Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Mentres, continúa o peche

Os empregados de Marbar piden na rúa o embargo dos bens da empresa

Seguen a facer quendas, vixiando a nave da empresa, para que ninguén lles leve o material que aínda fica, que pode servir para pagarlles as indeminizacións polo despedimento.

Redacción - 18:30 25/01/2008
Imaxes do peche / Fonte: CIG

Imaxes do peche / Fonte: CIG

Na mañá da sexta feira os traballadores de Marbar deixaron o seu peche por unhas horas para manifestarse pola Po-344, entre a parroquia de Tebra e Tomiño. Saíron á volta das 11:30 horas da nave da empresa e xuntaron preto de 200 persoas nesta mobilización, organizada pola CIG, entre elas moitas que se solidarizaban coa situación dos empregados.

Despois volveron ao seu peche, que manteñen na nave da empresa dende a segunda feira, día no que o empresario Manuel Martínez Barros (dono de Marbar SL, e as súas filiais, Edificacións Marbar, Granitos Tebra, Granite 99 e Promocións Marbar 04), fuxía sen dar un aviso a ninguén.

Fuxe o xefe, con parte da maquinaria da empresa
Como o seu ex xefe marchou con parte da maquinaria pesada (que tamén está, coma el, en paradeiro descoñecido), os traballadores decidiron comezar o peche para "protexer" o resto de material da empresa. De feito, andan a facer quendas para evitar a descapitalización da compañía e salvar toda a maquinaria que aínda permanece no interior da mesma.

Os outros afectados, os que mercaron os pisos de Marbar

Hai que lembrar que arredor dunhas 200 persoas tiñan mercado promocións de Martínez Barros, e agora atópanse con que xa adiantaron ou deron unha parte importante dos cartos e a súa casa está embargada polos bancos, por causa das débedas de Marbar.

Os compradores van desenvolver esta sexta feira, de tarde, unha segunda xuntanza na Cañiza, na que se decidirán os pasos a seguir a partir de agora e concretarán se van emprender accións legais contra o empresario fuxido.


5/5 (3 votos)

Comentarios (1)

Tarelo #1 25/Xaneiro/2008 Tarelo

Mentres o empresario Manuel Martínez Barros, fuxe polos seus pes, e ninguén sabe do seu paradoiro, en Sardoma (Vigo), 30 Garda civís, deteñen a Jose Luis Fernández o "Che". Segundo parece é detido pola posibilidade de que reorganizar e financiar os GRAPO.

Un gran aplauso os xulgados e as forzas da orde e a seguridade do Estado (como dí o rei no discurso de nadal). Parece ser que a efectividade de xulgados e forzas do estado é tal que deteñen a xente pola súa pontecialidade de reorganizar organizacións terroristas (nada máis lonxe da realidade), parece ser que a efectividade é tal que precisan 30 garda civís armados para deter a un parapléxico desarmado, ainda por riba xulgados e forzas do estado pretenden que nos creamos que o Grapo é tan pouco intelixente que vai a deixar a reorganización da súa organización a unha persoa limitada, que sabida de que é motivo de vixiancia policial é tan parvo de agochar información para reorganizar unha organización terrorista nun ordenador ou nunha biblioteca maioritariamente de pensamento comunista-leninnista. O pensamento é un delito. Nembargantes e curuiosamente os xulgados e as forzas de seguridade non foron capaces de presumir a fuga do empresario tomiñés, non foron capaces de darse conta que ca venda da maquinaria estaba a reorganizar e financiar a súa organización do terror "MEUPETO". Non esaxero "terror", que lle pregunten os traballadores de Marbar que quedan na rúa, ou os que quedan sen vivenda ou sen cartos que adiantaran, é terrorifico!. Pero aquí os xulgados non perden un minuto do seu tempo nin as forzas de seguridade destinan algunha dotación humana en atopar ós responsables que seguro han de ter máis marxe de manobra e movemento que un disminuido físico. Así é a xustiza, auns acusanos de terrorismo e os enxaulan sen saber porque nin poder comunicar á familia o seu paradeiro e a outros se lle dan faciliades de fuxir, incluso o seu paradeiro parace non ter interese. Alí donde vaia Manuel Martínez Barros, han ser educados con el e poñerlle unha alfombra roxa, e senón fora porque a súas empresas deron en quebra públicamente, ata lle puideron haber dado o título de empresario do ano ou haberlle posto o nome na súa vila natal (estilo Mario Conde), nembargantes Luis Fernández, irá o trullo ainda que sexa inocente, porque hai xente que só por pensar distinto ó réxime ou sistema, por leer, por ser solidario cos seus camaradas presos, e cos traballadores deste pais, merecen o cárcere. Neste réxime só interesan os cidadáns que consumen , traballan para consumir e ven a TV para seguir consumindo, persoas legais como José Luis, sobran. É tal a enfermedade do réxime que ata as asociacións de axuda ós presos son criminalizadas e acusadas de colaboración con banda armada.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Saíndo en manifestación, da nave
Saíndo en manifestación, da nave
Entrando en Tomiño
Entrando en Tomiño
Unha mostra do apoio popular que tiveron os traballadores e traballadoras de Marbar
Unha mostra do apoio popular que tiveron os traballadores e traballadoras de Marbar
Ao terminar a manifestación, diante da Casa do Concello / Imaxes: CIG
Ao terminar a manifestación, diante da Casa do Concello / Imaxes: CIG