Feministas de Suecia que reivindican o dereito das mulleres a non cubrir o torso nas instalacións cubertas conseguiron un primeiro triunfo na localidade de Sundsvall.
Unha versión completamente oposta á iniciativa sueca: o 'burquini'
Durante décadas unha das principais campañas do movemento feminista estivo dirixida contra a exhibición pública de corpos femininos espidos.
Mais dende o punto de vista das activistas da organización Bara Bröst (Peito Espido), a prohibición de desposuírse da parte superior do bikini nas piscinas cubertas de Suecia constitúe unha forma de discriminación, xa que os homes poden mostrar o seu peito sen problemas. Aínda así, afirman, o fin último da campaña é protestar contra a "sexualización" do peito feminino.
O primeiro triunfo chegou recentemente. Tras varias manifestacións nas piscinas de diversas cidades, incluída a capital, Estocolmo, nas que se botaban á auga sen a peza superior do traxe de baño -da que eran sempre desaloxadas-, finalmente, os encargados da piscina pública da localidade portuaria de Sundsvall, ao norte do país, cederon e optaron por permitirlles nadar ao seu gusto "mentres non incomoden a outros bañistas".
Críticas
Na prensa sueca (tamén na blogosfera) houbo cartas de apoio, mais tamén críticas. Así, hai quen di que este tipo de cuestións non contribúe a lograr metas de fondo, como que as mulleres accedan a mellores traballos e reciban soldos máis altos.
Polo momento, Bara Bröst xa estendeu o seu radio de acción a Noruega e a Dinamarca. Está por ver se a reivindicación chega tamén a Galiza.
dirixen Vieiros, que van de progres de esquerdas, pero que no fondo e na superficie son machistas como tódolos homes, sexan da ideoloxía que sexan, gustarálles moito esta noticia, xa que a poñen coma se fose unha gran conquista feminina/feminista. Lede un pouco os artigos de Mª Xosé Queizán, e coma critica estes progresismos-machistas de pacotilla, como nos chaman os homes amargadas ás feministas que non pasamos pola publicidade sexista e pola utilización do corpo feminino coma un obxecto, e claro que as tetas teñen un significado sexual, pero en que pensan estas suecas?
E ademáis coma un gran avance que a reivindicación chegue a Galiza, se queredes ver tetas mercade a Interviu
Parécemo moi ben a noticia e que lles concedan ese dereito. A foreira anterior mexa fóra do ouriñal, non todos os homes somos machistas, iso é o prexuízo das feminazis, non das feministas, que hai que darlles de xantar á parte. Ou falamos da lei de violencia de xénero? Da custodia compartida? Das denuncias falsas contra os homes por avogadas feminazis? Hai moito que lavar, así que non quitemos as cousas do seu lugar.
Concordo con ranciadas, hai moita feminazi que saca a lingua a pasear sen tan sequera reparar na nova. Noutrora loitabamos por poder estar nus nalgunhas praias e coma nós moitas loitadoras dos direitos da muller. Obviase que a loita sueca foi levada adiante por feministas e acusase inxustamente a redacción de machista.
Eu penso que non se trata de "exhibir" ou non. Trátase de que cada quen ten o seu corpo e non ten porqué esconderse nin exhibirse máis ou menos dependendo do sexo.
Se a miúdo se plantexa unha discusión dese tipo é porque no fondo, na mentalidade da xente, homes e mulleres, segue presente a idea de que o único corpo obxecto de desexo é o das mulleres. A mesma mentalidade que no mundo de cultura musulmana leva ás mulleres a cubrirse esaxeradamente mentres non ocorre iso cos homes. E, no sentido oposto, é tamén a mesma lóxica que nos demais países leva ás mulleres a levaren decotes, pendentes, pelo máis longo que os homes, etc., en suma, a iren de floreiros pola vida.
O que realmente falta é precisamente que se crea na igualdade.
E esquecíame de engadir unha cousa. O machismo non é exclusivo dos homes nin moito menos. O machismo está moi presente nas mulleres, porque toda a sociedade foi e aínda é educada nuns determinados "valores", de forma que a sociedade enteira, sen distiención de sexos, ten esa influencia e hai xente que acepta totalmente iso sen poñelo en cuestión e xentte, tamén sen distinción de sexos, que a rexeita en maior ou menor medida. O que non se pode dicir é que nas mulleres non existe o machismo porque basta con abrir ollos e oídos para inmediatamente comprobar todo o contrario.
Para machismo La Voz de Galicia, El País e moitos outros xornais "progres" que non hai día que non poñan na portada de internet as tetas dunha fulana (Britney Spears, etc.)
Ou os xornais deportivos...
Por certo, fervenza, na miña casa eu sempre poño a lavadora. Grazas-Obrigado.
A reivindicación paréceme totalmente lóxica e digna de apoiar. Querer ver o que non é, no dereito a gozar do corpo unha instrumentalización, indica que algún tipo de prexuízo temos. E amais, Vieiros é unha excepción no panorama machopirolo das empresas de comunicación, e, do mesmo xeito que publica esta, ten publicado moitas outras noticias feministas. O feminismo é moi diverso, tamén, está María Xosé Queizán e estamos quen pensamos que somos libres para facer co noso corpo o que queiramos, non é todo igual.
Eu estou en contra, xa vivimos rodeados de imaxes sexuais por todo-los lados, Se eu fora a unha piscina ou se vou a praia, vou a bañarme ou a xogar a pelota, pero non vou para estar todo o tempo pendente das tetas dunha o da outra. Así que ou van tapadas ou deixo de ir a piscina.
Vaia, Atlántico! Vas á piscina en Suecia? Iso si que é sibaritismo! É verdade que alí son tan liberais que non se lles empina simplemente por ver uns bos peitos? Falando en serio: o que ocorra en Suecia case nunca é exportable a Galicia. Ir á piscina en top-less pode ser unha cuestión de comodidade (?). Non sei se terá moito éxito, pero tampouco me parece ben que ás rapazas que estean cómodas dese xeito se lles impida nadar vestidas coma un home. Polo menos o do bañador aquí é excesivo, pois un bikini debía ser aceptado perfectamente. Por certo, son home e considero ao meu torso un reclamo sexual de intensidade moderada, inda que penso moitos poderán defende-lo seu torso como de alta intensidade sexual e estamos obrigados a exhibirnos na piscina e desconcentrar ás femias? Resumindo, que me parece ben o logro en Suecia, sempre e cando non se impoña como súmum do feminismo e da tolerancia. Dentro duns 20 anos estaremos en condicións de ter preocupacións semellantes a eles.
A primeira mostra de machismo foi que se me chamara "feminazi", por outra banda, na sección de opinión deste xornal (hoxe mesmo e case sempre) só escreben homes. Claro que hai mulleres machistas, aínda hoxe, e mulleres novas, non as nosas avoíñas que ó millor foron máis feministas ó seu modo que as que viñeron logo. O día que as mulleres galegas teñamos os dereitos sociais que teñen as suecas (permisos de maternidade, por exemplo) e que academos o seu idílico nivel de vida poderíamos propoñer logo o das tetas, pero eiquí sempre copiamos as parvadas coma as desta nova. Garrano, eu tamén vou a praias nudistas pero este é outro tema, non me gustou como se puxo a noticia, coma se fose un gran avance pra o feminismo cando hai mulleres nos países musulmanes que morren a pedras, cando o paro feminimo na Galiza é moi superior ó masculino, cando tantas mulleres morren á maus das súas parellas, cando o aborto aínda non está despenalizado e unha muller pode ir á cadea por abortar. En calquera praia galega pódense ver mulleres en top-less con naturalidade, repito que o que non me gustou foi o tratamento do tema, non é conquista ningunha, pero ós homes gústanlle moito este tipo de novas, e ver mulleres espidas. Durante a transición a "liberdade", a "apertura" de España foron as noxentas películas do destape de Esteso e Pajares, deberon pensar que iso era moi moderno, esa utilización do corpo da muller como obxecto.
En Tunisia, un dos países musulmáns máis occidentalizados, moitas mulleres báñanse vestidas, porque nin sequera permíteselles porse en bañador.
As grandes relixións favorecen esas diferenzas entre o home e a muller e non recoñecen a igualdade, empezando pola católica.
E logo a parte de abaixo porque não se quita (homens e mulheres)? Correcção "moral" a médias?
Venha, que é absurdo qualquer forma de "tapar las vergüenzas". A roupa só deveria de ter uma função: abrigar do frio ou fornecer de petos para guardar cousas. A civilização, passa por tratar ao corpo com naturalidade. Outras civilizações que nos dim que "são primitivas" há milênios que superaram esta contradição. Será porque a civilização occidental tem "religiões avançadas"?.
Por outro lado o pseudo-feminismo cacarejando sempre o "objecto sexual" quando nuca tantas mulheres se declarão feministas e ao mesmo tempo estão obsesionadas com o culto ao corpo, ficando este como o objecto de percepção do mesmo polos demais. Muitas vezes o que molesta é "sexual" (masculino e feminino) deixando o fundamental do problema, considerar as pessoas "objectos". Respeito. Nada mais.
Por certo, optimistas, as conquistas das mulheres vão em retroceso, e mais que polos homens, pola auto-alienação das próprias mulheres. As que deixastes "cozinha, casa e filhos" para trabalhar, seguides realmente a carregar com o de antes e acrescentastes agora uma exploração laboral a maiores.
Concordo con absolutamente todas as palabras de fervenza. A min tamén me parece unha parvada sexista a forma na que está redactada a nova. Como que quere transmitir: Mira en que cousas andan a reparar estas feministas... Non penso que sexa o camiño, nin moito menos.
Por suposto que cada un se vista como queira, iso non está en cuestión. Iso si eu preciso de consello que teño moi mal gusto
É unha iniciativa simbólica pero estóu de acordo con ela.A verdade,como dí a nova,é que a causa desto é a sexualización dos peitos femininos que fai o machismo de tódolo mundo.Tamén hai sexualización do cú feminino,repugnantemente excesiva aquí na Arxentina.En máis,nas praias arxentinas (agora é verán) non se pode amosar os peitos das féminas espidos.O cú todo o que querades sempre que alomenos teña unha fitiña de nada.
A sexualización do traseiro e peitos femininos é natural, e a complexión forte e alta do home, tamén. Outra cousa é que se deba tapar para garda-la súa posesión por un home, mentres que o home debe tentar exhibirse para conseguir máis mulleres. Esa é a definición do machismo e bórdana nos países musulmáns, por exemplo. Aquí somos afeccionados.
Volvo repetir, moita pseudofeminista ou mellor feminazi, fervenza, a túa postura si que é machista e sexual e retratachete de máis co da lavadora, máis dito feminazi que ese a ver como o explicas. Non mires moito que tamén sei fregar e pranchar e o fago e supoño que un gai tamén lle apetecerá un torso masculino nunha piscina. Eu vexo unha rapaza en top-less na praia e non pasa absolutamente nada, como se estivese espida, todo é cerebral. O único que amosas é feminazismo con tal de ver nunha nova de Vieiros un aspecto que é un dereito das suecas nas piscinas.
Explicouno moi ben mceleiro, concordo ao 100%. Ves pantasmas nunha nova onde non os hai.
Pero xa que sacas temas e temas, non respondiches a ningún dos meus: falamos da custodia compartida, das denuncias falas de maltrato, da lei de violencia de xénero, do machismo dalgunhas mulleres, do feminazismo, da chamada descriminación "negativa", e podo poñer milleiros de exemplos.
Para ranciandas: custodia compartida: a razón de que se lle dea máis a custodia dos fillos ás mulleres, e non ós homes, é porque só un 10 ou 15% dos homes nun divorcio piden a custodia dos fillos fronte a un 80 ou 90% das mulleres que o piden. Coñezo moitos casos de homes que despois de divorciados queren "vivi-la vida" e non ocuparse dos fillos, e se non vai ós xulgados e mira cantas denuncias hai por impago de pensión por parte dos pais. Denuncias falsas de maltrato: supoño que ás máis de 60 mulleres mortas este ano polas súas parellas tamén lles dirían na poli que denunciaban falsamente. Do machismo dalgunhas mulleres tamén falei, é unha cousa que me cabrea e me da noxo, pode que sexa a herdanza de 40 anos de franquismo, e de nais educadas ó abeiro da Igrexa Católica, non o sei. E da descriminación positiva: totalmente conforme, as mulleres precisamos medidas de promoción para chegar a certos postos que se non hai tales medidas serían ocupados por homes por simple inercia patriarcal, eu sempre o comparo co galego, que é un idioma descriminado e por tal motivo fanse leises que lle dean pulo, pra que acade os lugares (nas institucións, na xustiza, na educación...) que sempre estiveron reservados pra o castelán, que era o idioma "poderoso" que aínda domina case todo, ou os cupos de reserva de discapacitados, ou as medidas e leises contra do racismo, cando alguén estivo secularmente (e as mulleres aínda o estamos), sometida a outros (homes), hai que artellar mecanismos pra que ese sometemento remate e haxa "igualdade"(sóache a palabra,ou é moi feminazi pra ti?).
Non sei que significa a verba feminazi, da túa invención, sei o que é o feminismo, e ti pódelo buscar en calquera dicccionario, o feminismo non quere a superioridade das mullers con respecto ós homes (é dicir, feminismo, non é igual a machismo), senon que éstas teñan os mesmos dereitos que os homes, e sempre que imos votar, que traballamos fora da casa, que participamos na vida política, hai que agradecerllo a unha feminista, a todas as mulleres que loitaron porque as mulleres tiveran unha vida digna e cos mesmos dereitos que o home.
Pero, ai amigo! isto non lles gusta ós homes por moi roxos que sexan, o home quere e quererá ter á muller asoballada, ningún grupo humano quere perder o seu poder e os seus privilexios (ou querían os reises de Francia que o pobo se revolvera contra deles na Revolución francesa? ou querían os señoritos do Sur de USA manumitir ós seus esclavos?). É unha cuestión de poder, e os homes rabean, non queren perder ese poder.
Hai cousas que di Fervenza que son erróneas, fan un diagnóstico falso da realidade e, como consecuencia, toma posturas que ás veces prexudican gravemente a causa que pretende defender.
Por exemplo, isto, dito así, non é certo:
"Pero, ai amigo! isto non lles gusta ós homes por moi roxos que sexan, o home quere e quererá ter á muller asoballada, ningún grupo humano quere perder o seu poder e os seus privilexios (ou querían os reises de Francia que o pobo se revolvera contra deles na Revolución francesa? ou querían os señoritos do Sur de USA manumitir ós seus esclavos?). É unha cuestión de poder, e os homes rabean, non queren perder ese poder".
Porque non se pode falar, xeneralizando, dos homes, como se todos os homes fosen iguais nas súas actitudes, intereses e pensamentos. Non, non é así.
Se fose así ningunha feminista podía aspirar a convencer a toda a sociedade, sen distinción de sexos, e, por suposto, non tería sentido falar da desexable solidariedade dos homes -dos que se poida- coa loita pola igualdade que procuran moitas mulleres (tampouco direi "as mulleres", porque hai tamén moitas que non loitan ou incluso loitan á contra).