Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
VARIEDADE DE FELICITACIÓNS

Feliz 2008, blogomillo

O 31 de decembro e o 1 de xaneiro sérvenlles de escusa aos blogueiras e blogueiras para expresar os seus desexos positivos de cara ao novo ano.

Redacción - 18:20 02/01/2008
Felicitación de O'Xirarei

Felicitación de O'Xirarei

Por unha vez houbo case unanimidade na bloguesfera galega, e practicamente non houbo ser humano dotado de bitácora que non empregase o seu espazo na rede para amosar os seus mellores desexos para o ano que comeza, 2008. Porén, cadaquén deixou a súa mensaxe dun xeito persoal e intransferíbel.

O vídeo vaise facendo paso cada vez máis como recurso parabenizador, como demostra Brétemas, que decidiu empregar o Don't Look Back in Anger de Oasis para expresar as súas beizóns, e logo recolleu as mellores SMS que recibiu no seu móbil. Tamén optaron polo vídeo Pawley, no seu caso un fragmento de Ninotchka de Lubitsch, ou As Gabarras, co Superheroe de Blood Filloas, no Xabarín Club.

Tamén son recorrentes, aínda que este ano menos, as postais. Temos como exemplos a que deixou Fran Alonso en Cabrafanada, a de O'Xirarei, desexando saúde, ou a feliZitación lixeiramente máis cargada de contido político de Blas García. Caufield optou por escribir un poema, e o centro de ensino Ronsel obsequiounos cunha uva.

A fin de ano tamén é o momento máis axeitado para facer balance e previsión dos 366 días (si, que o 2008 é bisesto) que quedan por diante. É o caso de Ghanito en Apocalipse do porco, ou de Iria Abelleira. Outro tanto, aínda que menos persoal, fai Julio Torres dende A Lareira Máxica. E, como sempre, os Pelachos fixeron das súas na derradeira noite de 2007.

Mencía cóntanos cal foi o seu menú para a Noitevella, mentres que Agremón, en Ribadeando, repasa as estatísticas de visitas á súa bitácora. Pola súa banda, Oko viviu a súa primeira fin de ano instalada en Euskadi.

Manuel Gago fai previsión das once tendencias tecnolóxicas do 2008 e saúdanos coas mans enchocolatadas. No outro estremo, Pavo y Pollo e O enigma Albixoi déixannos un sintético saúdo. Pecha este repaso O refraneiro, que dedica o remate do ano á palabra Compango.


5/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: