Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Acto en Lobios e Celanova

Cultura, lingua e sentimento: lembranza de Elixio Rodríguez

Non sería posíbel o "novo espertar" de Galiza sen xente coma Elixio, afirmou Anxo Quintana na homenaxe de quen fora un dos fundadores do Padroado da Cultura Galega e da súa revista, Vieiros.

Redacción - 09:30 05/01/2008
Elixio Rodríguez

Elixio Rodríguez

En xullo deste ano contámoslles da morte de Elixio Rodríguez, histórico galeguista de longa e e vizosa traxectoria, nado en Grou, Lobios, a comezos do século pasado. Aviador e coronel do Exército Republicano,foi membro das Mocidades Galeguistas e logo de peripecias diversas, moitos anos máis tarde formaría parte en México do grupo de persoeiros do exilio que fundaron o Padroado da Cultura Galega de México, a revista de radio Hora de Galicia ou a revista Vieiros.

Símbolo da causa galeguista
"Nunha época de sombras e escuridade, o exilio galeguista representou a luz da razón e do arte", reflexionou o voceiro nacional do BNG e vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, mentres recordaba a Elixio Rodríguez, e destacando que a Galiza exiliada da que el formou parte "desenvolveu un extraordinario traballo en favor da liberdade, do progreso e da convivencia democrática".

En palabras do líder do Bloque, a lembranza de Elixio é á vez unha homenaxe en contra do esquecemento e para que toda a sociedade, especialmente os máis novos, coñezan o seu legado e a vida deste home que fixo sempre da causa galeguista a súa bandeira, tanto en Galiza como fóra dela". "A súa vida foi a épica dun sobrevivinte e dun loitador pola liberdade e a democracia do país", subliñou Quintana.


4,55/5 (11 votos)


Comentarios (3)

El_pastorrr #1 5/Xaneiro/2008 El_pastorrr

Espetáculo o acto e espetáculo a xente que deixou pequeno o salón de actos.

carmu #2 5/Xaneiro/2008 carmu

Homes como Elixio merecen que se enchan esta e moitas máis homenaxes

luisfoz #3 6/Xaneiro/2008 luisfoz

Muito sentim nom poder assistir aos actos que honrárom a memória de Elíxio. Foi um dos mais importantes companheiros de Luís Soto, hoje tam esquecido, no trabalho de luitar por um galeguismo progressista e aberta que soubo enlaçar com o novo galeguismo representado pola UPG. Tivem o prazer de compartir mesa com el e com a sua companheira, que tanto deve sentir a sua ausência. Em Santiago e na sua casa de Bande tivemos amplas conversas nas que me falava da sua experiência vital como galeguista. Elíxio nunca pertence à UPG; dizia que nom era comunista, apenas galeguista; mas sempre colaborou activamente com Velo e Soto sabendo que eles si o eram. Dizia-me que Soto era o motoir, que os demais eram bons mas que sem Soto nom se poderiam ter feito cousas como "Vieros" e o "Padroado" nom seria o que foi.
Glória ao irmao ilustre e condolências para a sua viúva, companheira de vida e de luita pola libertaçom da Galiza.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Portada do número 1 da revista Vieiros, que impulsou Elixio Rodríguez dende o Padroado da Cultura Galega de México
Portada do número 1 da revista Vieiros, que impulsou Elixio Rodríguez dende o Padroado da Cultura Galega de México
Elixio Rodríguez, nunha das súas últimas visitas a Galiza
Elixio Rodríguez, nunha das súas últimas visitas a Galiza