Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"A ruta do lavado dos narcoeuros"

O tráfico de cocaína axuda no repunte do euro

O diario Wall Street Journal publica un artigo no que falan das rutas de entrada do euro en Europa (que pasan polo noso país). Isto dálle, segundo o xornal norteamericano, forza ao euro.

Redacción - 09:35 20/01/2008
Cartaces contra o consumo de droga no Estado / Flickr: Tine!

Cartaces contra o consumo de droga no Estado / Flickr: Tine!

Esta cuarta feira o diario Wall Street Journal publicaba un artigo no que se falaba da ruta do lavado dos narcoeuros, do branqueo de cartos dunha e doutra beira do Atlántico, pasando, sobre todo, polo Estado Español e polo noso país, antes que nada.

Segundo o artigo, a cocaína, alén de estimular o sistema nervioso, estimula a fortaleza das divisas, sobre todo do Euro. Un "gramiño" pequeno da tendencia á alza do euro foi aportado polo tráfico de cocaína (e polo branqueo de cartos que vai a ela asociada, xa que segue a ser a droga de moda en Europa, o que fai que o seu comercio siga a ser rendíbel).

Os cidadáns do Estado Español son os maiores consumidores e consumidoras de cocaína de toda Europa, mesmo do mundo, en relación á porcentaxe de poboación. De feito nun estudo feito pola ONU sobre drogas e crimes reflíctese que o 3% da poboación estatal consumiu cocaína o ano pasado, fronte ao 2,3% dos estadounidenses, o seguinte país na listaxe. O consumo tamén medrou en Italia (pasou de un 1,1% en 2004 ao 2,1% actual), en Francia (0,6%) e o Reino Unido (2,4%).

E dentro do Estado Español, o noso país segue gañando nesta estraña carreira: a cifra de mozos e mozas que consumen cocaína en Galiza medrou o duplo este ano, segundo un recente estudo da Consellaría de Sanidade.

Hai mercado, e segue a medrar
Habendo tanto mercado, non é de estrañar que a divisa europea se fortaleza. O tipo de cambio do euro está a chegar aos 1,5 dólares, e o branqueo de cartos no vello continente é unha actividade crecente para os cárteles da droga. De feito, como dato están os 1.900 millóns de euros que se declararon nas aduanas do EUA en 2005, que non procedían de Europa, senón, sobre todo de América Latina.

No Estado Español, o branqueo de billetes de 500 euros tamén se disparou no último ano. Segundo a policía española, os billetes pequenos obtidos do comercio de droga nas rúas, trócanse polos billetes de 500 euros, coa axuda de traballadores da banca. Estes cartos, antes de se enviar aos EUA, pasan polo mercado sudamericano ou polas casa de troco de divisas estranxeiras, en países como Brasil, Colombia, Perú ou Chile.

O novo ciclo da coca
Agora a cocaína, producida en América Latina, é enviada a Europa a través de África, empregando como ponte o Estado Español, moitas veces entrando por Galiza. De aquí distribúese por todo o continente, obtendo cartos que se branquean e se envían de volta a América, onde se agochan até que poden pasarse aos EUA.

Para saber máis sobre o narcotráfico no noso país:


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: