Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
DENDE O 27 DE XANEIRO EN CANNES

Catro empresas galegas promocionarán a música do país no Midem 2008

Falcatruada, Nordesía, La Fábrica de Chocolate e Zouma Records estarán no stand preparado pola Consellaría de Cultura.

Redacción - 11:15 24/01/2008
Tags: música midem

O Midem, que se celebra en Cannes do 27 ao 31 de xaneiro, é a feira da industria musical máis importante do mundo, e conta coa presenza de máis de 10.000 profesionais procedentes de 90 países. Por segundo ano consecutivo Galiza contará cun stand propio na feira. Alí estarán cinco empresas galegas especializadas na produción, promoción e distribución musical, Falcatruada, Nordesía, La Fábrica de Chocolate e Zouma Records.

Ademais, o IGAEM elaborou diverso material promocional específico para o evento que se repartirá entre os visitantes do stand. Baixo o lema de ‘Open: Galician Music at Midem 2008', inclúe un libro con información sobre Galiza e a súa música e un CD con cancións seleccionadas por un comité de expertos musicais. O CD de audio acolle a artistas e grupos galegos con disco editado en 2007 ou con previsión de edición no 2008, caso da cantante Uxía, que adianta o tema ‘As nosas cores' do se novo disco aínda sen publicar.

Tamén compila os traballos de Deluxe ‘Tendremos que esperar', de Iván Ferreiro ‘Extrema pobreza', de The Homens ‘Calamar', de Triángulo de amor bizarro ‘El fantasma de la transición', de Nadadora ‘Todo o mundo protesta', de Fanny e Alexander ‘Amei-te tanto', de Nao ‘Desexos', de Loretta Martín ‘As cores do solpor', de Reyes del KO ‘El beat de mi corazón', de Moondogs Blues Party ‘Childhood Soul', de Silvia Penide ‘Reventaba', de Budiño ‘Inmaterial', de Narf ‘Galician Lullaby', de Abe Rábade ‘Eses', de Kin García ‘Home Falcon' e de Leo Giannetto Jazz Project de 'Bring on the Night'.

Ao longo de 2008 a Consellaría de Cultura instalará stands oficiais da música galega noutras feiras especializadas, como a Popkomm de Berlín e Womex de Sevilla.


Ligazóns

4,2/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



O stand de Galilcian Tunes no Popkomn
O stand de Galilcian Tunes no Popkomn
O disco que se distribuirá no Midem inclúe un tema do novo álbum de Uxía, aínda non publicado
O disco que se distribuirá no Midem inclúe un tema do novo álbum de Uxía, aínda non publicado