Suman un total de 40 mil en situación legal. Os sindicatos din que hai moitos máis, "sen papeis", moitas veces "explotados" e sen acceso a axudas.
O pasado mes de novembro comezaba cun total de 40.913 traballadores afiliados á Seguridade Social. Á beira, os estranxeiros con certificado de rexistro ou tarxeta de residencia en vigor, colectivo no que se enmarca tamén aos emigrantes retornados, en 13.743 persoas máis no último ano, cara a un total de 72 mil, con datos neste caso só até o mes de setembro incluído.
Segundo as cifras do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, do total de traballadores estranxeiros afiliados en Galicia case o 75% concéntranse nas provincias d'A Coruña e Pontevedra. A maioría traballan no sector da construción, seguido da hostalaría, industrias e manufacturas e, en menor medida, outros empregos, como servizo doméstico, comercialización de produtos, e outras actividades.
Con eses números, e segundo fontes da Consellaría de Traballo, a Xunta dá por "cumpridas" as expectativas en canto ao obxectivo de incremento de traballadores estranxeiros en situación de afiliados á Seguridade Social, e que se marcou no 70% para 2009 (o 2007 pechouse con máis do 50%), e tamén en canto ao incremento de poboación co retorno de emigrantes, que se estimou en 16 mil persoas ao final do ano pasado. No documento da mesa de Diálogo Social figura como obxectivo até o ano 2009 lograr un incremento de poboación de 82.500 persoas (entre retornados e outros inmigrantes) e no ano 2007, fixouse como obxectivo a volta de 16 mil galegos, de modo que se considera lograda esa meta, xa que a tres meses de rematar o ano quedaban menos de tres mil persoas para alcanzar esa cifra.
Marxinación dos "sen papeis"
Malia as cifras anteriores, os sindicatos alertan de que unha grande parte da poboación estranxeira queda "fóra" dos programas de inserción socio-laboral e outras axudas, mentres que colectivos como os estudantes doutros países tamén a atopas con numerosos problemas para acceder ao mercado laboral.
Así, a coordinadora da oficina de Migración da CIG, Laura Bugallo, recordou que o principal problema ao que se enfrontan os traballadores estranxeiros "segue sendo a consecución dos papeis que lles permitan regularizar a súa situación". Nese sentido, explicou que a poboación inmigrante que queda "fóra das cifras oficiais", padece moi frecuentemente situacións de "explotación, abuso indiscriminado e mesmo escravitude", en sectores como a hostalaría, construción e servizo doméstico, no caso das mulleres, que han de sufrir unha "dobre discriminación, por ser muller e estranxeira".
Ao non estaren en situación de legalidade, estes homes e mulleres non poden optar a programas de formación, e se poden facelo, "non teñen tempo para dedicar varias horas diarias a un curso". No caso de axudas de tipo social, coma o cheque-bebé, deben acreditar que levan no Estado español cando menos 2 anos, aínda que si é máis doado que reciban axudas para a escolarización dos menores.
Perfil dos traballadores extranxeiros
Tanto a representante da CIG como a responsable do Centro de Información a Traballadores Estranxeiros (CITE) de CCOO en Vigo, Marta Albaladejo, coinciden en sinalar que o perfil de inmigrante que chega a Galiza nos últimos anos cambiou.
Albaladejo explica que os inmigrantes pasaron de ser maioritariamente homes novos africanos, que se dedicaban á venda ambulante unha vez instalados nas cidades, a seren traballadores latinoamericanos, moitos deles mulleres, que se asentan en Galiza como consecuencia dos fenómenos de reagrupamento familiar. De feito, "chegan tendo xa un sitio onde se aloxar, e moitas veces tamén un traballo conseguido por un achegado".
Laura Bugallo tamén recalcou que o perfil do inmigrante na actualidade é o dun cidadán latinoamericano, de idade media comprendida entre os 30 e os 35 anos, "cualificado académica e profesionalmente" e, na maioría dos casos, "con experiencia laboral".
Este é un tema realmente importante e é útil que se ventilen realidades que dependendo como sexan manexadas pode xerar grandes beneficios á nosa comunidade ou pola contra transformarse nun grave problema de desemprego, subemprego e deterioración dos servizos públicos.
Se de algo poden presumir os galegos de antes, é da súa vocación de emigrantes. Que condicións tan negativas de vida tiveron que vivir para abandonar unha terra á cal non pasa un só día sen que sexa dedicado un recordo á mesma.
Logo disto fai falta preguntarse moitas cousas. Está Galiza en capacidade de absorber máis man de obra na área de servizos sen que isto signifique o envilecemento do emprego?
Están os servizos sanitarios en capacidade de absorber unha poboación cun nivel de contribución á mesma potencialmente diminuído? E isto sináloo en función a que os emigrantes adoitan tolerar condicións salariais e laborais inferiores aos habitantes tradicionais dunha comunidade. Como se comprenderá iso tradúcese en falta de achegues á seguridade social pero a demanda estaría aí e tería que brindarse a resposta.
Por outra banda. Ata os momentos apréciase segundo o texto, unha modificación do perfil do emigrante á nosa terra. Primeiro Africanos, logo latinoamericanos moitos deles baixo a figura de reagrupación familiar. A idade aumentou do mesmo xeito que o nivel educativo e de experiencia laboral.
Atendendo a todo o dito anteriormente e de face aos fenómenos políticos que afectan a países latinoamericanos onde a emigración galega foi importante nas década dos 50 e os 60. Que ocorrería na economía galega e de forma moi especial no espectro laboral, se os que outrora emigraron en número de miles. Hoxe retornasen coas súas familias nun número moito maior?. Destacando, que gran parte destes retornados non serán os flamantes indianos con petos cheos de diñeiro co cal presumían e ata ofendían. Pola contra, gran parte serán familias empobrecidas, talvez con membros novos con estudos e experiencia laboral e os flamantes mozos que abandonaron Galiza no pasado serán seres avellentados e sufrindo os padecimentos propios da terceira idade. E se a todo o anterior sumamos as modificacións no código civil con respecto á nacionalidade dos netos. Habería que preguntarse. Non existe o risco dunha avalancha de emigración que afogue a economía galega?.
Isto ten que ser considerado por todos. De forma moi especial por xornalistas, intelectuais, medios de comunicación e os partidos políticos, á hora de interpretar as políticas fascistas disfrazadas de socialismo que algúns países latinoamericanos padecen. Nalgúns casos non só limítanse a non informar, senón que cando o fan, non escoitan nin buscan o punto de vista da comunidade galega que fai vida neses países e que coñece en carne propia a súa realidade. Isto é particularmente certo en Venezuela. Cando un le os apartados destinados a este país en VIEIROS do menos que se fala é da comunidade galega no mesma. E se damos por certo o que VIEIROS indica en “Que é Vieiros?” “UNHA GALIZA MODERNA, ABERTA A PORTUGAL, FEITA DENDE O EXILIO E A EMIGRACIÓN PARA UNHA COMUNIDADE ÚNICA DE GALEGOS NON MUNDO?. Dámonos conta que isto só é válido para gran parte dos apartados do medio informativo, pero para nada no dedicado a Venezuela.
É bo que o pobo teña memoria e coñeza ben a cara das persoas que defenden réximes de dubidosa moralidade. Que o día de mañá non se escondan ou digan que estaban equivocados cando miles de emigrantes retornados abarroten os organismos de atención social e os seus fillos compitan deslealmente polos postos de traballo nunha galiza de todos pero onde non podemos estar todos.
Despois de ler o teu comentario, Coutoven, non se con dificultades motivadas polas grallas, deime conta de que tes certa obsesión con Venezuela e que a conclusión á que chegas non ten relación co artigo.
Polo ben da comunidade, escribe con adecuación: corrixe a redacción e procura cinguirte ao tema dos artigos.
Grazas.
Concordo no obsesionado e xa foi advertido máis veces do asunto.
Outra pérola é a de que *s galeg*s TEMOS VOCACIÓN DE EMIGRANTES. Pero de ónde tiras semellante barbaridade?! Emigramos porque NON DECIDIMOS NÓS NA NOSA TERRA, E POR ESO NON DÁ TRABALLO PARA TOD*S, porque en maior parte, estructuralmente, a política decídese e proxéctase no esencial noutro lugar, fora dea Galiza, como todos sabemos -ése do que temos a OBRIGA de saber e utilizar, queiramos ou non, o seu idioma, bandeira, exército, goberno, institucións, etc.
A emigración, inmigración exterior a GZ e á Península, xogará o seu papel cara á toma de decisións na nosa propia Terra, que obviamente tamén, non ten o mesmo idioma que a maioría de inmigrantes.
Refírome á inmigración chegada á GZ, aparte dos posibles retornados, que teñen dereito e son outro cantar.
Tamén é de interese pór en destaque que o día 2 de xaneiro, e xa ven sendo cada mes ben habitual, na porta do INEM había colas de máis xentes qsue nunca, cecais en relación tanto co fluxo inverso económico como pola presenza de emigrantes a baixo salario (que lóxicamente para eles é moito, partindo desde a nada, claro).
Sr.ROI_BATTI, Realmente vostede cre iso que o articulo non ten nada que ver con Venezuela. Saiba que logo de Arxentina e Mexico foi Venezuela un dos polos de emigración máis importante da comunidade galega. Se vostede analiza o artigo darase conta que existe unha variación no perfil do emigrante cara a Galiza. Pasando dunha poboación predominantemente moza e proveniente de áfrica a unha de corte iberoamericano cun compoñente de reagrupación familiar. De seguirse deteriorando as condicións de vida en Latinoamérica e de forma particular en Venezuela. Onde cre vostede que irán estes emigrantes dos anos 50 e 60 e os seus descendentes. Os primeiros, moitos da terceira idade puidese comprometer un esquema sanitario financiado polos residentes galegos actuais e os seus descendentes poderían eventualmente competir coa man de obra local e aumentar o desemprego. E se cren que as colas do INEM son longas, verá como aumentan e a cara que porán moitos ao darse conta que hai persoas dispostas a traballa pola metade do soldo.
Con respecto á redacción. Seguro para vostede será moi fácil ler, falar e escribir en galego. Por desgraza a meus 47 anos de vida non me foi posible estudar en galiza e seguramente vostede saberá que en Venezuela fálase e escribe en castelán e o uso do galego é netamente de corte conversacional e nos grupos que manexamos este idioma. Moito máis difícil é escribir no noso idioma de forma regular. De todos xeitos se vostede non entende algo, teña por seguro que se pregúntao se aclároo. Rógolle que comprenda as limitacións idiomáticas dos galegos da diáspora.
Con respecto a ceñirse ao tema, creo que isto é relativo. Estamos falando de emprego, emigración e a diferenza dun foro académico leste é un foro aberto e a amplitude dos temas danlla os que desenvólven e quedase neles a potestade de ver ata onde chegar. De tal maneira que á igual que nun xantar ou a música vostede toma, usa e goza o que gústelle e simplemente rexeita o que non lle pareza agradable ou procedente. Se a vostede non gústalle o sinalado por min. Pode non lelo, pode criticalo. Para que poñerle límites ás ideas?
Saúdos e feliz ano señor ROI_BATTI
Mire ECOE non advirte quen quere senón quen pode. Advirte vostede e cantos máis?
Eu expoño os meus puntos de vista dentro dos meus coñecementos e as miñas limitacións. E nin sequera o propio medio VIEIROS advertiume ou limitoume en nada. Sabe por que? Talvez porque non ofendo. Expoño os meus argumentos e trato no posible de brindar argumentos contrastables e comprobables.
De tal xeito que creo que lle quédalle moi grande a camisa de sensor. E se quere criticar lea ben primeiro e por favor non pase de inmediato a analizar e a descualificar.
Feliz ano 2008 señor ECOE