Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Sobe o paro

CCOO: "sexto mes consecutivo" de incremento do desemprego

Malia acumular Galiza o maior descenso en termos interanuais, "só se asinaron un 39% de contratos indefinidos".

Redacción - 09:00 05/02/2008
Tags: CCOO paro

Desde a secretaría de Emprego do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CC OO) vense "con fonda preocupación" os últimos datos do paro, subliñando que o desemprego en Galiza "aumentou en xaneiro por sexto mes consecutivo". Tamén se destaca que un dos problemas máis graves do mercado laboral galego segue sendo a elevada porcentaxe de mulleres desempregadas (o 61,97%), ao tempo só asinaron o 39,11% dos contratos indefinidos.

Advirten tamén desde Comisións que en canto a contratación, en xaneiro só o 13,5% do total de contratos foron indefinidos, apenas un punto por riba da media estatal. Así, se ben entre decembro e xaneiro o número de contratos rexistrados aumento nun 35%, dez puntos máis que a media estatal, mirando os datos conxuntos dos últimos doce meses compróbase que houbo unha diminución do 8,11%, o dobre que no resto do Estado, onde descenderon un 4,3%.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: