Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
'Universidade popular: Escola de Direito', en Vigo

Ceivar organiza un curso sobre dereitos legais dos cidadáns

Dende cal debe ser a actuación policial nas rúas até algúns dos delitos tipificados, pasando polas garantías das que legalmente gozan os detidos.

Redacción - 14:10 16/01/2008

Ceivar organiza en Vigo un curso de catro xornadas de duración dentro da súa Universidade popular: Escola de Direito, que se van desenvolver no Centro Social A Revolta.

As clases comezan o vindeiro venres. Analizarase nesta primeira sesión, entre outras cuestións, o Dereito á liberdade e A actuación policial nas rúas (detención, retención, cacheos, identificación, as garantías, o habeas corpus)

O sábado terá lugar a segunda xornada. Procesos penais (xuízos rápidos, xuízos de faltas, procedemento abreviado); e Recursos (reforma, apelación, queixa, casación, amparo) serán os temas a tratar.

O venres, 25 de xaneiro, falarase da Lei orgánica de seguridade cidadá (o dereito a reunión, a manifestación, a concentración; ordenanzas municipais), da Lei de vídeo-vixilancia e da coñecida como Lei Corcuera.

Por último, o sábado, 26 de xaneiro, Os delitos (desobediencia, atentado, resistencia, inxurias, detención ilegal) formará parte da palestra da derradeira xornada da Escola de Direito.

O horario das clases é de 20.00 a 22.00 horas, os venres, e de 11.00 a 14.00 horas, os sábados. As inscricións para o curso pódense realizar no Centro Social Faísca (rúa Toledo) e no Centro Social A Revolta (rúa Real, lugar das clases), a un prezo de 2 euros por sesión.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: