Reafirmou o obxectivo de acadar a transferencia de Salvamento Marítimo.
"O BNG quere que Galicia sexa recoñecida como nación dentro do Estado español, recoñecido este como Estado plurinacional", afirmou Quintana nunha entrevista publicada este domingo en Faro de Vigo. O voceiro nacional do BNG engadiu que o proceso de autogoberno é "un proceso dinámico, que consiste en que aos poucos o país vaia tendo maiores capacidades competenciais". Deste xeito Anxo Quintana descartou unha consulta popular sobre a autodeterminación de Galicia, semellante á anunciada polo lehendakari Juan José Ibarretxe para 2008, porque o BNG "non é unha forza independentista, senón nacionalista".
O vicepresidente da Xunta reafirmou o obxectivo de conseguir as competencias de Salvamento e Seguridade Marítima debido a que "parece máis lóxico organizar o salvamento marítimo desde aquí e non a mil quilómetros de distancia". "Estaremos mellor preparados para afrontar unha catástrofe", puntualizou. Así mesmo, incidiu en que un dos obxectivos do Bloque é "frear o proceso de recentralización no ámbito territorial, de involución democrática e de regresión social que está propondo o Partido Popular", xa que "as ideas que está preconizando o señor Rajoy son tremendamente prexudiciais para Galicia".
Já o sabíamos... Quer dizer, o BNGa é nacionalismo moderado. Isso, como me disse D. Jenaro Marinhas numa ocasião, é como estar moderadamente prenhe ou embaraçada: Como pode ser um embaraço moderado? Alguém poderia explicar?
Anxo dice: "un proceso dinámico, que consiste en que aos poucos o país vaia tendo maiores capacidades competenciais"
--E todo iso para que? Senón queremos independencia, para que gastar cartos na Xunta se xa temos o goberno español?
Anxo Quintana descartou unha consulta popular sobre a autodeterminación de Galicia, semellante á anunciada polo lehendakari Juan José Ibarretxe para 2008, porque o BNG "non é unha forza independentista, senón nacionalista".
--Eu son nacionalista e precisamente por isto son independentista: unha nación, un estado na UE. Por outra parte, a consulta de Ibarretxe non é independentista, é "autodeterminista" (non sei se esta verba existe). Anxo Quintana non quere que os galegos decidamos o noso futuro? Tanta carallada para que finalmente sigan a decidir por nos os andaluces? Pois entón, apaga e ímonos.
Eu non sei en que pensan estes do BNG... semellan os de TeGa: "somos nacionalistas pero con sentidiño". Haberá que votar á FPG... se os independentistas votamos FPG, acadaremos un escano no Parlamento Español.
Non entendo moi ben.
Non entendo as "charlas" do Día da Patria e todas esas parvadas dentro do BNG berrando o mesmo de tódolos anos: "Galiza nación, autodeterminación". Qué carallo pasa? Que o BNG é autodeterminista o 25 de Xullo e para Vieiros, ANT e despois para as entrevistas en xornais españolistas e/ou españois é unha forza que "quere que Galicia sexa recoñecida como nación dentro do Estado Español, recoñecido este como Estado plurinacional"?
Dende cando lle importa a un nacionalista galego o sistema de goberno que teña outro Estado, aínda que sexa España? Non é o obxectivo de TÓDOLOS nacionalistas obter o dereito de autodeterminación?
Moito nacionalismo de "esquerdas", moito Galeuscat, e o BNG fica por detras de PNV e CiU nesta cuestión... máis lles vale andar con ollo...
Por certo, que opinan Galiza Nova, Isca!, MPB, a UPG e demais partes independentistas/autodeterministas do conglomerado bloqueiro?
hohohoho....é que resulta que a Quintana o colocou aí a UPG. A UPG muita bervorrea, e afinal...
Galiza Nova, enfim, um cadáver...
Isca! e MPB...bom...aguardemos a sua reacçom...
Sería un intre de desconcerto quintanista, tamén o outro día Losada dicindo "España" na TVE. Pero que fai certo nacionalismo? Porque moitas bases do BNG son independentistas. A algún haberá que lle lembrar certos principios do nacionalismo galego de sempre. Ou é unha pose electoral no dereitista Faro de Vigo?
Pois Quintana non quererá poñerse moi "antisistema" pra que ó BNG lle vote máis xente, de feito cando máis deputados no Parlamento tivo(17)foi cando Beiras dixo que o Bloque era socialdémócrata...
Algunha xente escoita falar de independentismo e éntralle algo de canguelo,pensan que vai haber outra Guerra Civil ou algo así...
O BNG sempre foi hispanófilo, o que se passa é que alguma militância ainda não se inteirou.Ao Quintana há tempo que o conhecemos, chega relembrar certos detalhes de quando presidia a Câmara Municipal de Alhariz, quando convidou ao fillo do Rei de Espanha; ou quando lhe encomendou a Agustin Ibarrola, anti-nacionalista ferrenho, pintar com tinta os pinheiros dum parque de Alhariz.O imaginário que tem este homem é o imaginário que pode ter qualquer "espanhol".Independentismo?. Este homem nem sabe o que é.Já veredes as parvoíces que dize nos comícios da próxima campanha eleitoral. "Ter força em Madrid e votar nacionalista porque levamos á Galiza no coração". Eis o seu ideário, tal qual TeGa ou "Coalición Galega".Patético.
Aos que comentan da gusto velos,cantismo sabedes de todalas cousas,coas vosas ç que no VOCABULARIO GALEGO NON EXISTEN,con palabras portuguesas.....
Sodes patéticos,e díoo un idependentista bastante desanimado coas novas xeracións "radicaloides" que xogan ser vasquitos... tempo o tempo
B.N.G=DECEPCION!!!
é unha vergoña...confiemos en q a base independentista q existe no seo do BNG poida conseguir o outro Bloque, q é posibél.
#8 Obrigado pelo de 'novas xeracións'. O de 'radicaloides' sobraba. As doses de telejornal de Antena 3 fam estragos, ou isso parece.
O de patéticos tambem sobra, porque não sabes em absoluto com quem falas. Pelo facto único de que uma pessoa escreva galego com padrão português ou com normativa da RAG, não devera (em pessoas que se tenham por demócratas) ser elemento de medição don nivel de patetismo.
Pelo que se refire as declarações do Quin, a mim resúltan-me satisfactórias, sempre e cando lhe sirvam para ganhar votos (espero que não erre no cálculo). Sirve-me ademais para confirmar que não votarei ao BNG (Nós-up paréce-me boa alternativa, a falta de novas de Causa Galiza). Espero que tambem mais 'descontentos e descontentas' colham o mesmo caminho e acade representação (nas nacionais, nas estatais suponho que não :-)) o independêntismo de esquerda.
Precisamos de duas forças 'galeguistas' (deixemo-lo nessa definição) para avançar cara a autodeterminação.
Respeito a Causa Galiza, imagino que não sairam à palestra nesta convocatória (e moi pouco proclível para acadar um resultado ilusionante), mais por mim bem o poderiam fazer. Alguem sabe algo??
A pesares das verbas de Quin sigo a confiar nos sectores independentistas que hai no Bloque.Eu son nacionalista e independentista !!!
Certamente aquí hai unha confusión de termos. Nacionalista é o que exalta á súa nación. Independentista é o que busca a independencia. Non vexo que sexan sinónimos, se asumimos que hai nacións non independentes no mundo. Por exemplo un reintegracionista coa pancarta "Galiza-Portugal: uma só naçao" é nacionalista (portugués ou galego-portugués), pero non é independentista, é unionista.
eu son independente, por iso nunca chegaria a nada no bloque
son independentista mais do que nacionalista, por iso agardo un pebliscito quebequián na galiza.
carod-rovira traza linhas interesantes...
Todos sabedes que iso dise para acadar votos dos moderados. E díxoo precisamente en Vigo, na cidade galega de máis povoación, onde o BNG chegou a acadar os 40.000 votos.
Segundo os seus estatutos o BNG é soberanista (é dicir autodeterminista). Ser independentista, rexionalista, federalista, centralista, etc.... son todas opcións que se enmarcan dentro do termo "soberanista"
Claramente dío pra gañar votos entre o público moderado, é normal que neste tipo de entrevistas non fale tanto de nación, e autodeterminación, e máis de pragmatismo e moderación (ainda que non me parece ben de todo, nin concorde cas súas ideas, pero en canto a marketing político, paréceme lóxico).
Pero este Quintana escoitou falar da AUTODETERMINACION, é dicer, a posibilidade de escoller entre a independencia, a federación, a confederacion ou a integracion.
Ou é un ignorante politico de moito cuidado, que non sabe que a AUTODETERMINACION non é INDEPENDENCIA, SENON QUE É A CAPACIDADE DE DECIDIR O NOSO FUTURO, ou é un demagogo, que MISTURA conscientemente ambos termos, para xustificar a súa "conversion" o rexionalismo.
O quê é isso dos sectores moderados? Os sectores moderados de quê? de quem? Parece-me a mim que, muito sobar o retrtato de Castelao, mas esquecemos aquela máxima do velho que era a de que mais valia umha consciência do que mil votos. Prefiro um só voto conseqüente que dez mil circunstanciais. A tomada do poder é importante, mas há outras vias nas que desenvolver o teu projecto nacional e social. Conseguir o poder a costa de reduzir estas duas cousas, é converter-se em tontos úteis do espanholismo.
#17: concordo plenamente - assim o único que se fai é criar desassossego ou, no mínimo, instabilidade nos eleitores.
Parece mentira que Anxo Quintana desconheça os estatutos do seu próprio partido.
El poder corrompe y los politicos cuando "pillan" poltrona se olvidan de sus ideas (si es que alguna vez las tuvieron).La bandera gallega ya perdio la estrella roja con los dirigentes de este "moderado" y apoltronado BNG
Moito criticar ao quintana,eu son independentista mais a realidade e que na galiza entre nacionalistas e independentistas somos un 18 por cento;Como pensades achegar o outro 80 por cento?.Eu creo que a "moderacion" da que fala o quintana vai nese sentido
Un 18%? Eu son independentista pero non voto ao Bloque. En que porcentaxe entro? Coido, francamente, que en Galiza somos galeguistas a meirande parte, doutra banda, até o de agora, só unha porcentaxe moi pequena se declara independentista, o 3% ou 5% se cadra? De calquera xeito, falo máis cun ton interrogativo que de afirmación.
Un saúdo
Bem Quim, segue sincerando-te. Ganha os teus votantes à direita e perde-os à esquerda.
Não era necessário que o aclarasses, porque há tempo que está claro:
- O BNG é um partido (que não fronte) regionalista e espanholista.
- O BNG não tem qualquer projecto para Galiza além do status quo actual.
- O BNG é rupturista com o galeguismo histórico, as homenagens a Castelão e demais são pura hipocrisia.
- O BNG não é democrático nem representa ao povo. Um partido democrático nunca poderia negar um referendum. Menos ainda uma consulta não vinculante.
PD: Falando de competências e conquistas para Galiza, num momento de descentralização (por privatização) do estado espanhol, o outro dia vi no telejornal uma placa dum edifício que inaguravam. Ponhia "Agència Tributária de Catalunya".
Vós venha a enganar-nos com o de "somos pobres" e necessitamos ser subvencionados. Sem o estado espanhol não só poderiamos viver, senão viver muito melhor.
Para mim o conto da autodeterminaçom vai assim. Um médico di-lhe ao paciente; olha, tens cancro. O teu é cancro, e nom umha gripe como pensávamos. A soluiçom está na quimioterápia. O paciente pode negar-se a receber quimioterápia, é mais, pode negar-se a aceitar que tem cancro porque lhe resultará mais tranquilizador pensar que tem gripe e que há de sanar com aspirinas. É livre de fazê-lo, mas assim nom vai curar, obviamente.
Pois com o povo galego, igual. Pode seguir auto-enganando-se, pensando que o problema está em ter mais autoestradas, mais AVEs e mais nom sei o quê, mas o problema fundamental segue a ser a falta de soberania política.
Imos ver, a Galiza é a que é. Se a um pais eminentemente rural e avelhentado, que vota (e votará)ao PP ou aos caciques de turno maioritariamente (sem obviar tampouco a desídia extendida em grande parte da mocidade actual, esses que nacerom a fins dos oitenta entenderam-me) lhe chegas co conto da independência volvemos á marginalidade social da que se pretendeu fugir num momento dado. Se um partido quere governar, porque só assim poderá ponher em práctica o seu ideário esquerdista, como é o caso do BNG (que por suposto nom é ningumha panacea), o menos que pode fazer é adaptar o discurso ao destinatário ao que se dirige. Si, eu também gostaria da INDEPENDÊNCIA, mas isto nom é Catalunha nem Euzkadi; preferível é ir aos pouquinhos fazendo algo que nom por muito pretender ficar sem nada. Depois... quizais algum dia...