O mensual Novas da Galiza publica unha reportaxe de investigación sobre o emporio de Amancio Ortega no que dá conta de supostas irregularidades.
A empresa galega Inditex é un dos proxectos empresariais máis importantes do mundo. Este mes, o xornal Novas da Galiza publica unha extensa reportaxe de catro páxinas na que analiza moi criticamente os vimbios cos que Amancio Ortega construiu o seu emporio. Na información, asinada por Hilda Carvalho, repásase os nomes das persoas chave de Inditex e a súa relación cos círculos económicos, políticos e incluso xurídicos.
Na reportaxe non faltan alusións, entre outros asuntos, a denuncias urbanísticas e a irregularidades laborais nas subcontratas. Dende esta publicación conclúen que o posicionamento económico de Amancio Ortega fai del unha persoa apenas coñecida e "intocábel" socialmente.
Facerse esta pregunta demostra o mal que vai a prensa. Se algun periodista pensa que Inditex NON ten nada que agochar é que non entende o funcionamiento do sistema capitalista.
Inditex, como CALQUERA EMPRESA CAPITALISTA, ten moito que agochar, e non son as relacions entre os seus donos e accionistas cos poderes, isto é o normal nun estado burgues, os respresentantes do estado fan parte da clase capitalista, ben como xestores, ben como socios.
O que Inditex agocha, como calquera empresa capitalista é que a súa expansion ten pouco que ver coa intelixencia dos donos, e moito coas leis do sistema capitalista: a explotacion dos traballadores, a taxa de mais valia, e demáis ideas expostas fai 150 anos por Marx, e desenvolvidas por Lenin no Imperialismo Fase Superior do Capitalismo.
Porque Inditex é o maximo exponente dese caracter imperialista do capitalismo actual (ainda que lle chamen "globalizacion").
O que realmente é insultante para clase traballadora e os pobos do mundo, é un sr. teña no seu peto máis diñeiro que todos os galegos xuntos (a exepcion de xente como el, como Jove, Jacinto Rey, Tojeiro, a Condesa de Barrie, é dicer, unha minoria).
Isto é o que debería ser noticia: a inxustiza que é que uns srs manexen máis diñeiro que calquer estado ou cdad autonoma.
Por ex., falase dos orzamentos da Galiza; mais, o sr Ortega ten tanto diñeiro como o orzamento de TODA Galiza. Isto é o insultante.
E o que é máis grave, a Xunta de "esquerdas", pon como exemplo de vida ista sr, ou apoia aos que anuncian "vivamos como galegos", os tojeiros.
Así que, recomendarialle aos periodistas, parafraseando o vello libro de "mais platon e menos prozac", máis Marx e menos neoliberalismo. O mellor fan algo interesante.
Apenas engadir um paralelismo a "un sr. teña no seu peto máis diñeiro que todos os galegos xuntos": Um dos santinhos que morrerom num hotel de luxo durante o tsunami da Indonésia de 2004, dispunha de capital máis que de avondo para mercar os dispositivos detectores que evitassem a catástrofe em vários estados do Índico(dispositivos que ainda muitos deles nom tenhem hoje). Do mesmo jeito, o peixe este cuida que tem a déveda saldada coas trabalhadoras de GZ doando catro computadores a um liceu de Arteixo. Socialismo ou barbárie.