Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
"O povo manda"

O presidente de Madeira di que vai estar co pobo cando pida a secesión

Alberto João Jardim, o presidente do goberno rexional das illas garantiu que vai apoiar o seu pobo o día que se queira independizar de Portugal.

Redacción - 12:55 16/01/2008
Unha imaxe de Jardim

Unha imaxe de Jardim

O presidente do goberno rexional de Madeira (relacionado co partido social demócrata e vicepresidente do Partido Popular Europeo) dixo estas palabras despois de se reunir co líder do PSD/Açores (o Partido Social Demócrata das illas), Carlos Costa Neves, durante o que "pasaron revista á situación da autonomía" de ámbalas dúas rexións insulares.

Na súa xuntanza os dous políticos tamén falaron de Estado e da "relación entre as rexións autónomas e o Governo da República", tema ao que Jardim se referiu nestes termos: "Eu tenho remado contra essa maré e se hoje há autonomia e a questão da unidade nacional não está em cima da mesa foi porque muito me empenhei neste sentido, embora Lisboa não o reconheça". Daquela foi cando Jardim pronunciou as palabras que levaron a polémica ao vello continente: "Se o povo madeirense um dia quiser a independência, o meu lugar é ao lado do povo madeirense".

"Não sou independentista"
O presidente de Madeira tamén dixo que os madeirenses queren continuar a ser portugueses: " Não sou independentista e continuo a acreditar no princípio da unidade diferenciada", comentou, mais quixo lembrar que se o pobo madeirense quere un outro sistema autonómico, e Lisboa non o acepta, "por um simples autoritarismo discricionário e absurdo", o que vai vir a seguir posiblemente teña moito a ver coa independencia.

"O povo manda"
O líder do PSD/Açores, Costa Neves tamén dixo estar de acordo coa idea de que "o povo manda" e engadiu que as rexións autónomas "são portuguesas porque querem ser", mais defendeu a idea de que as autonomías e máis o país deben ser construídas por ámbalas dúas partes.

Un político moi controvertido

O presidente do goberno autónomo de Madeira, Alberto João Cardoso Gonçalves Jardim tamén é xornalista, alén de ser un político dos máis polémicos de Portugal. Jardim foi acusado, varias veces, de autoritarismo, corrupción, silenciamento da oposición e de empregar o seu cargo para tirar beneficio persoal. De todos os xeitos, sempre obtivo a maioría absoluta nas eleccións.

Relacionado, toda a súa vida co partido Social Demócrata, segundo contan, na súa mocidade (cando facía o servizo militar), pertenceu ao Frente de Libertação do Arquipélago da Madeira. O protagonismo internacional chegoulle o ano pasado, cando, o 19 de febreiro, presentou a súa dimisión do cargo de Presidente do Governo Regional como protesta á nova Lei de Finanças Regionais, que presentaba, naquela altura, o goberno de Sócrates. A súa renuncia levou a Sócrates a disolver a Assembleia Legislativa da Região e a convocar eleccións anticipadas o 6 de maio, nas que de novo gañou Jardim, desta volta coa maioría reforzada.

Ademais tense oposto a aplicar outras leis chegadas de Lisboa, como a da Interrupção Voluntária da Gravidez (IVG), (que significaba a despenalización do aborto no país), que o goberno madeirense se comprometeu a aplicar, despois de moito pelexar con Sócrates, este ano.


4,54/5 (13 votos)


Comentarios (4)

ecoe #1 16/Xaneiro/2008 ecoe

Un novo concepto no ar. Nin autonomía, nin rexión: sí UNIDADE DIFERENCIADA (no universal?).

O que é que hai que ver, asú!

Maeloc-do-Rouco #2 16/Xaneiro/2008 Maeloc-do-Rouco

Se o Portugal lisboeta (que nem e Portu nem e Gal) nom aceita a regionalizazom progressiva e significativa, o Norte (a Galiza Sul) deveria optar por outras saidas, por Dignidade, por Historia e por Puro Pragamatismo...A Independencia nom deve ser tabu numha Galiza (Galecia) aberta a Europa e ao mundo desde Ela Mesma

condedecotobade #3 17/Xaneiro/2008 condedecotobade

O nome Portugal provén (penso) de Porto + Calem (Gaia)co cal iso de Galiza Sul non sei moi ben a que te refires.
Unha cousa é ser nacionalista/independentista e outra ben distinta é defender a calquera sátrapa impresentábel que queira montar o seu chiringuito particular.
Eu non opino sobre se Madeira ten que ser independente ou non, pero este Cardoso Gonçalves é un idiota

Maeloc-do-Rouco #4 17/Xaneiro/2008 Maeloc-do-Rouco

Home (ou mulher, nom sei)...Tu mesmo o diz, referome a Galiza que deu origem ao condado portucalense, a Galecia Bracarense, tam galega ou tam galaica como a luguesa ou compostela. Esta Galecia bracarense ou Galiza Sul pra deixar-nos de lerias deu origem ao que seria o estado portugues, daquela nom ainda lusitano, se e que os lusitanos se chamavam daquela de tal jeito, o qual acho que nom (essa foi mitologia posterior do estado lisboeta pra se arredar psicologicamente da Galiza), ja que seriam mais bem mozarabes, pacensses, estremeiros ou alentejanos, etc....E dabondo sospeitosso que o estado portugues seja o uinico da Europa cuxas "regions2 ficarom suspeitossamente anonimas e reducidas a meros pontos cardinais (Norte, Centro, etc), no canto dos seus nomes historicos reais...E a terra de entre o Minho e o Douro (e posibelmente ate o Mondego) chamasse Galiza, sendo precissamente, como tu mesmo diz, a origem do nome do pais que os romanos fariam extenssivo ao resto dos povos de cultura galaica no Noroeste peninsular...que ademais dariam origem a lingua galega (ou galego-portuguesa)...Tudo o mundo sabe isto

Por certo eu nom falei do tal Jardim...falei dos efeitos positivos que pra a Galiza Sul teria a regionalizazom do estado.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: