Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Clausurado "Habitat 99"

Cun éxito de asistentes especializados, rematou onte "Habitat 99", a terceira edición do Salón do Fogar que comenzou o pasado día 18 no recinto feiral de Cotogrande. O Salón, o que acudiron máis de 150 expositores estaba adicado exclusivamente ós profesionais do sector se ben, podía ser visitado polos legos nesta materia sempre e cando tiveran máis de 14 anos.

- 01:21 22/03/1999
Tags:

Establecementos adicados ós profesionais da decoración, mobiliario, textil, menaxe, iluminación e tamén antiguedades foron os encarregados de encher os máis de 150 stands ó longo dos catro días que durou o evento. A superficie total ocupada por este terceiro Salón do Fogar foi de 12.000 metros cadrados nos que se puideron ver as últimas tendencias e materiais en canto a interiorismo e ambientación. Esta foi a primeira vez que o certame se celebrou dun xeito independente, xa que nas dúas edicións anteriores estaba integrado en Vigofeira. O que si quedou claro ó longo deste catro días que durou Habitat 99, foi que tanto os empresarios presentes, os fabricantes e os próprios distribuidores, ofrecen productos de alta calidade e que a ofera é ampla e variada para, adaptarse ós gustos máis dispares. O Salón "Habitat 99" é o primeiro que se organiza no recinto de Cotogrande desde a posta en marcha do Instituto Feiral de Vigo e, celebrouse cun concepto diferente ó resto das feiras habituais. Para elo, permitiuse a entrada de visitantes pero só os que sobrepasasen os 14 anos pois, a intención desta mostra é, centrarse nos profesionais do sector. Esto permitiría a curto prazo situar esta mostra entre as máis importantes de España e tamén entre as que teñen máis experiencia. A asistencia de expecialistas, permite ós expositores levar a cabo as transacións comerciais con máis comodidade e sen entorpecementos. Este sálon confirmou tamé a importancia e as expectativas que ten a Eurorexión do Eixo Atlántico. A presencia intensa, das empresas do veciño país favoreceu as espectativas económicas de moitos expositores e clientes. Coma dato que abonda no devandito anteriormente, hai que lembrar que o 70% das empresas do sector que tiñan stands eran portuguesas ou ben do resto de españa. "Habitat 99" contou coa colaboura do concello de Vigo, a Xunta de Galicia e as asociacións de empresarios e comerciantes de Galicia e Portugal.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: