A familia do vigués arrestado critica a operación e di que ten que ver coa actividade de Xosé Luís Fernández en axuda de presos.
Xosé Luís Fernández González, de 48 anos e veciño do barrio vigués de Sárdoma onde o coñecen polo alcume de "O Che", foi detido este mércores nunha operación coordinada desde Madrid pola Garda Civil. O detido estivera no cárcere entre os anos 1980 e 1982 debido á súa vinculación daquela cos Grapo. Ferido de gravidade durante unha operación policial é parapléxico e ten que desprazarse desde hai anos en cadeira de rodas.
Permanece incomunicado ao igual que a súa compañeira, Montserrat, malia que a esta non se lle considera detida. O avogado aínda non puido poñerse en contacto con eles. En declaracións á Radio Galega, familiares do detido expresaron a súa convicción de que se trata dunha detención por motivos "ideolóxicos" e insistiron en que Fernández González non estaba relacionado cos Grapo e que é coñecido pola súa actividade na protección e axuda de presos. "Meu pai era militante dos Grapo, agora mesmo é unha persoa que está nunha cadeira de rodas", queixouse Iria Fernández, filla de Xosé Luís, para os micrófonos da Radio Galega.
Relacionadas coa mesma operación, produciuse outra detención na Coruña, na zona das Conchiñas, onde foi arrestado a primeira hora deste mércores Carlos Cela Seoane, irmán de dous presos do Grapo. A Garda Civil tamén fixo utras dúas detencións en Euskadi. En Ortuella, localidade biscaíña, foi detido Fernando Rodríguez Blanco, quen estivera en prisión entre 1979 e 1992. Rodríguez denunciara hai xa dous anos que estaba sendo sometido a vixilancia policial. Nun escrito difundido en internet queixábase da "presión continua e atafegante" dos axentes, que facían quendas perto da súa casa e mesmo o seguían até o traballo.
Agora ata deteñen a paraplexicos, porque claro seguro que tiña moito perigo. A que ven está detención de xente pola súa ideoloxia? A crear cortinas de fume? a escarmentar a quen pense diferente?
Ogallá que os terroristas do estado non lles fagan mal a estes cidadans galegos e os outros cidadans españois.
Comezou a carreira da "democracia" chega o San Silvestre do 9 de marzo. Operacións mediáticas dignas dunha dictadura, onde todo vale non importa o que fagas pero si o que penses. A presunción de inocencia queda a un lado cando o que importa é o poder, como exemplo as palabras do lider do BNG con relación as detencións.
Os medios paraoficiais utilizando palabras gordas como capturados -como si non estiveran á vista e andiveran escondidos (é falso o concepto mediático da captura, porque non andavan escondidos, pois nalgunha conferencia no Auditorio de Caixavigo ten sido visto entre o público, ainda o ano pasado ocasionalmente, ao "tan perigoso" José Luis)
Tampouco, a pesares de certas características dos actos das detencións, os medios paraoficiais se acollen ó dereito de presunción de inocencia dos detidos. Semmella qsue á prensa ó uso, non lles importan os dereitos cívicos universais, só os económicos particulares (dos ricos).
Resúltame pornográfico ver que, innecesaria e impúdicamente, aparecen prácticamente os domicilios concretos dos detidos, nun alarde de imprudencia ou do que sexa, -non alarde precisamente informativo-, e a pesares de que mesmo houbo, seica, viciños protestando a actuación policial.
En fin. Os medios de comunicación oficiais colaborando decididamente no que semella será exclusivamente nunha actuación electoral gubernativa, na captura de voto (de dereita franquista desde logo), mais considerado de interese polo pesoísmo.
Cousas veredes.