Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Tamén fronte ao matrimonio homosexual

Os bispos aconsellan o voto a prol da "unidade de España" e contra a Educación para a Cidadanía

A Conferencia Episcopal tamén insinúa a súa posición contraria ao diálogo e a negociación como vía para a resolución do conflito en Euskadi.

Redacción - 15:15 31/01/2008

"Se ben é verdade que os católicos poden apoiar partidos diferentes e militar neles, tamén é certo que non todos os programas son igualmente compatíbeis coa fe e as esixencias da vida cristiá, nin son tampouco igualmente próximos e proporcionados aos obxectivos e valores que os cristiáns deben promover na vida pública", sinala a misiva coa que os bispos queren guiar o voto dos católicos cara aos comicios do 9 de marzo.

Durante a presentación do documento, o voceiro da Conferencia Episcopal, Juan Antonio Martínez Camino, reclamou o dereito da Igrexa a "dicir que en España hai leis gravemente inxustas". A carta dos bispos solicita por exemplo que á hora de acudiren ás urnas, os católicos non lle dean o apoio ás formacións políticas que apoien opción distinta á "fundada no matrimonio" evitando introducir "outras formas de unión que contribuirían a desestabilizala, escurecendo o seu carácter peculiar e a súa insubstituíbel función social".

Temor polas fendas da sociedade "pluricentenaria"
Recoñecen ademais a "lexitimidade" das posicións nacionalistas que sen botar man da violencia "pretendan modificar a configuración política da unidade de España" pero chaman ao respecto a recordar as palabras do anterior Papa a "superar tendencias corporativas e os perigos do separatismo cunha actitude honrada de amor ao ben da propia nación" e o ben común "dunha sociedade pluricentenaria".

Noutro apartado, sinalan as "dificultades crecentes para incorporar o estudo libre da relixión católica nos currículos da escola pública, así como o programa da nova materia de carácter obrigatorio denominada Educación para a Cidadanía, que lesiona o dereito dos pais e da escola a formaren os seus fillos de acordo coas súas conviccións relixiosas e morais".

Na web dos bispos poden ler a carta completa: A Conferencia Episcopal Española diante das eleccións xerais de 2008.


1,45/5 (11 votos)


Comentarios (12)

trapalleiro #1 31/Xaneiro/2008 trapalleiro

que senvergoñas estes que viven do conto, traficando co medo e a ignorancia da xente..

dumiense #2 31/Xaneiro/2008 dumiense

Sabedes aquilo de que se lles das un dedo cóllenche o brazo enteiro. A culpa de todo isto é de ZP, din os propios políticos do PSOE que foi a lexislatura que mellor tratou a estes impresentables!

Eu, se son ZP e gaño as eleccións quítolle ata o último céntimo e prohibo a relixión católica en España e marchen cos musulmáns e que se pelexen alí, aquí non queremos xentuza con prexuizos relixiosos. Somos laicos!!!

galegasenprexuizos #3 31/Xaneiro/2008 galegasenprexuizos

Pola laicidade do Estado.xa estou farta de que anden pedindo cartos se son os máis ricos, que vaian a pedir a cáritas, ai, non, cáritas son eles.

Barcelos #4 31/Xaneiro/2008 Barcelos

Unha igrexa que tivo a Inquisición, que estivo á beira do Fascismo Nazi e do Franquismo e que ten ao voceiras de Jimenez Losantos como máximo estandarte, o mellor que pode facer é calar.

O Estado ha de ser laico. A clase de relixión é un absurdo, para iso xa están eles na igrexa, para ensinar a facer o mal, ao que non sabe.

Así que "menos ora e mais labora" e deixade de vivir do conto.

OBSERVADOR #5 31/Xaneiro/2008 OBSERVADOR

Nada novo embaixo do sol. Têm razão os que acusam à Igreja de não practicar as suas prédicas. Muita caridade cristã, mas o Vaticano cotiza bem na Bolsa. Muito apostolado e querer-se como irmãos, mas defenderam antes o Poder que o Povo. Muito não fornicarás mas... etc.

Breixo #6 31/Xaneiro/2008 Breixo

Xa sei que nengún bispo lerá isto, mais...
As relixións que non se acomodan aos tempos acaban por convertírense en sistemas mitolóxicos. Xa ninguén cre en Zeus.
A direita non ten nada que perder a longo prazo, a Eirexa coma institución si. Eu só o digo.

pampeiro #7 1/Febreiro/2008 pampeiro

E despois da xuntanza beberon viño de misa e bébedos cantaron o ¨Cara al sol¨.

outrolector #8 1/Febreiro/2008 outrolector

Xa o viña chocando...pero agora vai ser: Apostasía; as cousas claras.

Que eses impresentabeis vaian lavar o palio co que cubriron a Franco para levar a Rajoy . Que vergoña! Que maneira de lle chamar descaradamente descerebrados aos fieis.

fervenza #9 1/Febreiro/2008 fervenza

Teñen dereito a pedi-lo voto pra o partido que lles pete, que a xente lle faga caso ou non é outra cousa. A Igrexa é pecadora, mais tamén fan boas obras no terceiro mundo, hai misioneiros que adican toda a súa vida ós pobres, por non falar da Teoloxía da Liberación, de corte marxista, na Igrexa hai de todo, os que dan noxo son os que están na xerarquía, pero total, cada vez teñen menos clientes, as Igrexas están baleiras, só van catro vellas a xente nova "pasa" diso e a que casa pola Igrexa é porque queda máis bonito nas fotos que un xulgado frío...

RuadeFrancos #10 1/Febreiro/2008 RuadeFrancos

non sei quen dana mais a convivencia neste estado, se o tan mediaticamente denostado "terrorismo" ou o frente nacional catolico ,mariano e rouco, (outra vez dous nacidos neste país). E mentras tanto a xente a morrer nos hospitais cunha sedación escasa, mínima e medosa, grazas á neo-nazi de des-esperanza.
Como a indempendencia esta lonxe, a ver se entramos dunha vez en Europa e nos esquecemos de España.

Ghaviotero #11 3/Febreiro/2008 Ghaviotero

Umha análise interesante:

http://www.blogoteca.com/terra...

lunet #12 3/Febreiro/2008 lunet

Ós administradores de Vieiros:

Comecei fai varios anos lendo as novas neste sitio web, pero dende fai ben de tempo deixei de ler as novas para, simplemente, buscar comentarios deste carismático e entrañable usuario que é Gaviotero. Os seus comentarios animanme o dia e danme forzas para vivir.

Por favor, señores administradores de Vieiros, xa vai sendo hora de que a tan distinguido usuario denlle un premio a mellor animador sociocultural da páxina, levantenlle unha estatua, dediquenlle unha placa...

Sinceiramente..., mereceo, por incombustible.

Long Live Gaviotero¡¡¡¡ Gaviotero for president¡¡¡

P.D.: Eu non quero ser feliz, quero ser Gaviotero¡¡¡

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: