Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Non chegarán ás casas situadas a máis de 250 m dunha estrada principal

Correos vai deixar de repartir cartas nalgunhas zonas do rural

Os veciños dalgunhas das aldeas máis "illadas", terán que se desprazar até unha caixa de correo comunitaria para recoller a súa correspondencia.

Redacción - 12:00 22/01/2008
A mítica Vespa de Correos. Esta é de Chapela e sacouna Tomás R Vigo no seu Flickr

A mítica Vespa de Correos. Esta é de Chapela e sacouna Tomás R Vigo no seu Flickr

Segundo un decreto do Ministerio de Fomento, dende xaneiro do ano que vén as casas situadas en "contornos diseminados" e a máis de 250 metros dunha estrada principal quedarán sen correo directo, é dicir, non lles chegarán as cartas á porta. Os habitantes destes casais terán que recoller a súa correspondencia nunha caixa de correo comunitaria, situada nalgún punto "moi accesíbel e de paso moi frecuente", acordado entre os concellos e as asociacións de veciños afectadas, explican dende Correos.

O noso país, o principal afectado
A empresa pública non fala do número de casas ou persoas que se verán afectadas por esta nova medida en Galiza, porque, ao parecer, aínda se están a facer os estudos pertinentes para identificar as zonas que reúnen as características que recolle esta norma, aprobada en abril do ano pasado.

De seguir todo adiante, Galiza sería unha das comunidades autónomas do Estado Español máis afectada, xa que no noso país están a metade das vilas e aldeas do Estado (algo máis de 30 mil). Ademais, nos chamados "núcleos diseminados" (menos de 10 casas) viven máis de 445 mil galegos e galegas, un terzo dos cidadáns do Estado que moran nesta situación.

Dende Correos tamén salientan que esta medida non vai terminar con postos de traballo dos carteiros rurais (ese que percorren quilómetros co seu propio vehículo para repartir a correspondencia nas aldeas), ante as protestas de traballadores do servizo e sindicatos, que non o ven así.


3.67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: