Xesús Manuel Suárez foi elixido novo presidente no IX congreso da formación política.
Á dereita, Manuel Suárez, novo presidente do PG
O Partido Galeguista rematou este sábado o seu IX Congreso cunha renovada executiva e coa intención de se converter en alternativa política. No Restaurante Don Manuel de Monforte de Lemos os máis de 300 delegados elixiron presidente a Xesús Manuel Suárez e vicepresidente a Antonio Varela Álvarez.
O secretario xeral saínte, Manoel Soto, confiou en "continuar con serenidade un proxecto que permita medrar de xeito seguro creando unhas bases para construir un futuro mellor". O presidente saínte, Xabier González, decidiu volver á militancia de base para "deixar paso ás novas xeracións".
No congreso estiveron presentes organizacións políticas de Portugal e mais Terra Galega, que lle ofreceu a colaboración ao novo presidente, quen afirmou que "sendo galegos, non podemos ser mais que galeguistas".
galeguistas estes??????si home si o da coruña antigalego era destes e aínda teñen cara de usar esas siglas históricas????que vergoña
Aquí parece que hai xente que quere acaparar certos espazos... Ben se sabe que o pailán que presentaron pola Coruña fixo que non se lles tivera en serio.
O que teñen que facer os partidos de centro nacionalistas é unirse, e deixarse de caralladas. Teñen que arreder a ppeiros españolistas, algo que ata agora fixo Terra Galega, e facer un proxecto serio paseniño.
Pero parece que os bloqueiros non queredes que exista outra forza nacionalista. o Pg roubou a siglas que xa ten o P.N.G. (aínda que tamén daquela maneira), e para mín non teñen moita credibilidade, pero de momento Terra Galega sí.
Se queredes selo único partido nacionalista, Galiza non terá nun nin estatuto de nación, nin nun futuro dereito a autodeterminación. Galicia non é un país de esquerdas, é máis moderado, e só un partido semellante a CIU, con todo o bo e todo o malo, poderá selo partido máis botado neste país.
terra galega si demostrou ser galega pero estes do `PG non asi que non merecen tes esas siglaas de partido galeguista
Supoño que alternativa de dereitas, pero non o vexo como partido nacionalista, como moito rexionalista e iso é algo ridículo e imperdoable.
Supoño que lle deron pasaporte ao impresentable Carlos Marcos e tamén llo debían dar a Manoel Soto se queren conseguir algo.