Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Un mes despois

Abel Caballero podería responder ante a Fiscalía por non lles deixar entrar aos veciños ao pleno do PXOM

A administración de xustiza convocou ao coordinador do MpDC para que ratificase a denuncia contra o rexedor vigués. Súmase a outras das asociacións veciñais.

Redacción - 17:15 30/01/2008
Tags:

Se as cousas seguen para adiante, comentoulle a Vieiros Renato Núñez, voceiro do Movemento polos Dereitos Civís (MpDC), "é posíbel que abran unha investigación e que xunten a nosa denuncia ás outras que hai interpostas polos veciños e varias particulares; daquela, se todo segue o seu curso, chamarían a declarar a Abel Caballero".

No caso de que as cousas non fosen así, Núñez lembrou que dende o MpDC teñen pensado presentarse como acusación particular, "pasar da Fiscalía e reclamar para que chamen a Caballero".

"Vulnerou os dereitos dos seus veciños" ao non deixarlles asistir ao pleno

Para a organización, é o alcalde vigués quen ten que responder ante a xustiza por "vulnerar os dereitos dos seus veciños", ao non deixarlles acceder ao pleno no que se debatían as mudanzas do PXOM, o pasado 29 de decembro.

O MpDC presentou, naquela altura, unha denuncia contra Caballero, por lles non deixar entrar na Casa Consistorial "a un grupo de cidadáns que pretendían asistir ao pleno"; xente de varias asociacións de veciños que tamén presentaron as súas propias denuncias contra Caballero, ao ver como se conculcaba o seu dereito de participación, "mentres que un 'selecto' grupo de persoas, elixido polo propio alcalde, entraba no edificio por unha porta lateral sen atopar dificultades".

Por todo isto, segundo contan dende o MpDC, o alcalde vigués podería afrontar a inhabilitación no seu cargo.


Documentos

0/5 (0 votos)

Comentarios (2)

Gaviotero #1 30/Xaneiro/2008 Gaviotero

Lo de Abel Caballero es de juzgado. Políticas de espaldas a los ciudadanos, entrada a los plenos sólo para estómagos agradecidos con carné, inactividad total excepto en aquello en lo que los sociatas de la época en la que Abel Caballero era ministro siempre fueron especialmente activos.

Y todo, TODO, apoyado por el BNG, mera alfombrilla servil, apéndice inanimado del socialismo zapateril.

lunet #2 30/Xaneiro/2008 lunet

Ós administradores de Vieiros:

Comecei fai varios anos lendo as novas neste sitio web, pero dende fai ben de tempo deixei de ler as novas para, simplemente, buscar comentarios deste carismático e entrañable usuario que é Gaviotero. Os seus comentarios animanme o dia e danme forzas para vivir.

Por favor, señores administradores de Vieiros, xa vai sendo hora de que a tan distinguido usuario denlle un premio a mellor animador sociocultural da páxina, levantenlle unha estatua, dediquenlle unha placa...

Sinceiramente..., mereceo, por incombustible.

Long Live Gaviotero¡¡¡¡ Gaviotero for president¡¡¡

P.D.: Eu non quero ser feliz, quero ser Gaviotero¡¡¡

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: