Prestou declaración no Xulgado de Bergara para dar unha versión diferente á oficial.
Unha persoa que presenciou a detención de Igor Portu e Mattin Sarasola o pasado domingo asegura que durante os arrestos os presuntos membros de ETA non opuxeron resistencia. Segundo a testemuña, que declarou no Xulgado de Bergara, as detencións producíronse entre as 10 e 10.30 horas. Este cidadán afirma que cinco patrullas da Garda Civil dirixíronse a dous montañeiros que baixaban dun monte próximo. Logo de rexistrarlles as mochilas e atopar as pistolas foron esposados e introducidos nos vehículos.
A testemuña asegura que decidiu acudir á xustiza ao ver que nos medios de comunicación se afirmaba que un dos detidos resultara gravemente lesionado durante a detención, algo que este cidadán nega rotundamente.
Poden ver na edición dixital do Gara a noticia e a declaración íntegra da testemuña no xulgado.
vaia, ho. sopoño que será un do entorno, como dín na tele; do entorno de eta/batasuna e iría o xuzgado a amolar, por que xa vai case para catro anos que rubalcaba dixo aquelo de que " los españoles se merecen un gobierno que no les mienta". e dende entonces non se contou ningunha bola, ou sí?
Menos mal que hai xente valente neste mundo.E menos mal que hai medios tamén valentes e profesionais que saben o que debe ser publicado.Non sei como Garzón e Cia non clausura o Gara por este tipo de información.Pena polo resto da clase periodística do estado español que dá un pouco de vergoña axena.
O xornalismo español, case todo, é dun noxento lixo. Xa non hai xornalismo de investigación, morreu e a maioría dos xornais son dunha extrema dereita que non é nin acorde coa cidadanía.
Exemplos a moreas: Faro de Vigo, La Opinión, La Voz de Galicia, COPE, El País, La Nueva España, La Razón, El Mundo, Abc, etc., etc. Moitos deles deberían estar na cadea.