Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
INICIATIVA DO BNG PARA GALEGUIZAR OS XOGUETES

Os Reis Magos falarán galego?

O Bloque volve pedirlle á Xunta un maior esforzo para contar con bonecas, dvds e aparellos electrónicos en lingua galega.

Redacción - 18:00 03/01/2008

O BNG instou á Secretaría Xeral de Política Lingüística, a través dunha iniciativa parlamentaria, a que se adopten medidas prácticas dirixidas á galeguización de xoguetes e agasallos para os nenos. En concreto, o Bloque solicitou información sobre as xestións que ten previsto realizar a Xunta para que Galiza conte con bonecas que falen en galego, como acontece en Cataluña, para que se dobren vídeos e DVDs dirixidos a públicos infantís e xuvenís e para incorporar o idioma aos aparellos informáticos dirixidos aos máis novos.

Na súa intervención, Bieito Lobeira lembrou a importancia que adquiren os xogos e primeiras lecturas na aprendizaxe, de tal xeito que se se exclúe o galego das referencias e modelos que pode ter un neno, a infancia pódese converter "nunha boa escola de prexuízos lingüísticos, ao inculcar aos cativos a idea de que o galego é un idioma marxinal". Neste contexto, engadiu Lobeira, "é fundamental que estes criterios se teñan en conta, tanto polos pais nos agasallos como pola propia Secretaría Xeral á hora de posibilitar a existencia de xoguetes, filmes e leituras infantís en galego".

A Secretaría Xeral ofrece na súa páxina web unha lista de agasallos en galego para os máis pequenos, dende libros, roupa, e algúns DVDs e aparellos electrónicos.


5/5 (1 votos)

Comentarios (6)

BonKarallan #1 3/Xaneiro/2008 BonKarallan

En Venezuela os Reyes mandarán calar ao Mago de Chávez e non lle levarán agasallos. Ao duque de Lugo tampouco.

A min vanme a traer carbóns, porque queimei unha foto dos Reis Magos.

trapalleiro #2 3/Xaneiro/2008 trapalleiro

pois seica van secuestrar Retranca porque lles fixeron unha caricatura onde saen facendo un trío

LOIS_DE_SILAN #3 3/Xaneiro/2008 LOIS_DE_SILAN

O Bieito e mais o Bloque séguenlles facendo o traballo suxo ós galegoexterminadores conscientes: confórmanse con pedir parte para perdelo todo.

O galego ou está en todos os actos de comunicación ou non estará en ningún!

COUTOVEN #4 3/Xaneiro/2008 COUTOVEN

Feliz ano BonKarallan. Infórmoche unha cousa. En Venezuela motivado polo problema do hampa. Xa o reis magos convencionais non nos visitasen (Melchor, Gaspar e Baltasar).

En vista do anterior e por iso da XUSTIZA ROVOLUCIONARIA foron comisionados uns substitutos máis idóneos para bregar por estas terras. Son os TRES REIS MALANDROS MaleChor, BaAsaltar e BaAtracar.

pampeiro #5 4/Xaneiro/2008 pampeiro

Tódolos xoguetes están en chino !!! E paréceme cos reis magos non entenden un carallo de mandarín porque sempre me traen calquera cousa.

Barcelos #6 4/Xaneiro/2008 Barcelos

Haberá que pedirllo aos Reis Magos.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: