Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
APRENDER EN VIVO E EN DIRECTO

Catro mil rapaces achegaranse ao medio mariño a través do programa 'Entre Mareas'

Alumnos de ESO participarán en diferentes actividades que intentan concienciar da importancia que ten o mar para o noso país.

Redacción - 13:45 14/01/2008
Tags: aprender mar

O director xeral de Xuventude, Rubén Cela, presentou este luns en Compostela o programa 'Entre Mareas'. A iniciativa, que conta tamén coa colaboración da Dirección Xeral de Turismo e da Innovación e Desenvolmento Pesqueiro, quere achegar os escolares de primeiro e segundo ciclo de ESO ao medio mariño,

As excursións van ter lugar no Concello do Grove ao longo dos meses de febreiro, marzo e abril. Os centros escolares interesados teñen de prazo até o vindeiro mércores para inscribirse. En total, ofértanse catro mil prazas, mil máis ca na pasada edición.

Os escolares terán a oportunidade de realizar actividades como unha travesía marítima a bordo dun catamarán adaptado á visión submariña ou participar en obradoiros de aves e mamíferos mariños.

Rubén Cela salientou a importancia destas actividades para achegar aos adolescentes a un dos principais sectores produtivos do país.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: