Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
OPINIÓN

"Os que forman parte da dereita máis extrema pretenden legalizar agora o PG"

O concelleiro e voceiro do Partido Galeguista en Oroso, Manuel Siverio Mirás, afirma que o partido está controlado por "caciques" e denuncia o último congreso.

Redacción - 11:30 30/01/2008
Tags: crise PG

Publicamos de xeito íntegro un manifesto do concelleiro e líder do PG en Oroso, Manuel Siverio Mirás. O edil enfrontado totalmente á liña do partido cre que o último congreso está inzado de irregularidades. Siverio Mirás pediulle a semana pasada á Fiscalía Xeral de Galiza a suspensión cautelar da organización e a anulación do IX Congreso. O concelleiro considera que a organización é "antidemocrática" a nivel interno. Manuel Siverio Mirás, foi concelleiro do BNG en Oroso. En 2007 anunciou o cambio de formación por discrepancias internas coa dirección comarcal do Bloque.

Opinión íntegra


"Manuel Siverio Mirás Liñares, concelleiro-portavoz do Partido Galeguista no Concello de Oroso MANIFESTO:

Que o Partido Galeguista continúa na escuridade sen atopar a luz. O pasado día 26 de xaneiro celebrou o IX Congreso dunha maneira totalmente antidemocrática e contraria a dereito, este foi o congreso do fracaso, máis ridículo e absurdo; tan só chegaron a participar 117 persoas cando nas pasadas eleccións municipais se chegaron a presentar nas distintas candidaturas cerca de 700, é decir, o 83 % deulle a espalda ós dirixentes por incompetentes e antigaleguistas e non estar constituidos legalmente.

Agora pretenden legalizar o partido os mesmos que forman parte da dereita máis extrema de Galicia, que amparándose baixo as siglas do PG non teñen nada que ver co ideario de Castelao, Alexandre Bóveda e tantos outros, fundadores do PG no ano 1931. Os que preconizan falsamente ser os herdeiros do Galeguismo, están a protagonizar a máis pura esencia esperpéntica vallinclanesca dunha agrupación política sin identidade galega na forma e no fondo. A identidade do país non se consegue con actuacións esperpénticas nin con vulgares emires de reinos de Taifas. As testemuñas do galeguismo fanse co traballo permanente e a credibilidade que proporcionan os proxectos políticos, defendidos por persoas leais, boas e xenerosas.

Os catro que exerceron de dirixentes sen selo legalmente e convocaron este congreso deixando fora e prohibindo antidemocraticamente a participación dos que defendemos o galeguismo democrático e nacionalista son un obstáculo para o cambio que precisa o Partido Galeguista e deben presentar a súa dimisión irrevocable e asumir as responsabilidades en que incorreron polas actuacións fraudulentas que posiblemente realizaron, non poden continuar xogando cos sentimentos galeguistas das persoas que si creen no Partido e nun proxecto político elegante e fructífero para o País.

O deber dos demócratas galegos é loitar contra os caciques ata apartalos do Partido Galeguista, como fixeron os nosos devanceiros: Castelao, Bóveda e tantos outros."


4,18/5 (17 votos)


Comentarios (17)

xurxinho_tolo #1 30/Xaneiro/2008 xurxinho_tolo

Ten razón non son galeguistas nin nada xa se lles viu aplumaxe.....dende logo que o denuncie un do propio partido xa é para facerlle caso

Xeonllo #2 30/Xaneiro/2008 Xeonllo

¿No chamado "partido galeguista" non está aquel Pablo Padín, que dixera a monicrecada de que as mulleres non deben xogar ao fútbol porque "estragan as súas pernas"?

Este actual partido "galeguista" pouco ten que ver co que fundara Castelao e compañía. Non digo eu que todos nese partido sexan como o antigo militante da UCD de Suárez, Pablo Padín, mais xente tan impresentable produce noxo.

galeguzo #3 30/Xaneiro/2008 galeguzo

Este fulano é um hipócrita e um cínico. E logo não 'suspeitou' nada quando este FALSO "Partido Galeguista" começou a apoiar-se na organização de extrema-direita xenófoba "Identidade Galega"? E, digo eu, tampouco tinha suspeitado polo facto de o único e verdadeiro Partido Galeguista ser o que actualmente forma parte do BNG?

galeguzo #4 30/Xaneiro/2008 galeguzo

#2 PPablo PPadín é o líder de TEGA.

mondogal #5 30/Xaneiro/2008 mondogal

Siverio ten razón, non podemos consentir este desproposito. O PG é maís que eses que teñen os supostos dereitos sobre as siglas.

BonKarallan #6 30/Xaneiro/2008 BonKarallan

A verdade é que non se onde estaba este cando o Carlos Marcos e os outros. Porque este partido cheiraba a calquera cousa, menos a Castelao.

breixoak #7 30/Xaneiro/2008 breixoak

O problema de Siverio é que pensou (inxenuo) que se metía nun partido nacionalista moderado. Candidaturas como as de Carlos Marcos e as de moitos tapados do PP máis rancio e españolista son para caer de cú. Ademais, pq credes que non está no PG xente como Pousa Antelo, pq quedou asqueada?

Siverio fala de boa fe e exerce de galego pero mudar a deriva do PG é tarefa titánica, ou quizais imposible

Gaviotero #8 30/Xaneiro/2008 Gaviotero

Partido Galeguista.

RIP.

Descansemos en paz.

galeguzo #9 30/Xaneiro/2008 galeguzo

Alianza Popular.

RIP.

Deixai-nos descansar de vós.

lunet #10 30/Xaneiro/2008 lunet

Ós administradores de Vieiros:

Comecei fai varios anos lendo as novas neste sitio web, pero dende fai ben de tempo deixei de ler as novas para, simplemente, buscar comentarios deste carismático e entrañable usuario que é Gaviotero. Os seus comentarios animanme o dia e danme forzas para vivir.

Por favor, señores administradores de Vieiros, xa vai sendo hora de que a tan distinguido usuario denlle un premio a mellor animador sociocultural da páxina, levantenlle unha estatua, dediquenlle unha placa...

Sinceiramente..., mereceo, por incombustible.

Long Live Gaviotero¡¡¡¡ Gaviotero for president¡¡¡

P.D.: Eu non quero ser feliz, quero ser Gaviotero¡¡¡

PICHIN #11 30/Xaneiro/2008 PICHIN

O caciquismo mesturado con outras cousas, lave moitos seculos en Galicia,pare que algo genetico, o que colle poder xa vemos, parece que os galegos collemos a filosofia "da vaca que pode" que fai o que quere coas outras, lamentablemente son os que sufren esas consecuencias,con inxusticias,humillacions,opresions,ilegalidades, trampas,cambalaches etc.

Anti_Lusista #12 30/Xaneiro/2008 Anti_Lusista

O P.G. é unha cousa que non ten pes nin cabeza. Calqueira cousa na que estesa metido o "compañeiro" Soto nunca será de fiar. Pero pensade unha cousa, se Galiza non ten outro partido nacionalista, outro partido que sexa de centro dereita, coido que pouco avanzaremos para acadar recoñecementos como nación, como seguramente o acadarán Euskadi e Cataluña, así que será mellor que lle saia ben o choio a TEGA porque se non a cousa non marchará ben.

Sede realistas, Galicia é un país máis escorado a dereita, por esa razón o Bloque nunca cheirará a maioría absoluta e dependera do PSOE, porque de Galiza máis ben pouco. Fraga absorveu ao seu xeito a parte dos votantes de Coalición Galega, galeguizando o seu discurso. Agora o PP na Galiza vólve a perder o discurso galeguista, aínda que caciquil e de romaría, que lle daba xente como Cuiña, moito máis arredado de obxectivos ambizosos como o BNG, pero galeguista.

Agora seica hai membros do pp que queren fundar un partido, non sei se "nacionalista", porque non queren depender de Genova.

En fin, esperemos que lle vaia ben a TEGA nas autonómicas, e que se dilúa o PG porque esas siglas son do PNG, o único partido non de esquerdas do Bloque.

A clave de TEGA e que non acepte a xente coma Carlos Marcos, e que Pablo Padín non diga cousas como o que dixo da seleccion, digo o dos encontros non o das mulleres..., e que as súas xuventudes digan outra http://www.terragalega.es/nova...

É necesario outra forza nacionalista, pero non este P.G.

Gaviotero #13 31/Xaneiro/2008 Gaviotero

El PG es un partido de amiguetes que entorno al galleguismo pretendían conseguir algo de poder y lo que el poder trae consigo.

Pero con la pérdida de su inefable concejal en Vigo se acabó lo que se daba.

BUNE #14 31/Xaneiro/2008 BUNE

EN GALICIA ESTA TODO MOI CLARO,CLARIÑO,O NACIONALISMO LEVASE NO CORAZON,NO PEITO,NA ALMA,NO ESPIRITU, E DESO AI MOI POUCO,POR TEGA,PARTIDO GALIEGUISTA, OU OUTROS INVENTOS,XA EMPEZAMOS A VER O NACIONALISMO DOS PATRIOTAS DO BNG, O POBO GALEGO VEO MOI CLARO,SOLO E O PODER,OS CARTIÑOS, IDEOLOXIA MOI POUCA,SENTIMENTO COLECTIVO DE NACION,MOI POUCO, POSIBLEMENTE SE PERDA UNHA OPORTUNIDADE

HOCHIMIN #15 1/Febreiro/2008 HOCHIMIN

Sei de boa tinta que se está estudiando unha escisión do sector nacionalista do PG, para deixar ós da dereita extrema sólos. Isto é o mellor que poden facer Siverio e os que están con él. Sí é así poderían voltar os históricos e conformar un grupo auténticamente galeguista e nacionalista con futuro.
Adiante Siverio que somos moitos e non estás sólo. Tí podes conseguilo. Isto sería unha decisión histórica.

lostrego #16 1/Febreiro/2008 lostrego

Tarde piaches!

HOCHIMIN #17 2/Febreiro/2008 HOCHIMIN

¿Quén dixo que non houbo cambio no Partido Galeguista?, renovou a súa dirección e o novo presidente é obispo da Igrexa Evanxélica, o vicepresidente foi cofundador de Alianza Popular con Manuel Fraga Iribarne, e os de Identidade Galega de Monforte, que organizaron o IX Congreso, viñan de Democracia Nacional de Blas Piñar; Soto seguro que vai seguir fichando candidatos "jallejistas" como o de A Coruña, Monforte,......etc, para así conseguir a quinta provincia, a sexta,....ata chegar as cincuenta do Estado "jallejizando" a España enteira.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: