Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Carreira cara á Casa Branca

Clinton gaña en Nova Hampshire: as enquisas andan á pita cega

Malia que as sondaxes daban unha vantaxe de 10 puntos ao candidato demócrata, Hillary impúxose cun cambio de estratexia. John McCain gañou nas filas republicanas.

Redacción - 10:00 09/01/2008
John MacCain levou o rato ao fol do lado republicano

John MacCain levou o rato ao fol do lado republicano

Con todas as enquisas en contra, Hillary Clinton gañou as primarias demócratas (tamén coñecidas como caucus) no estado de New Hampshire, nas que foi elixido do lado republicano John McCain, quen regresa con forza á carreira presidencial que tivo que abandonar no 2000.

A vitoria da senadora sorprendeu mesmo aos membros das súas propias filas, dado que as sondaxes previas afirmaban unha contundente vitoria do senador de Illinois, Barack Obama, gañador dos caucus de Iowa a semana pasada (onde as enquisas daban gañadora a Hillary).

Mais a ex primeira dama logrou reverter esta tendencia de voto, axudada pola imaxe, moito máis humana e cálida, que deu nunha pequena reunión con amas de casa unhas horas antes da apertura dos colexios electorais.

Ao final, Hillary Clinton fíxose co 39% dos votos de New Hampshire, seguida de Barack Obama co 36%, e o ex senador John Edwards, cun 17% dos votos.

Pola súa banda, o senador Barack Obama felicitou ao seu rival demócrata pola vitoria. No entanto, prometeu que continuará con maior forza a súa loita pola candidatura presidencial.

No lado republicano, o veterano senador republicano John McCainun -un ex prisioneiro de guerra que é partidario do mantemento das tropas en Iraq- alzouse coa vitoria, co que se coloca no pelotón de cabeza da carreira electoral.


Ligazóns

5/5 (1 votos)


Comentarios (2)

baltar69 #1 9/Xaneiro/2008 baltar69

resulta aberrante que abran os telediarios ca información da distribución de 67 papeletas nunha aldea de new hampshire e ahora parece que vieiros súmase o festín informativo a falta de cousas mellores que someter os escribas. sopoño que todo esto será unha maniobra de zapatero para apuntalar a súa campaña, logo de que o pepé o teña acusado de deriva na política internacional, pero si aquelo era deriva, esto, amigos, é zozobra.

bandua83 #2 9/Xaneiro/2008 bandua83

Grazas!. Hillary é o máis cercano á esquerda que hai nestes momentos na carreira (e dígoo en serio, o de Barack é só posturín, todo oco, e Edwards é un liberal cruzado en contra de certo tipo de industrias, non un esquerdista). Ida así, sendo un sistema bipartidista e de elección indirecta (vexase, colexio electoral) xa o sistema de por si é pervertido e todo isto non é máis ca unha pantomina.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: