Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Reportaxe

O home, lobo para ... o lobo?

Temido, mitificado, cazado, envelenado, ... A convivencia entre humano e lobo nunca foi cordial, sobre todo para o segundo. Debullamos coa axuda dos axentes implicados algunhas das claves que poden mudar esta situación.

Fernando Arrizado - 18:36 01/02/2008

Galiza é o único territorio do noroeste peninsular que non conta cun Plan de Xestión do lobo. O presentado pola Xunta en 2006 foi duramente criticado tanto por gandeiros coma por ecoloxistas. A Consellaría de Medio Ambiente prepara un novo.

Os gandeiros consideran que as axudas son "insuficientes", afirman que a "axilidade nos pagos é mesmo máis importante cá contía" e critican a burocratización da Administración.

Novas infraestruturas como as autovías ou o TAV están a eivar a mobilidade das mandas e a provocar o empeoramento xenético dos novos exemplares. A caza ilegal e os velenos son outros dos seus inimigos.


4.72/5 (18 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: