Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
BALANCE DE RESULTADOS

R multiplicou por catro o seu beneficio neto en 2007

O director xeral da compañía cuantificou o éxito do lanzamento do servizo de telefonía móbil.

Redacción - 13:00 16/01/2008

A operadora de telecomunicacións R multiplicou por catro o seu beneficio neto durante 2007, co que acadou os 13,5 millóns de euros. O director xeral da empresa, Arturo Dopico, anunciou esta cuarta feita que R xa conta con 215.000 clientes e que o novo servizo de telefonía móbil, que botou a andar o 3 de decembro, xa ten 3.209 solicitudes e 1.422 liñas en funcionamento. Para este 2008 prevé que se superen as previsións de 30.000 liñas móbiles.

Dopico tamén afirmou que a empresa é líder nos tres subsectores económicos en que opera: internet, telefonía fixa e televisión por cable. Tamén expresou o obxectivo de chegar a 18 novas localidades durante este ano, a maiores das 46 onde xa está implantada. Para iso, investirá 100 millóns de euros.


4.6/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: