O Bloque vén de solicitar a comparecencia da conselleira de Pesca, Carme Gallego, e dos representantes sindicais.
A sucesión de accidentes laborais no mar están a erguer unha fonda preocupación social. O último naufraxio fonte ao Cabo Prior fixo que este mesmo martes o BNG presentase unha iniciativa no Parlamento solicitando a comparecencia da conselleira Carme Gallego e dos representantes sindicais. O deputado nacionalista Bieito Lobeira sinalou que o está a suceder é sumamente grave e cómpre tomar medidas reais canto antes para atallar esta sinistralidade. Os nacionalistas tamén esixen que se abra unha investigación para determinar como se activaron os medios de rescate neste último accidente.
Segundo afirmou o propio Lobeira a Vieiros, “aquí hai unha inadaptación brutal da seguridade ás peculiaridades galegas”. O deputado lembrou que a maior parte das competencias dependen de Madrid. Entre as numerosas deficiencias subliñou a falta de inspectores ou o incumprimento sistemático de normativas.
Dende 1999 existe un decreto que regula as saídas ao mar en caso de temporal, para garantir a seguridade dos traballadores. Os barcos reciben as predicións metereolóxicas con 72 horas de antelación. Porén, ademais do Cordero había outros barcos na zona a pesar das malas condicións para faenar. A respecto disto, Lobeira afirma que “nunca vin unha actuación da fiscalía para cortar estas saídas”.
Sen dúbida algunha, isto é un problema.
Somos galegos e seguimos pensando que hai que ir traballar por narices, donde hai patrón non mada mariñeiro... así pensamos, como é un día onde poucos barcos saen a faenar chégase a conclusión de que a pesca será boa e na lonxa pagaranse prezos moi elevados pola pesca. NON É RENTABLE.... eu penso que a xunta debería poñer medidads de seguridade máis extrictas nas saidas o mar en caso de temporal, ven seña con multas ou pechando as lonxas para non poder vender o peixe collido. No que levamos de ano xa van 5 barcos...
Non me parez o Lobeira lobo de mar, mais semella que algo de razón hai.
Desde logo a responsabilidade de permitir a saída nestes días con esas ondas é enteiramente da Administración da Xunta e de quen teña estas competencias (é polo que se move o bng, polas competencias, mais todas non llas darán ou que miren Euskal Herria e Catalunya, con millóns de máis peso e de nada serve, salvo entreterse no entanto).
O patrón non queda atrás desde logo, e a cobiza sempre por diante (mais él é quen detenta o poder de saír ou non, SI A ADMINISTRACIÓN E AUTORIDADES NO ASUNTO O PERMITEN).