, la del "Plan de Galicia de mier...", todo parece indicar que el BNG se quedará con un solo diputado, si es que no le ocurre como en el Parlamento Europeo, donde no logró ninguna representación.

ranciadas #2 29/Decembro/2007 ranciadas

Iso xa che gustaría a ti, pero o PP vaise dar unha malleira que xa verás.

Alberto #3 29/Decembro/2007 Alberto

esperemos que teñas razón ranciadas e que o PP baixe, pero témome que o psicopata de gaviotero vai ter algo de razón e o bng vai acadar uns non moi bos resulados...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: